Un Glosario contra aquela Gran Burla Negra

Semanas intensas arredor do 20 aniversario do Prestige. Este 2022 medios de todo o estado lembran a catástrofe despois de máis dunha década de esquecemento. Poucos coletivos como Unha Gran Burla Negra mantiveron interese por non perder esa memoria e foron tecendo aqueles Tapices da Memoria que tiveron unha impactante intervención en Fisterra.

O colectivo, no que participa activamente a nosa María Bella no seu intento de activar, reflexionar e visibilizar a memoria colectiva do movemento cidadán, propón para este aniversario un interesante Glosario Nunca Máis.

No seu proceso de construír un “Arquivo Vivo desde o que producir relatos contra o esquecemento da memoria pública destes acontecementos”, a entidade nada en 2018 propón máis de 160 conceptos vinculados ca traxedia coas cadansúas explicacións.

Pero, como di a palabra, é un arquivo vivo, aberto ao público, apelando ao movemento cidadá que tanto loitou. “Esta colección crecente de palabras chave nos permiten re-aprender a lingua de esas comunidades que viviron a experiencia en primeira persoa e debe servirnos tamén para lembrar, descubrir e recoñecer a súa potencia”, explican.

 

Artigos relacionados

Novas do Prestige

Seguemento do Xuízo do Prestige, por José Luís Louzán