As Galiñas Azuis da Costa da Morte e o Centro de Día de Muros veranse afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio
Queda moi pouco para o comezo de curso e semella que o conflto laboral das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar está lonxe de solventarse. De feito, hoxe, o sindicato da CNT, que representa a máis de 1.500 profesionais das escoliñas Galiñas Azuis e os Centros de Día depedentes da Xunta, lamenba a “falta de vontade polìtica para negociar” por parte da Xunta para evitar a folga.a
Unha folga., anunciada con dor polas traballadoras, que se desenvolverá, dende o 5 ao 16 de setembro, do 3 ao 14 de outubro, do 2 ao 11 de novembro e do 12 ao 23 de decembro. Unha folga que afectará ás familias das Galiñas Azuis de Camariñas, Fisterra, Mazaricos, Zas, Muxía, Muros e Carnota, ademáis de ó centro de día de Muros, se a Xunta non move algo para formalizar uns postos de traballo que ela mesma permitiu que se mantiveran en precario durante máis dunha decada.
No manifesto, publicado na páxina da CNT Galiza e nas redes sociais denuncian un desmantelamento encuberto, "O proceso selectivo que se está a negociar, non busca a estabilización do persoal e desmantelará os equipos de traballo. O resultado será a perda de capital humano, algo insubstituíble, e redundará na diminución irremediable da calidade do servizo”.
A realidade é que a día de hoxe ninguén chamou as traballadoras para tratar de negociar, polo que vense obrigadas a levar a cabo unha folga que non queren realizar e aí ás súas desculpas ante as familias que sufrirán as consecuencias.
NOVAS do Conflito laboral
- Agosto 22: As 11 Galiñas Azuis da Costa e o Centro de Día de Muros, afectados pola folga do Consorcio.
- Xuño 22: Nova xornada de protestas das traballadoras esquecidas polo Consorcio de Igualdade e Benestar.
- Xuño 22: As traballadoras do Consorcio continúan a loita polas súas prazas cunha nova folga.
- Marzo 22: As traballadoras da residencia DomusVi de Carballo mobilízanse para reclamar un convenio digno.
- Setembro 21: As traballadoras do Consorcio desconvocan a folga tras conseguir abrir unha negociación de boa fe.
- 30-07-2021: As traballadoras do Consorcio volverán á folga en setembro se non se paraliza a OPE.
- Xuño 21: O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración.
- 11-05-21: O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras.
- 13-04-21: As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga.
- 18-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza.
- 04-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga.
- 25-02-2021: Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras.
- 19-02-2021: As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos.
- Febreiro 21: Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga.