COVID: A baixada perde forza

Tras mes e medio de baixada, tralo cumio da 6ª onda, a caída de casos na Costa da Morte perde forza. Esta semana a caída apenas é de 40 casos con respecto á última semana, téndose detectado nos últimos 7 días 350 casos, polos 390 de do pasado 28 de febreiro.
Ben é certo que hai caídas importantes como as de Carnota ou Santa Comba. Pero moitos se manteñen nas mesmas cifras que a semana pasada, como son o caso de Mazaricos ou Muros. E hai mesmo concellos que ven aumentada a cifra de contaxios como é o caso de Fisterra.
Para facernos unha idea da cantidade de contaxios detectados semanalmente, taxa de incidencia aproximada (que lembramos xa carece do valor de hai mese) estaría agora en 580 novos casos detectados a 14 días por 100.000 habitantes.

NOVAS RELACIONADAS
- 02-03-2022: COVID: Un mes de baixada.
- 22-02-2022: COVID: A incidencia segue caendo.
- 15-02-2022: COVID: A Costa da Morte aínda rexistrou 805 casos na última semana.
- 10-02-2022: As máscaras deixan de ser, dende hoxe, obrigatorias no exterior.
- 08-01-2022: COVID: Baixando de vagar.
- 01-02-2022: COVID: A Costa da Morte supera o cumio da 6ª onda.
- 25-01-2022: COVID: A curva comeza a virar.
- 18-01-2022: COVID: O número de casos volve duplicarse en Carballo na última semana.
- 12-01-22; COVID: A curva segue subindo, pero menos empinada.
- 05-01-22: COVID: As cifras, inauditas, modifican a fisionomía da curva.
- 28-12-2021: COVID: A Costa da Morte sitúase nos datos da 3ª onda, hai xusto un ano.
- 27-12-12: Cee, Mazaricos, Carballo e A Laracha suspenden parte do programa de Nadal.
- 22-12-2021: COVID: A comarca de Soneira duplica a incidencia nunha semana.
- 17-12-21: COVID: O certificado volve ser obritagorio para entrar en establecimentos dende este sábado.
- 14-12-21: COVID: Nova subida de case o 50% na última semana.