Arrinca a sétima edición do Camiños dos Faros con todas as prazas cubertas
07:13 10/03/17
A Traskisede está ubicada nun dos baixos do mercado municipal de Malpica
Este domingo arranca a VII edición do Camiño dos Faros, esa ruta de sendeirismo percorre os 200 quilómetros que separan Malpica de Fisterra. Precisamente, fai agora catro anos que botou a andar este proxecto posto en marcha por un grupo de amantes da natureza e no que loitan día a día para homologala como Ruta de Gran Percorrido.
Unha das principais novidades deste ano - ademais de que as prazas xa están cubertas - é a Traskisede, ubicada no mercado municipal de Malpica e que quedará inaugurada este sábado ás 21 horas. Éste será un punto de información para todos os trasnos e trasnas.
Antes da inaguración arrancará o Camiño dos Faros Inclusivo, organizada pola federación ANPAS provincial en colaboración coa asociación Camiño dos Faros. Sairán ás 15:30 horas do porto de Malpica para chegar ata San Adrián e logo facer o camiño de volta a Malpica. En total son 8,15 quilómetros.
1ª etapa
O Camiño dos Faros comeza en Malpica para chegar, polos bordes do mar, á praia de Niñóns. 22 quilómetros de distancia nos que se misturan as paisaxes, as historias e as emocións.
Os inscritos nesta edición da Ruta dos Faros deberán estar ás 9 horas no porto de Malpica para recoller os os pases presentando o DNI. Unha hora máis tarde, ás 10 horas, a expedición partirá. Desde as 17:30 horas sairán autobuses da igrexa de Niñóns para recoller aos participantes e levaraos de volta a Malpica. Ás 19 horas haberá unha quedada fin de etapa no paseo marítimo onde os participantes intercambiarán impresións.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2017: A Xunta corrobora o seu compromiso para axudar a homologar o Camiño dos Faros como GR
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros cumpre 4 anos.
- Novembro 2016: O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market.
- Xuño 2016: Novo compromiso para homologar o Camiño dos Faros como Ruta de Gran Percorrido.
- Xaneiro 2016: Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google.
- Decembro 2016: O Camiño dos Faros volve á TVE con Edu Soto.
- Novembro 2015: Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Novembro 2015: A TVE é trasna de faro en faro.
- Xullo 2015: O Camiño dos Faros afía o seu proxecto como ruta de Gran Recorrido.
- Marzo 2015: Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- Decembro 2014: A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Decembro 2014: Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
- Xullo 2014: 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Abril 2014: Un ano de trasnos.
- Abril 2013: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Febreiro 2013: Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)
- 8ª etapa do Camiño dos Faros: Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros.
- 7ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros non para.
- 6ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros faise máis que real.
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])