1ª Autonómica: Xallas e Dumbría avanzan cara a Preferente

Non paran xalleiros e dumbrieses na súa loita polo ascenso. Ambos continúan líderes tras vencer a Cambre e Calo respectivamente, e aproveitaron o tropezo do Unión ante o Estudiantil para ampliar a renda. Agora son o Sada e o Olímpico os inmediatos perseguidores a 1 e 2 puntos respectivamente.
I é que o Cee non fixo os deberes, e caeu ante o rival directo, o Sada, nun encontro no que se puxeron por diante os de Pato, pero no que o cansanzo fixo mella. Con todo, cómpre loubar a grandísima campaña do equipo ceense, a mellor en moitos anos. Ademais, agora xa ten choio abondo cos Oitavos da Copa e o Ponteceso, xa campión da Liga da Costa, agardando.
Para a semana que vén hai un Cee-Dumbría moi interesante, mentres que o Xallas visitará o cutre campo de Pontedeume. A derradeira xornada, Xallas e Dumbría recibirán ao Lamela, aínda loitando por evitar o descenso, e o descendido Cambre.
Xallas - Cambre (2-0)

- Xallas: David, Iván Forján (Ismael, min.64), Álvaro, Pika (Carteiro, min.86), Pereiro, Jesús (Ricardo, min.77), Brais, Toni, Rubén, Adrián Beiroa (Iván Prol, min.68), Roberto (Leo, min.81).
- Goles: 1-0, min.25: Adrián Beiroa; 2-0, min.50: Adrián Beiroa.
- Expusión: un xogador visitante no min.80.
Moi boa entrada en Fontenla e gran ambiente para ver este equipo que se asoma á Preferente. Comezou o Xallas algo fourxo, pero co paso dos minutos foron facéndose co dominio do encontro. O Cambre so freaba aos de Iván Cancela con faltas e intentaban facer dano con disparos lonxanos e algún balón colgado.
Pero o Xallas non tiña presa, e tocaba e tocaba, cunha defensa moi seria. Foi facendo mella a dimesión de Fontenla no cadro vistante. Foi Adrián Beiroa o autor dos dous tantos que permiten seguir soñado, espertos, a toda a familia xalleira.

Calo - Dumbría (1-4)
- Dumbría: Juan Purrúa, Suso, Pablo Conde, Chula, Isma (Pablo Serrano, min.55) , Aarón, Iago (Marco, min.75), Schuster, Eloi (Brais, min.55), Piri (Toja, min.85), Adrián Mackaay (Jesús, min.80).
- Goles: 0-1, min.25: Iago dende fóra da área; 1-1, min.35; 1-2, min.60: Aarón de cabeza; 1-3, min.65: Adriàn Mackaay; 1-4, min.75: Iago de vaselina.
Non foi fácil, sobre todo ata que Aaron marcaba o segundo gol. I é que a abafante calor e o campo pesado facía que os de Canosa non estiveran moi frescos. I é que atrás os locais estiveron frouxos atrás e pouco contundentes na media. Menos mal que arriba estiveron atinados os Iago, impresionante neste treito final de temporada e marcando dous aténticos golazos; e Adrián Mackaay, que parece que recupera o olfato de comezos de ano.
Os locais só facían dano nos saques de banda ao "estilo Porteño" dadas as pequenas dimensións do campo de xogo.
Cee - Sada (1-2)

- Cee: Mingos, Fiuza, Moncho, Dani (Parroto, min.89), Rafa, Fermín, Angeliño, Alex (Jacobo, min.80), Fernandito, Tasky, Luigi (Chapu, min.65).
- Goles: 1-0, min.15: Luilli; 1-1 min.71: de penalti; 1-2, min.72.

Gran partido dos ceenses que significa o adeuas ao ascenso. I é que en 2 minutos desgraciados o Sada, agora en ascenso, remontou o choque.
Gañaba o Cee nunha primeira metade bastante tranquila, na que Luilli puxo por diante aos de Pato. Pero na segunda o partido voltouse tolo. O colexiado expulsaba a 3 membros do banco sadense, ao tempo que pitaba un discutido penalti a favor. E 1 minuto despois marcou o segundo o equipo sadense.
Intentou reaccionar o Cee e pediu un penalti a falta de 5 minutos para o final. Parece que o árbitro asistente si que viu pena máxima pero o colexiado non asubiou. Houbo tangana xa que tata saltou ao campo o a nai dun xogador local e o colexiado suspendeu durante media hota ata que chegou a Garda Civil. Os axentes subiron as gradas e pediron varios carnets.
Aínda quedaba un rato de partido pero os xogadores do Cee fixeron unha sentada a modo de protesta. Mentres o Sada tocaba e tocaba, e así ata chegar aos 90 regulamentarios.

At. Arteixo - Zas (6-0)
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Novas relacionadas
Entrevistas QPC Deportes
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa: Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).