Venres. 29.03.2024
El tiempo

A rescatadora do Prestige culpa a Fernández de Mesa de alonxar o barco

A rescatadora do Prestige culpa a Fernández de Mesa de alonxar o barco
Os maxistrados do Prestige

É un dos moitos políticos dos que non están imputados no caso Prestige, pero xa vai aparecendo polo circo do Xuízo máis mediáticos dos últimos tempos. Arsenio Fernández de Mesa, o ex delegado do Gobierno en Galicia e actual director xeral da Gardia Civil, foi sinalado hoxe pola empresa rescatadora como auténtico responsable de alonxar o barco, unha decisión aínda incomprensiblemente corroborada como acertada polo único político imputado no xuízo, López Sors.

Albert Koffeman, directivo da empresa de salvamento marítimo "Smit Salvage", empresa contratada pola empresa armadora, foi o responsable de negociar co Goberno alternativas para salvar o barco. Unhas negociacións algo pechadas segundo denuncia: "Non só se negaron a negociar, senón que as reunións coas autoridades españolas foron algo frustrante porque nin sequera permitiron que se expuxesen alternativas. Non houbo a posibilidade de falar. Soamente dicíanme fóra", declarou no Espazo Coruña.

Koffeman non puido clarexar se fora López-Sors o encangardo de dar a orde, pero si sinalou directamente a Fernández de Mesa como interlocutor que "só nos dicía que o mandásemos fóra, a onde non lles importaba con tal de que se fora".

Koffeman reiterou que a decisión de alonxar o barco non foi "intelixente", e que no caso de terse permitido traelo a unha zona de abrigo o impacto tería sido menos. Pero lamentou que non tivese habido "persoas máis razoables" no goberno para solucionar o problema.

  • José Luís Louzán, enviado especial de QPC e GC.

Seguemento especial do Prestige, gracias a Suministros Lar

Suministros Lar colabora no seguemento especial do xuizo do Prestige con QPC

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios