Salvados sobre o Prestige: “Manden el barco al quinto pino”

Presentaba onte LaSexta e Producciones El Barrio o programa especial de Salvados “Prestige, 20 anos despois”. O Palexco acollía esta premier, o primeiro evento que organiza Salvados nos 3 anos desta nova etapa post-Évole. E facíao con este doble programa especial (o primeiro capítulo emítese este domingo) sobre a meirande catástrofe natural vivida en España, analizando sobre todo a xestión política da desfeita.
”Esta presentación pode servir como final dunha singradura, en clave marítima, dun proxecto que comezaba dende hai 10 meses”, destacaba Gonzo na presentación deste doble program. “Foi un traballo divertido, entretido, minucioso, sobre unha historia que non deixou indiferente ao país, e que serviu para decatarnos a relación que existe entre os políticos e a cidadanía”, “falamos sobre algo de hai 20 anos pero que está perfectamente vixente nesta era da desinformacion”.
”Esperamos que este programa dirva de homenaxe á xente do mar, que saíu sen esperar por ninguén a limpar o seu medio de vida; e á sociedade, que demostrou ser capaz saír á rúa na manifestación máis numerosa da historia da democracia neste país”, sinalou.
O programa que se emite este domingo ten interesantisimas entrevistas que ata agora non falaran, como un tripulante filipino, un inspector de Portos ou os ínclitos López Sor ou López Veiga, responsables da Capitanía Marítima e da Consellería de Pesca naqueles tempos, que a pesar da distancia, volven quedar perfectamente retratados.
Durante o documental queda claro que a idea imposta dende Madrid era “mandar el barco al quinto pino” pasase o que pasase, e que o único interese do goberno central era o de desfacerse do barco, sen escoitar ás voces que pedían refuxialo na enseada, por exemplo de Corcubión, para minimizar a catástrofe; ademais de buscar inmediatamente un culpable, o vello capitán Mangouras, que xa estaba xubilado e que subiu ao barco porque o que era Capitán naquel entón se negara ante a falta de mantemento evidente do boque monocasco.
A presión electoral puido máis naqueles tempos e ningún alcalde da comarca se ofreceu voluntario para acoller semellante regalo, e o goberno de Aznar e Rajoy decidiron pasealo coas graves consecuencias que provocou.
A era da desinformación arrincou nesas semanas seguintes ao 13 de novembro, cando por unha ventana veíamos as praias cheas de chapapote pero os nosos dirixentes dicían aquel de que "non vai haber danos medioambientais”, ou “as praias están relucientes”.
Resulta grave as consecuencias de todo aquelo que pasou mentres Fraga cazaba na serra de Madrid. Ademais dos ascensos políticos que provocou aquela xestión da comunicación o propio Sors chega a asegurar que “espera que quede claro que esto é o que se ten que facer no futuro se pasa algo semellante”…
O propio Mangouras, do que corre o mito de que morreu, pode ser o protagonista do segundo capítulo, que veremos o domingo 13, cando tamén teremos ocasión de escoitar mariñeiros e mariscadoras da nosa comarca, ademais de vivir os tempos do #NuncaMáis con Luís Tosar.
Novas relacionadas
- “O Prestige foi o momento propicio para acabar coa nosa identidade, coa nosa forma de vida no mar”.
- 2019: Volven aparecer galletas de chapapote nunha Praia de Nemiña onde a recollida de lixo é inexistente.
Seguemento do Xuízo do Prestige
- Decembro: 2013: Nunca Máis, e a Xunta, recurrirán a sentenza do Prestige:
- 13-11-13: Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige.
- 27-03-13: O xuízo do Prestige desvela o catastrófico balance forense.
- 11-01-13: A rescatadora do Prestige culpa a Fernández de Mesa de alonxar o barco.
- 28-11-12: O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”.
- 27-11-12: Xuízo Prestige: López-Sors culpa a empresa de rescate do destino final do “Prestige”.
- 23-11-12: López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”.
- 21-11-12O xefe de máquinas do Prestige coincide na teoría da “onda xigante” ante as protestas de Nunca Máis.
- 20-11-12: Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”.
- 20-11-12: Mangouras no Xuízo Prestige: “O rumbo que nos deron era erróneo”.
- 15-11-12: Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga.
- 15-11-12: O Xuízo Prestige ao minuto: Mangouras asegura que había que fondealo barco.
- 13-11-12: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 13-11-12: Mangouras declarando 10 anos despois.
- 19-10-12: Entrevista a Pedro Trepat Silva, avogado da Plataforma Nunca máis no Xuízo pola traxedia do “Prestige”.
- 18-10-12: Xuízo do Prestige, Día 2.
- 17-10-12: Xuizo do Prestige, Día 1: Os acusados.
- 16-02-12: QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige.