Os percebeiros volverán manifestarse ante a apertura de zonas da mexilla: "Se hai que compartir pedras, hai que compartir leis"

A polémica entre os percebeiros e os bateeiros non cesa. Despois daqueles episodios cruentos e da mobilización dos percebeiros de toda Galicia, Xunta acordaba e 2020 restrinxir a extracción da mexilla en apenas 50 dos 1.700 km da costa atlántica galega. Unha medida que non satisface a un sector sen lei, como o o bateeiro, que volveu alzar á voz ante unha época mala, e que volve ser escoitada por diante dos intereses dos percebeiros por parte da Consellería do Mar.
Ata o punto de que a Xunta acordaba a semana pasada abrir outros 20-25 km para a extracción de mexilla ficando ridícula a zona que queda en Galicia unicamente dedicada ao percebe libre da esquilmación das pedras dos bateeiros.
Parte deses 20-25km reabertos pola Xunta para a extracción da mexilla tocan en Corme, Laxe e Caión, que vén minguadas as súas xa escasas zonas protexidas. En Muxía non aceptaron eses recortes pero a Xunta ten varias zonas no punto de mira.
Pero non van calar os perbeiros do país. E xa prepara unha manifestación para o vindeiro venres 17 de marzo en Ribeira. “Se hai que compartir pedras, hai que compartir leis. Pasar por lonxa, facer puntos de control… as mesmas normas que temos nós”, sinalan percebeiros da nosa comarca, en relación á total liberdade que teñen os bateeiros no proceso de extracción da mexilla.
NOVAS SOBRE PERCEBEIROS
- Novembro 22: O PSOE e PP únense para devolver a impunidade ao sector da mexilla fronte ao percebe.
- Marzo 22: O PSdG fomenta unha mesa de diálogo entre bateeiros e percebeiros.
- Xaneiro 21: A extracción da mexilla volve poñer de manifesto a dobre vara de medir da Xunta cos percebeiros.
- 30-11-21: Estas son as zonas de 5 Concellos da Costa nas que a Xunta limita a extracción de mexilla para garantir a convivencia co percebe.
- Setembro 21: O TSXG ampara unha medida da Xunta para comezar a restrinxir zonas de extracción da mexilla.
- Os percebeiros de Galicia envíanlle o CV á Xunta ante o risco de desaparición da súa profesión.
- Xaneiro 21: Sen solucións ao problema da mexilla 8 meses despois dos conflitos entre percebeiros e bateeiros.
- 15-10-2020: Os percebeiros de Muxía tiveron que acodir ao Xulgado por unha denuncia dos bateeiros da Arousa.
- 30-05-2020: As confrarías trasladáronlle o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros.
- 26-05-2020: As confrarías consideran ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántica galega.
- 21-05-2020: “O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”.