Martes. 08.10.2024
El tiempo

COVID: "Vasos comunicantes" de norte a sur

  • O IESP Pedra da Aguia suma novos 18 positivos tralo cribado realizado durante a ponte (93 probas PCRs en total).
Videoconferencia cos alcaldes de Bergantinos-Soneira e Fisterra
Videoconferencia da Consellería de Sanidade cos alcaldes de Bergantiños, Soneira e Fisterra
COVID: "Vasos comunicantes" de norte a sur

Este mércores, os alcaldes e alcaldesas dos concellos de Bergantiños, Soneira e Fisterra con restricións de mobilidade, mantiveron un novo encontro telemático con responsables da Consellería de Sanidade. As cifras refrendan a “boa evolución” dos datos tanto en Bergantiños e no concello de Vimianzo, pero non tanto no perímetro formado por Muxía, Dumbría e Cee.

Deste xeito, non hai cambios nas restricións, se ben este venres ou o martes que vén (no último Comité Clínico do ano) podería haber novidades.

Restricions por Concellos na Costa da Morte por Covid a 10-12-2020

”Vasos comunicantes”

Semella que a evolución da pandemia percorre a comarca de norte a sur. Así o entende o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, que parece que hai “vasos comunicantes”. “É certo que en Dumbría, a poboación desprázase moito a outras zonas por motivos de traballo, de saude… Por iso seguro que hai máis casos dos que se din, porque tamén moita xente rexstrada no Centro de Saúde da Picota, de Vimianzo…”, explica. Pero pregúntase “como é que non pasou nada en todo o verán, e agora que quedamos sós temos este repunte”.

O que si ten claro é que “o peche perimetral é un fracaso, porque está incitando á mocidade a moverse dun lado a outro. Cando che pechan un concello, a xente se despraza aos bares do concellos onde están aberto”.

Pequeño aproveita para lamentar a falta de información que reciben os alcaldes en todos estes 8 meses de pandemia. “Non sabes como tes que actuar, por exemplo, se tes varios núcleos non tes nin idea de onde están os gromos”.

As cifras

As cifras globais da comarca seguen amosando unha tendencia á baixa do impacto do Covid, pero fundamentalmente pola caída na comarca de Bergantiños. Na última semana a comarca bergantiñá baixou de 265 novos casos nos últimos 14 días a 146; provocando a caída na taxa de incidencia acumulada de 387 a 201 casos por cada 100.000 habitantes.

Pero agora preocupan casos como Camariñas, cun pequeno gromo no IES ou Zas, que superan os 400 casos por cada 100.000 habitantes. Mazaricos rexistra hoxe a taxa máis alta.

Datos Covid Costa da Morte 10-12-2020

A día de hoxe só hai 3 hospitalizados no HVdX.

Ensino

Baixa lixeiramente a cifra de casos totais nos centros de ensino da comarca, pero cada vez son máis zonas afectadas. Preocupa o caso do IESP Pedra da Aguia da Ponte, unha vez que o cribado, tras realizar 93 probas PCRs, determinaron 18 novos casos positivos, e 4 aulas pechadas.

Concello Centro Total Positivos Aulas Pechadas
CABANA E.I Municipal A Casa dos Títeres 1 1
CABANA CPI As Revoltas 1 0
CEE E.I. Municipal Vila da Xunqueira 1 1
CAMARIÑAS IES Plurilingüe Pedra da Aguia 18 4
CAMARIÑAS CEIP O Areal 1 0
CARBALLO CEPPR Aspaber 1 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 2 0
CARBALLO CEIP Fogar 3 0
CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 1 0
CARBALLO CRA Ponte da Pedra 1 0
CARBALLO IES Isidro Parga Pondal 2 0
CEE CPR Manuela Rial 1 0
CEE CEIP Plurilingüe Eugenio López 3 0
CEE IES Fernando Blanco 2 0
CEE IES Agra Raices 1 0
CORISTANCO CPI Alcalde Xosé Pichel 2 0
FISTERRA CPR Ntra.Sra. del Carmen 3 0
FISTERRA IES Fin do Camiño 2 0
CARNOTA CEIP Plurilingüe de Carnota 2 0
MALPICA CEIP Joaquín Rodríguez Otero 1 0
MAZARICOS CPI Plurilingüe da Picota 2 0
MUXÍA CEIP de Vilarmide-Eduardo Noya 1 0
MUXÍA IES Ramón Caamaño 1 0
MUXÍA CEIP Virxe da Barca 5 0
MUXÍA CEIP Os Muíños 4 0
MUXÍA CEIP Luís Seoane 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 4 0
PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 1 0
SANTA COMBA CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza 3 0
SANTA COMBA IES Terra de Xallas 7 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 1 0
ZAS CEIP Labarta Pose 1 0
ZAS CPI de Zas 1 0
ZAS IES Maximino Romero de Lema 1 0
TOTAL 79 6
 

Máis novas do COVID

Comentarios