Xoves. 04.06.2020
El tiempo

A sección sindical de CGT en XEAL denuncia que o Comité emite comunicados sen a súa aprobación

Membros do Comite de XEAL nunha protesta en Santiago
Membros do Comite de XEAL nunha protesta en Santiago
A sección sindical de CGT en XEAL denuncia que o Comité emite comunicados sen a súa aprobación

Continúa aberta a fenda no seo do Comité de XEAL. Xa dende os tempos de Ferroatlántica, as desavenencias entre os grupos sindicais eran patentes, e esta fin de semana volvemos vivir un episodio de enfrontamento. A pasada semana o Comité enviaba un comunicado no que anunciaba que vai demandar o ERTE de XEAL por consideralo “fraudulento”.

Porén, a sección sindical CGT lamenta non ter aprobado esa demanda. “Consideramos que se está a utilizar de xeito ilícito a identidade do comité de empresa, xa que estas noticias, sen entrar a valorar o seu contido, non contan co respaldo da nosa organización e incluso algunhas delas nin sequera foron consensuadas no seno do comité”, explican.

Dende a CGT piden ao presidente do Comité, Alfonso Mouzo (CIG) que “calquera publicación que se faga sen o consenso de tódolos membros do comité, se publique en nome da sección sindical correspondente, en nome de "unha parte do comité" ou da "maioría do comité" de ser o caso”.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios