Un 70% do alumnado da Costa da Morte secunda a nova folga contra a LOMCE


Estaban chamados todos os estudantes do país este xoves 26 febreiro á Folga Estudantil. E segundo os nosos datos, despois de falar con 9 IES de toda a volta, podemos asegurar que a comunidade educativa está concienciada e quere pelexar por un ensino público de calidade e gratuito. Arredor dun 70% do alumnado da Costa da Morte secundou a folga estudantil.
Unha parte da mocidade concentrouse nunha das manifestacións espalladas por todo o país, que tiña lugar na Praza 8 de marzo de Cee. Unhas concentracións que contaban co apoio da ANPAs da Costa da Morte e mais de Galiza Nova Costa da Morte, que ademais viñan arengadas polas verbas da Secretaria de Educación desta semana nas que aseguraba que o sistema universitario estatal non é sostible.
A manifestación ceense estivo marcada pola presencia da Guarda Civl, que identificou aos convocantes despois de adiantarlles que non estaban a cumplir a lei, facendo bo o alcume da “Lei Lomce” como “Lei Mordaza”.
Non impediron, así e todo, que se berrasen as consignas “contra a política anti-educativa do PP”, contra “a aplicación do decreto 3+2”, tendo en conta a posible devaluación dos graos que pasan dos 4 aos 3 anos; contra o que entenden como “mercantilización e o encarecimento dos estudos”; contra a que consideran unha “lei excluínte e discriminatoria”.
A mocidade parece telo claro: “O ensino debe ser un dereito, e nunca un privilexio de quen só poida pagalo”.
Seguemento da Folga
Os alumnos estaban convocados para dous días de folga, pero en moitos casos os comités escolares decidiron, para non perder tantas horas de clase, centrar a folga nun só día. Estes son os datos do absentismo:
- IES Agra Raíces de Cee: o 25F o 50% e o 26F o 70% do alumnado secundou a flga.
- IES Fernando Blanco de Cee: o 25F o 81% (a máis sonada nos últimos tempos) e o 26F o 63%.
- IES Maximino Romero de Lema de Baio: os dous días arredor 65%.
- IES Isidro Parga Pondal de Carballo: os dous días sobre o 55%.
- IES Fin do Camiño de Fisterra: o 25F o 70% e o 26F o 40%.
- IES Terra de Soneira de Vimianzo: os dous días sobre o 50%.
- IES Fontexería de Muros: os dous días sobre o 90%.
- IES Ponteceso: o 25F o 10% e o 26F o 57%.
- IES Terra do Xallas de Santa Comba: os dous días o seguemento da folga foi superior ao 80% do alumnado.
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- A Fedanpa forma e premia.
- Aloumiños e o Conselleiro levan os Premios Rosalía e Werto da Fedanpa.
- Premios 2013: A Fedanpa celebrou o seu primeiro ano de vida cos premios Rosalía e Werto.
- 2571 sinaturas non convencen á Xunta para dotar con máis especialistas ao CEIP Bergantiños.
- A FEDANPA fai balance dun completo 2014 e mándalle o Bo Nadal ao Conselleiro.
- As protestas polos recortes da LOMCE chegan a Corcubión.
- A eterna denuncia sobre a redución do profesorado.
- Os recortes nas escolas xa están na rúa.
- 07-11-14: A ANPA A Granxa retoma o Pedibús pero tamén as mobilizacións-protesta.
- A comunidade educativa non queda calada ante os continuos recortes.
- Abrazando o ensino público contra a LOMCE.
- A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia.
- 29-10-14: O IES Pedra da Aguia denuncia un novo recorte no horario dunha mestra a metade de curso.
- A ANPA A Granxa xa colleita sinaturas contra os recortes.
- As ANPAS dos Muíños e CEIP Bergantiños alzan a voz de novo contra os recortes.
- As familias aprenden a educar ca Fedanpa.
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- Os recortes no CPI Xosé Pichel indignan aos pais de Coristanco.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Fedanpa.