Mércores. 09.10.2024
El tiempo

COVID: Bergantiños dobrega a curva

A baixada tamén é notable no coonxunto dos centros costeiros, quedando en 89 cando hai unha semana eran 109 os casos activos.
Datos covid Costa da Morte 27-11-2020
COVID: Bergantiños dobrega a curva

Parece que os datos de incidencia do COVID na comarca de Bergantiños van baixando. O pasado luns a comarca sumaba un total de 451 casos, e unha taxa media de incidencia acumulada de 818 casos por cada 100.000 habitantes. Hoxe as cifras baixaron a 395 casos e unha taxa de 638, aínda lonxe, en todo caso, dos 100 que considera o Comité Clínico como a cifra adecuada para eliminar restricións.

Datos positivos tendo en conta que nos últimos días a área sanitaria da Coruña-Cee realizou unha media de 300 probas PCR máis (ata un total de 1.700) que nas semanas anteriores.

Vimianzo tamén evoluciona positivamente e dos 31 do luns pasa a 23, quedando nunha taxa de 326.

Os datos positivos compléntase coa cifra de ingresados no HVdX, que hoxe son 5, 4 menos que o luns.

En todo caso, aínda queda moita batalla por percorrer. De feito, nos 19 Concellos QPC o número de casos baixaron de 650 a 591 dende o luns, pero a taxa de incidencia global de toda a comarca supera os 436 casos por cada 100.000 habitantes, por riba dos 250 a partir dos cales a Xunta soe acometer medidas restritivas. De feito, 13 dos 19 concellos superan esa cifra de 250 casos por cada 100.000 habitantes.

O Cribado de Muxía

o cribado realizado este pasado luns en Muxía, provoca que se duplicasen os datos en apenas 3 días. Hoxe son 45 casos, disparando a case 1.000 casos por cada 100.000 habitantes a tasa de incidencia.

Os centros de ensino

Precisamente o gromo de Muxía partía do CEIP Virxe da Barca, onde a día de hoxe s edan 11 casos que provocaron o peche de 3 aulas. Ademais, o CEIP Fogar, o que máis preocupaba por ser o máis afectado de Galicia e que chegou aos 40 casos, segue baixando e queda con 22 casos activos e só unha clase pechada.

A baixada tamén é notable no coonxunto dos centros costeiros, quedando en 89 cando hai unha semana eran 109 os casos activos.

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CABANA E.I Municipal A Casa dos Títeres 1 1
CABANA CPI As Revoltas 3 0
CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1
CAMARIÑAS CEIP de Camelle 1 0
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 1 0
CARBALLO EI As Landras 2 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 5 0
CARBALLO CEIP de Gándara-Sofán 1 0
CARBALLO CEIP Fogar 22 3
CARBALLO CPR Plurilingüe Artai 5 0
CARBALLO CRA Ponte da Pedra 2 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 4 0
CARBALLO IES Monte Neme 2 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 2 0
CEE IES Fernando Blanco 2 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 5 0
MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 2 0
MALPICA CEIP Milladoiro 3 0
MALPICA IES Urbano Lugrís 1 0
MUROS CEIP Ramón Artaza y Málvarez 2 0
MUROS EI Cativos 1 1
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
MUXÍA CEIP Virxe da Barca 11 3
PONTECESO CRA Nosa Señora do Faro 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0
PONTECESO CEIP As Forcadas 1 0
SANTA COMBA IES Terra de Xallas 2 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 3 0
ZAS IES Maximino Romero de Lema 1 0
TOTAL 89 21

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios