COVID: O Sergas convoca un cribado entre a mocidade de Coristanco
09:48 05/08/21
Coristanco, un dos Concellos que están en Nivel Medio de restricións, con 28 novos casos detectados nos últimos 14 días e 10 na última semana, e unha taxa de incidencia acumulada a 14 días de entre 250 e 500 novos casos por cada 100.000 habitantes, vivirá hoxe un novo cribado poboacional.
Así o anuncia o Sergas, que convoca xa aos 260 veciñ@s de entre 16 e 25 anos do Concello para realizar esta tarde de xoves 5 de agosto (de 15:30 a 19:45 horas) un cribado no Centro de Saúde de Coristanco. Serán convocados por SMS.
MÁIS NOVAS SOBRE O COVID
- 04-08-21: COVID: 11 concellos contarán a partir do sábado con novas restricións.
- 02-08-21: COVID: A Costa batalla a escalada da 5ª onda.
- 28-07-21: COVID: Xa son 7 os Concellos da Costa da Morte con diferentes niveis de restricións.
- 26-07-21: COVID: Queixas na comarca polo retraso na segunda dose.
- 21-07-21: COVID: Carballo, Fisterra e Vimianzo pasan a Nivel Alto; Muros ao Medio cando a Xunta implanta novas restricións.
- 19-07-21: COVID: Duplícanse os novos casos nas dúas últimas semanas.
- 16-07-21: COVID: A curva pica para arriba.
- 12-07-21: COVID: O Sergas afronta un novo cribado en Carballo pero non anuncia novas restricións.
- 12-07-21: COVID: O Sergas anuncia un cribado entre a mocidade da Laracha ante o repunte de casos na comarca de Bergantiños .
- 07-07-21: COVID: Levantan as restricións en Carnota.
- 30-06-2021: COVID: Sitúan a Carnota no nivel alto de restricións mentres que Camariñas e Malpica volven ao baixo.
- 28-06-21: COVID: Realizan un cribado tralo gromo detectado en Carnota.
- 23-06-21: COVID: Camariñas e Malpica mantéñense no nivel medio de restricións.
- 16-06.21: Camariñas e Malpica, dous dos tres concellos en nivel medio
- 05-06-21: Falece unha muller de 67 anos no HVdX.
- 03-06-2021: COVID: A Costa enteira queda sen restricións mentres avanza a vacinación.
- 01-06-21: COVID: Falece unha muller de 94 anos no HVdX