Os traballadores de XEAL pídenlle aos rexedores que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”
En abril pedían “compromiso” aos alcaldes/as da comarca ante o posible ERTE. E este pasado martes, os membros do Comité de Empresa de XEAL pedíronlle aos rexedor@s que non fiquen “pasivos ante o desmantelamento das fábricas”.
Fixérono no marco dunha rolda de contactos institucionas, despois de pedirlle á Xunta que actúe xa, nunha xuntanza para “demandarlles a súa implicación activa e que se poñan á fronte da defensa do futuro industrial da Costa a Morte”.
O Comité lembrou que as fábricas están ao 10% da súa capacidade de produción, con só dous fornos acendidos, perdédonse xa a estas alturas “máis de 80 postos de traballo entre persoal eventual e das industrias auxiliares”.
Por iso, dende o comité reclamaron ás e aos alcaldes que poñan este conflito no centro da axenda política e soliciten unha reunión co presidente da Xunta para abordar a situación das fábricas e esixirlle que demande á empresa o preceptivo plan de viabilidade "polo que levamos agardando dende hai máis de un ano". E no caso de que XEAL non presente este plan que “se lle abra expediente polo incumprimento das cláusulas das concesións e se proceda ao rescate destas por parte da Xunta”.
"O que non poden facer os concellos é continuar pasivos ante o deterioro das fábricas e a destrución de postos de traballo. Teñen que facer unha fronte común”, solicitan.
As peticións foron ben acollidas polos alcaldes e alcaldesas que se comprometeron a pedir unha reunión coa presidencia da Xunta para tratar a situación das fábricas e das concesións hidráulicas e demandarlle actuacións urxentes.
Continúa o calendario de mobilizacións
O Comité tamén acordou continuar adiante co calendario de mobilizacións para esixir o plan de viabilidade e un calendario de rearranque dos fornos, desta volta con concentracións semanais todos os venres, ás 19 horas, diante da Casa do Concello de Cee.
NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA
- 02-10-2020: O Comité de XEAL pediulle á Xunta que actúe xa ante o "desmantelamento" das fábricas.
- 25-09-2020: “O que está a pasar nas fábricas da antiga Ferroatlántica é unha farsa e unha estafa”.
- 25-09-2020: Os traballadores de XEAL extenden ao Ézaro as súas protestas contra un ERTE "ilegal”.
- 22-09-2020: Os traballadores de XEAL volveron saír en rúa en contra do ERTE e do desmantelamento das fábricas .
- 18-09-2020: Os traballadores de XEAL retoman as mobilizacións.
- 17-09-2020: Os sindicatos critican o ERTE de XEAL e acusan á empresa de "facer inviable o centro de traballo" para conseguir a segregación.
- 17-09-2020: XEAL estende o ERTE ata febreiro de 2021.
- Xullo 2020: Os traballadores de XEAL volveron á rúa.
- Xullo 2020: Rematou o ERTE de XEAL pero a actividade productiva dás ferroaliaxes é inferior ao 8% da súa capacidade .
- 15-05-2020: O Comité demanda o ERTE de XEAL por consideralo “fraudulento”.
- 22-04-2020: O comité rexeita o ERTE de XEAL por consideralo "fraudulento”.
- 13-04-20: O Comité de XEAL pide aos alcaldes compromiso ante o ERTE.
- O Comité de XEAL denuncia que a dirección mantén traballando persoal de grupos de risco.
- 10-03-2020: XEAL explicou, cos traballadores na rúa, o seu plan de futuro aos rexedores da comarca.
- 05-03-2020: O comité de Ferroatlántica pídelle implicación real aos alcaldes e alcaldesas da comarca.
- 02-03-2020: O persoal de Ferroatlantica mantén o calendario de mobilizacións contra o desmantelamento das fábricas.
- 20-02-2020: O Comité de Ferroatlántica considera un acto progapandístico o cambio de nome.
- Febreiro 2020: Ferroatlántica ata cambia de nome.
- Febreiro 2020: Os traballadores de Ferroatlántica volveron concentrarse ás portas da fábrica de Brens.
- Febreiro 2020: As fábricas de Ferroatlántica están ao 30% da súa capacidade de fabricación.
- 02-02-2020: Unha nova concentración baixo a auga con triple obxectivo.
- Xaneiro 2020: 17 novos despedimentos caldean o amibiente para a nova concentración dos traballadores de Ferroatlántica.
- Xaneiro 2020: Os Traballadores de Ferroatlántica volven á rúa este venres.
- Xaneiro 2020: Traballadores de Ferroatlántica viaxaron a Madrid á manifestación polo estatuto da Industria Electrointensivs.
- Decembro 2019: Ferroatlántica avisa de que o resultado da poxa enerxética pode provocar unha baixada da produción.
- Decembro 19: Ferroatlántica reclama unha tarifa eléctrica competitiva para as industrias electrointensivas.
- Novembro 2019: Poucas variacións no Comité tralas eleccións sindicais de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-CCHH.