COVID: Camariñas e Zas entran no peche perimetral de Vimianzo; A Laracha, Cabana e Malpica relaxan restricións
Varias novidades no Comité Clínico deste venres. A máis singular, seguindo a liña descendente, de norte a sur, da incidencia do virus, as novas restricións impostas en Camarñas e Zas, que entran no peche perimetral de Vimianzo, de xeito que a hostalería terá que pechar ás 17:00h e terá un aforo do 30% no interior e 50% no exterior. Ademais non se permiten agrupacións de máis de 4 persoas.
Pola contra, A Laracha, Cabana e Malpica saen das restricións medio-altas. Ambos concellos baixaron da cifra de 150 novos casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, polo que quedan sen restricións especiais (hostalería ata as 23:00h con aforo do 40% de aforo no interior e 50% no exterior; e agrupacións de máximo 6 persoas).
A Xunta taén avanzou que mantén o ollo posto en Santa Coba e Mazaricos.
A comarca espera que a Xunta dea, tralo último Comité do ano, que se celebrará o vindeiro martes, boas novas respecto á mobilidade, ao tempo que dará conta das restricións impostas de cara as datas de nadal.
Como queda a comarca
Deste xeito, a comarca queda do seguinte xeito:
- Nivel máximo de restricións (hostalería aberta ata as 17:00h, con 50% só no exterior, e agrupacións de máximo 4 persoas): o Concello de Carballo con peche individual.
- Nivel Medio-Alto (hostalería aberta ata as 17:00h, con 30% de aforo no interior e 50% no exterior, e agrupacións de máximo 4 persoas): 8 concellos con 3 peches perimetrais: Coristanco e Ponteceso; Camariñas, Vimianzo e Zas; Cee, Dumbría e Muxía.
- Nivel Medio (hostalería aberta ata as 23:00h, con 40% de aforo no interior e 50% no exterior, e agrupacións de máximo 6 persoas): Laxe, con peche individual.
- Nivel básico (hostalería aberta ata as 23:00h, con 50% de aforo no interior e 75% no exterior, e agrupacións de máximo 6 persoas): A Laracha, Cabana, Malpica, Santa Comba, Mazaricos, Carnota, Muros, Fisterra, Corcubión.
Máis novas do COVID
- 10-12-2020: Preocupan os gromos no IESP Pedra da Aguia e no IES Fin do Camiño.
- 10-12-2020: COVID: "Vasos comunicantes" de norte a sur.
- 06-12-2020: Coa do IES Pedra da Aguia, son 6 as aulas pechadas por covid na comarca.
- 04-12-2020: COVID: As cifras de Bergantiños iguálanse ás do resto da Costa da Morte.
- 02-12-2020: COVID: Como afecta a nova “desescalada” e a reapertura progresiva da hostalería na Costa.
- 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte.
- 30-11-2020: A hostalería da Costa da Morte sae á rúa para pedir o seu “rescate Xa!”.
- 27-11-2020: COVID: A Xunta anuncia o peche perimetral de Cee, Dumbría e Muxía.
- 27-11-2020: COVID: Bergantiños dobrega a curva.
- 23-11-2020: COVID: A comarca de Bergantiños segue a ter unha taxa de incidencia superior aos 800 casos por cada 100.000 habitantes.
- 22-01-2020: COVID: A Costa da Morte rexistra 685 casos positivos.
- 20-11-2020: COVID: Laracha súmase ás restricións da comarca de Bergantiños.
- 18-11-2020: COVID: Vimianzo ponse en laranxa pero a cousa non mellora en Bergantiños.
- 17-11-2020: A hostalería da Costa da Morte acode a santiago para pedir un Plan de Rescate Xa.
- 15-11-2020: COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3.
- 13-11-2020: A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños.
- 13-11-2020: COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas.
- 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello-
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.