Martes. 15.10.2024
El tiempo

XEAL asina o convenio colectivo con UGT, CGT e USO, sen o apoio da CIG nin do Comité, e sen pasar pola Asemblea de Traballadores

Convenio XEAL 2
Na sinatura do Convenio de XEAL participaron de esquerda a dereita Francisco Pampín (asesor da CGT), Juan José Insua (CGT), Eduardo Casais (delegado sindical da CGT e asinante do convenio), Justo Trillo (Xefe planta XEAL), Maria Couto (Directora corporativa XEAL), unha asesora da UGT, Balbino Paz (delegado sindical da UGT e asinante do convenio), Federico Trillo (director das CCHH), Juan Villar (USO, ex CGT) , Santos Díaz (delegado sindical USO) e Francisco Cousillas (asesor USO)
XEAL asina o convenio colectivo con UGT, CGT e USO, sen o apoio da CIG nin do Comité, e sen pasar pola Asemblea de Traballadores
Vén de anunciar a dirección de XEAL, o que considera un “fito”. A dirección acaba de asinar cos sindicatos UGT, CGT e USO, pero sen o acordo da CIG nin do propio Comité de Empresa, o convenio colectivo. Un convenio cuia negociación leva anos paralizada, e que a empresa conseguíu sacar adiante sen contar coa maioría dos traballadores. De feito, pode ser unha das primeira veces que un convenio como este non se somete ao acordo á Asemblea de Traballadores para ser lexítimado.

A sección sindical da CIG, que califica o acordo nas palabras de Alfonso Mouzo, tamén presidente do Comité, nunha “tropelía”, fará un comunicado estes días, mentres que o propio Comité de Empresa tamén fará unha valoración do mesmo.

Disposición do Comité

A CIG asegura que falamos du convenio “ilexítimo”, mentres valora a condición directamente de ilegal. Faino por diversas razóns. A falta de pasar o acordo pola Asemblea únense varios aspectos relativos á representación sindical. Segundo as últimas eleccións sindicatis de 2019, o Comité de Empresa está formado por 6 membros da CIG, 4 da CGT, e 3 da UGT.
A realidade é que eses 3 membros da UGT dimitiron da súa sección sindical este pasado mes de outubro, pola discrepancia co seu delegado, precisamente Balbino Paz.
Ademais, un dos membros da CGT cambiouse a USO, un sindicato que non entrou no último proceso electoral, pero que a empresa tomou en consideración no proceso de negociación.

Deste xeito, agora a maioría contraria a este convenio (6 da CIG e os 3 ex da UGT) veuse fóra completamente do proceso negociador, a pesar de que son moitos os traballadores que non están afiliados, e polo tanto só o Comité de Empresa pode representar á totalidade da plantilla.

Contexto

Tras anos de negociacións absolutamente inútiles, coas posicións totalmente opostas de dirección e Comité, en xaneiro de 2022 a empresa veu aplicando o Convenio colectivo provincial para a industria siderometalúrgica da provincia dA Coruña.

A finais de novembro, UGT e CGT, remitiron unha proposta de negociación á dirección, considerando a empresa que dan representatividade á “maioría dos traballadores”. Despois de varias semanas de negociación o pasado 21 de decembro a empresa e as seccións sindicais CGT, UGT e USO asinaron un preacordo do Primeiro Convenio Colectivo de Xeal.
Hoxe, tralas aprobacións da Dirección e das centrais sindicais implicadas na negociación, asinaron o convenio.

Recortes

Para a CIG trátase dun “claro atraso nos dereitos dos traballadores”. Entre outras cousas, “os mesmos sindicatos que nos venderon cando Ferroatlántica se quería desfacer das centrais, permite que o convenio se cargue a contratación de verán para cubrir as vacacións, un feito clave para manter un plantel estable”. Ademais, sinalan que no Convenio colectivo había 8 contratos de prácticas para alumnos recén diplomados, que tampouco se mantén, e que o convenio “non inclúe cláusulas de revisión do IPC, o que provocará unha paulaita perda de poder adquisitivo dos traballadores".

Pola súa parte, os sindicatos asinantes, sinalan nun comunicado que o convenio si que recolle "melloras económicas substanciais como a creación dunha paga consolidada para o mes de febreiro, a redución de 4 días
de xornada laboral do persoal de produción, ao incorporarse a unha nova xornada laboral de quenda antiestrés, acompañada dunha compensación económica, unha xornada continuada para o persoal de mantemento (7:15 a 15:15h) que mellora a conciliación familiar, pluses de asistencia con carácter individual, incrementos salariais para os anos 2022, 2023 e 2024, xunto con outros pluses e conceptos".

TODAS AS NOVAS RELACIONADAS CON XEAL

Comentarios