Volven as visitas grupais ao Museo Fernando Blanco

Volven as visitas grupais ao Museo Fernando Blanco. Despois dous anos de pequenas visitas familiares, este verán perfílanse, cando menos, 8 visitas con 350 persoas do Concello de Oleiros. Unhas visitas formuladas xa para 2020, pero adiadas por motivos obvios

Así o confirmaban onte Élida Rodríguez, Miriam Sánchez e Manuel Freire, traballadores da área de Servizos Sociais do Concello de Oleiros, durante a súa visita ao museo ceense. Están organizando de cara aos vindeiros meses de xuño, xullo e setembro, un total de 8 excursións de persoas participantes no programa de excursionismo “Ven e descubre!. O pracer de coñecer a fin do mundo”.

”Foi un pracer ensinarlles as instalacións onde expoñemos parte do material didáctico e artístico do noso centenario instituto, así como o xardín botánico e a capela do IES Fernando Blanco onde repousan os restos do mecenas ceense nacido no 1796, e emigrado a Cuba no 1809”, explica Darío Areas, responsable do centro, que lles ensinará a marea de Tesouros que expón a Fundación.

Novas relacionadas

OUTROS TESOUROS DA FUNDACIÓN