Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Fedanpa forma e premia

A Fedanpa forma e premia
Xornada da Fedanpa

Nova xornada de formación que artella a Federación de ANPAS da Costa da Morte, que se celebrará o mesmo día que a entrega de premios Ensino Público, os famosos Premios Rosalía e Werto. A cita será o 28 de febreiro de 2015 no Pazo da Cultura de Carballo.

A xornada arrincará cunha sesión de formación de 17:00h a 18:30h sobre xestión de ANPAs (Normativas, funcionamento, contabilidade, lexislación…). Falarase tamén da orientación e apoio escolar, da man de Elvira Lombao Vila, secretaria da Confederación de Anpas Galegas; Pepe Bustelo Tarrío, tesoureiro da federación de ANPAs da Costa da Morte e Pablo Balsas Barbeira, Orientador do IES Maximino Romero de Lema de Baio Zas; tendo como moderador a Pepe Bustelo Tarrío, tesoureiro da federación de ANPAs da Costa da Morte.

Despois do descanso, toca a II Edición dos Premios Ensino Público ANPAs da Costa da Morte. Xa saben que o Premio Werto en contra do Ensino Público foi concedido por unanimidade ao conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez Abad. Non cremos que veña buscalo, pero seguro que foi invitado… De seguido, toca a entrega do premio Rosalía a favor do Ensino Publico, concedido por unanimidade á asociación de NEAE Aloumiños da Costa da Morte.

O Remate da xornada será coa actuación das artistas María Lado e Lucía Aldao.

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

  • Fedanpa.

Comentarios