Luns. 04.11.2024
El tiempo

Pan de Raposo prepara os cogumelos para as XXIII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Programa Cartel Xornadas Micoloxicas Costa da Morte en Cee 2024
Pan de Raposo prepara os cogumelos para as XXIII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

Volve a Asociación Micoloxica-Naturista Pan de Raposo coas míticas Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte. Estes 2 e 3 de novembro, a Casa da Cultura de Cee acollen a 23ª edición de a cita máis importante do ano en materia de cogumelos na comarca.

Coma sempre, a exposición marida coas degustacións e as charlas, como elementos claves do menú micolóxico que prepara, a lume lento, a entidade ceense.

A exposición de cogumelos, e de traballos escolares, estará aberta na Casa da Cultura sábado e domingo de 10:30h a 13:30 e de 16:30h a 19:00h. Ás 12:00h, tanto sábado como domingo, un especialista da entidade fará un percorrido explicativo pola exposición, na que adoitan amosar máis de 200 especies de cogumelos recollidas nos montes da contorna.

O sábado ás 17:00h Jose María Costa Lago dará a primeira charla, sobre “os cogumelos de interese etnomicolóxico”, unha charla en clave de historia.
A charla do domingo, á mesma hora, será polo mestre Jose Manuel Castro Marcote, que falará da nova guía de cogomelos de Galicia.

Ademais, todo marida coas degustacións de pinchos de cogomelos que se desenvolverán nos Hotel La Marina, Mesón As Viñas e O Rincón de May.

Cartel Xornadas Micoloxicas Costa da Morte en Cee 2024

Máis novas

Artigos micolóxicos de Jose Manuel Castro Marcote

 

HISTÓRICO SOBRE AS XORNADAS MICOLÓXICAS DE CEE

 

Comentarios