Portos prepara sondaxes arqueolóxicas no marco da tramitación ambiental do Porto Mixto de Corcubión

Portos de Galicia, iniciou hoxe o procedemento de licitación para a execución de sondaxes arqueolóxicas subacuáticas para a remodelación das instalacións portuarias de Corcubión. O servizo sae a concurso público cun orzamento base de licitación de 85.000 euros e con el a Xunta avanza na tramitación ambiental ordinaria do porto mixto da localidade.

 

As sondaxes previstas foron requeridas pola Dirección Xeral de Patrimonio cultural no marco da avaliación do impacto do proxecto sobre o patrimonio cultural e teñen por obxecto determinar a presencia, no seu caso, de bens do patrimonio arqueolóxico subactuático, así como a súa natureza. O prazo de execución das prospeccións será de 6 meses e incluirán prospeccións subacuáticas realizadas por buzos e sondaxes con técnicas especializadas para a detección de posibles bens patrimoniais. 

 

 

Histórico do proxecto

Sucesos no peirao