As 11 Galiñas Azuis da Costa e o Centro de Día de Muros, afectados pola folga do Consorcio
Non cesa a loita das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar. Máis de ano e medio levan pelenxado máis de 1.500 profesionais de todo o pais por conseguir afianzar postos de traballo de ata 15 anos de antigüidade. Contratos prorrogados ata o infinito por neglixencia dunha Xunta que agora quere botalas á rúa.
A Sección Sindical da CNT vén de anunciar a covocatoria de folga que terá lugar 15 días mensuais de setembro a decembro e que afectará a Galiñas azuis, centros de día e demáis centros dependentes do Consorcio de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia “pola nula xestión de Perfecto Rodríguez Muíños, xerente do servizo”. Deste xeito, parece que teremos un inicio de curso complicado nas escoliñas autonómicas (Galiña Azul) de Camariñas, Carballo, Carnota, Fisterra, A Laracha, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxia, Ponteceso e Zas, e mais no centro de día de Muros.
A folga, convocada para o día 5 de setembro terá unha duración de 15 días ao mes durante tres meses, e se convoca en xornadas de 24 horas comezando ás 00:00 do luns día 5 de setembro e ata o venres 16. Continuará en outubro, do luns 3 ao venres 14, en novembro do luns 2 ao venres 11 e en decembro do 12 ao venres 23.
Conscientes do que supón unha folga, as traballadoras amosan as súas gañas de desconvocala, pero "non vemos outra saída para que dende os despachos escoiten as nosas reclamacións”.
Para chegar a acordos solicitan que se negocie para resolver o problema da temporalidade, e sobre todo piden “unha convocatoria única e específica, garantía de oposición non eliminatoria, que se contabilice formación impartida polo propio Consorcio”, ademais da ”retirada do concurso de traslados, baremación xusta na que a experiencia contabilice o 90% e que se contabilice a antigüidade no Consorcio o triplo que en calquera outra administración".
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 22: Nova xornada de protestas das traballadoras esquecidas polo Consorcio de Igualdade e Benestar.
- Xuño 22: As traballadoras do Consorcio continúan a loita polas súas prazas cunha nova folga.
- Marzo 22: As traballadoras da residencia DomusVi de Carballo mobilízanse para reclamar un convenio digno.
- Setembro 21: As traballadoras do Consorcio desconvocan a folga tras conseguir abrir unha negociación de boa fe.
- 30-07-2021: As traballadoras do Consorcio volverán á folga en setembro se non se paraliza a OPE.
- Xuño 21: O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración.
- 11-05-21: O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras.
- 13-04-21: As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga.
- 18-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza.
- 04-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga.
- 25-02-2021: Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras.
- 19-02-2021: As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos.
- Febreiro 21: Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga.