Os traballadores de XEAL extenden ao Ézaro as súas protestas contra un ERTE "ilegal"

Tivo lugar este xoves a terceira protesta que realizan os traballadores de XEAL esta semana. Convocados polo Comité no marco do novo calendario de mobilizacións, e coincidindo co comezo de aplicación do ERTE anunciado a semana pasada, os traballadores achegáronse ata as centrais hidroeléctricas do Ézaro para extender a súa protesta por un ERTE que consideran ilegal, por ser firmado hai 19 meses, pola anterior dirección e sen representación sindical dos centros de traballo costeiros.
Un ERTE rotativo que afecta a todos/as os/as traballadores/as das fábricas ata o 28 de febreiro de 2021 nun promedio do 35% da xornada laboral. Queda fóra do ERTE o persoal das centrais, que están ao 100% da súa capacidade produtiva, "o que resulta moi significativo de cal é o negocio que lle interesa a XEAL”.
O Comité segue pensando que se trata de desmantelar a e quedar con negocio hidroeléctrico, pois a día de hoxe “a produción en Cee e Dumbría baixou nun 90%, cando no mercado internacional a caída foi de apenas 30%), e mentres a actividade dos aproveitamentos hidráulicos non deixou de medrar, xerándolle no que vai de ano millonarios beneficios a XEAL.
A Xunta
O Comité segue pedindo a actuación da Xunta que esixa á empresa o Plan de Viabilidade prometido, que manteña os postos de traballo e que cumpla coas condicións da vinculación entre produción de ferroaleacións e hidroeléctrica.
A Consellería trasladou que recibirá ao Comité o vindeiro 1 de outubro.
Visita do BNG
Aproveitando o momento, portavoz nacional, Ana Pontón, desprazarase a Cee para manter un encontro co comité de empresa de Ferroatlántica para abordar a situación do cadro de persoal baixo un ERTE.
NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA
- 22-09-2020: Os traballadores de XEAL volveron saír en rúa en contra do ERTE e do desmantelamento das fábricas .
- 18-09-2020: Os traballadores de XEAL retoman as mobilizacións.
- 17-09-2020: Os sindicatos critican o ERTE de XEAL e acusan á empresa de "facer inviable o centro de traballo" para conseguir a segregación.
- 17-09-2020: XEAL estende o ERTE ata febreiro de 2021.
- Xullo 2020: Os traballadores de XEAL volveron á rúa.
- Xullo 2020: Rematou o ERTE de XEAL pero a actividade productiva dás ferroaliaxes é inferior ao 8% da súa capacidade .
- 15-05-2020: O Comité demanda o ERTE de XEAL por consideralo “fraudulento”.
- 22-04-2020: O comité rexeita o ERTE de XEAL por consideralo "fraudulento”.
- 13-04-20: O Comité de XEAL pide aos alcaldes compromiso ante o ERTE.
- O Comité de XEAL denuncia que a dirección mantén traballando persoal de grupos de risco.
- 10-03-2020: XEAL explicou, cos traballadores na rúa, o seu plan de futuro aos rexedores da comarca.
- 05-03-2020: O comité de Ferroatlántica pídelle implicación real aos alcaldes e alcaldesas da comarca.
- 02-03-2020: O persoal de Ferroatlantica mantén o calendario de mobilizacións contra o desmantelamento das fábricas.
- 20-02-2020: O Comité de Ferroatlántica considera un acto progapandístico o cambio de nome.
- Febreiro 2020: Ferroatlántica ata cambia de nome.
- Febreiro 2020: Os traballadores de Ferroatlántica volveron concentrarse ás portas da fábrica de Brens.
- Febreiro 2020: As fábricas de Ferroatlántica están ao 30% da súa capacidade de fabricación.
- 02-02-2020: Unha nova concentración baixo a auga con triple obxectivo.
- Xaneiro 2020: 17 novos despedimentos caldean o amibiente para a nova concentración dos traballadores de Ferroatlántica.
- Xaneiro 2020: Os Traballadores de Ferroatlántica volven á rúa este venres.
- Xaneiro 2020: Traballadores de Ferroatlántica viaxaron a Madrid á manifestación polo estatuto da Industria Electrointensivs.
- Decembro 2019: Ferroatlántica avisa de que o resultado da poxa enerxética pode provocar unha baixada da produción.
- Decembro 19: Ferroatlántica reclama unha tarifa eléctrica competitiva para as industrias electrointensivas.
- Novembro 2019: Poucas variacións no Comité tralas eleccións sindicais de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-CCHH.