Martes. 08.10.2024
El tiempo

3ª Autonómica: 2 ascensos confirmados e un en cernes

3ª Autonómica: 2 ascensos confirmados e un en cernes

Doble ascenso certificado esta fin de semana. Nantón e Mazaricos, Mazaricos e Nantón, volven á Liga da Costa tras varios anos de periplo polaúltima categoría do fútbol modesto. Os cabaneses levaban 4 anos sen pisar a 2ª, mentres que os de Mazaricos non a disputaban dende hai 9 anos.

O máis beneficciado da xornada, ademais dos ascendidos, foi o Corcubión, que aproveitou a derrota do Coristanco no Pino do Val para escapar lixeiramente e xa son 6 puntos. Ademais a goleada ante o Xaviña permite aos de Manín darlle a volta ao golaverage xeral.

Mazaricos - Coristanco (2-0)

  • MAZARICOS: Gómez, Marcos, Ramón, Oscar, Casais, Martín (Aldo, min.20), Matías, Brais, Esteban Pereiro (Rodri, min.85), Estéfano (Tuco, min.80) e Kevin (Coxo, min.90)
  • CORISTANCO: Gonzalo, Arantón, Oscar (Fran Farriña, min.75), Germán, Marcos, Mallón (Cota, min.70), Luís, Dani, Benitez, Gustavo (Palermo, min.60) e Toniño.
  • Goles: 1-0, min.65: Estéfano; 2-0, min.85: Marcos.

O Mazaricos alcanzou o ascenso a segunda Autonómica despois de 9 tempadas na Terceira. Non foi un partido doado para o equipo de Raúl Periscal que acumula dous ascensos a Segunda Autonómica en tres tempadas, o anterior fora co Vimianzo na tempada 2008-2009. Unhas 300 persoas desfrutaron do ascenso no campo mazaricán.

O Coristanco non mostrou as garras ata que se adiantou o equipo do Pino do Val, que dominou a primeira metade pese a non marcar.

No segundo tempo os visitantes melloraron un pouco aínda que non foron moi constantes, tiveron dúas chegadas que acabaron con sendos tiros aos paus e tamén protestarían dous posibles penaltis. O Mazaricos co obxectivo do ascenso moi claro, aguantou ben e piques do final Marcos puxo a puntilla ao partido e certificou o ascenso que foi celebrado por Santa Comba por todos os integrantes da plantilla.

Alcaián - Nantón (0-1)

  • ALCAIAN: Herrera, París, Luisito, Dani, Víctor, Pio, Iván Souto (Javito, min.76), Pistolas, Pablo Framil, Daviciño e Toñito.
  • NANTÓN: Martín, Diego, Cristian (Carlos Santos, min.87), Sito, Félix, Carlos Vidal, Fabio, Amado, Luís, Manolo (Rubén, min.80) e Javi Brenlla.
  • Gol: 0-1, min.85: Luís.

Catro tempadas tivo que esperar o Nantón para volver a saborear o gusto da Liga da Costa. Como non ía ser menos, foi Luís o que certificou ese ascenso a cinco minutos do final, nun partido de moita rivalidade e moita igualdade.

No primeiro período, o encontro foi igualado, con moito xogo directo pero ambos equipos non foron quen de crear perigo na portería contraria.

Na segunda metade, saíu o Nantón en tromba dos vestiarios e xa na primeira xogada marcaría un gol Manolo que foi anulado polo arbitro por un suposto fóra de xogo que foi moi protestado polo equipo visitante. Isto non desanimou ao Nantón e seguiu na busca do gol que chegaría a finais do partido. E co pitido final, empezou a celebración polo ascenso logrado cun baño de champan entre os xogadores do Nantón.

[/captiont]

Corcubión - Xaviña (11-1)

  • CORCUBIÓN: Cristian, Carlos, Chisco (Javi, min.75), Balucho, Sergio Manín, Alán (Borja Munitis, min.70), Santi (Estrella, min.65), Gabri (Paulo, min.55), Mario, Edu (Diego Lojo, min.60) e Manuel Cartamil.
  • XAVIÑA: Álex, Gallego, Fabio, Juan Antonio (Johny, min.60), Maikel, Carlos, Carlos de Moular (Chiribí, min.50), Elvis, David Correo, Búa e Chapu.
  • Goles: 1-0, min.22: en propia porta a tiro de Gabri; 2-0, min.46: Manuel Cartamil; 3-0, min.55: Santi; 4-0, min.57: Mario; 5-0, min.60: Mario; 6-0, min.63: Manuel Cartamil; 7-0, min.65: Alán; 8-0, min.70: Sani; 8-1, min.71: David Correos; 9-1, min.75: Sergio Manín; 10-1, min.80: Diego Lojo; 11-1, min.87: Mario.

Tiñan gañas en Corcubión dunha boa goleada e foi o Xaviña quen o pagou. Na primeira o balón non quixo entrar e só o fixo de rebote, pero na segunda en canto Manuel Cartamil abriu a lata os goles foron caendo ata completar o 11-1. Con esta goleada os de Manín recuperar moito golaverage e evitan así que o Coristanco sume mellores números de cara a un posible empate na 3ª praza.

Atl. Pereiriña - Independiente de Carballo (1-1)

  • ATL. PEREIRIÑA: Andrés, Mario, Javichu, Darío, Jordi (Grille, min.80), Villar, Néstor, Álvaro (Rafa, min.46), Alex, Víctor e Morcillo (Mario, min.46)
  • INDEPENDIENTE: Noé, Efrem, Panuchi (Landeira, min.46), Dani, Suso, Ivi, Rubén, Iván Vilanova, David, Chol oe Upi.
  • Goles: 0-1, min.30: Ivi; 1-1, min.57: Darío, de penalti.

Partido de trámite para uns e para outros cun reparto de puntos que deixa satisfeitos a ambos conxuntos. Na primeira metade os visitantes estiveron mellor e mesmo puideron meter máis diferenza no marcador, pero un lanzamento de Ivi foise ao largueiro e logo a liña de gol, pero saíu fóra.

Na segunda metade coa entrada de Mario no medio campo dos locais o equipo funcionou mellor e un penalti moi protestados polos carballeses deulle a igualada final.

Cerqueda - Cabana (3-1)

  • CERQUEDA: Che, Rober (Uro, min.89), Athu (Gabi, min.76), Javi, Alberto, Santi, Dani, Lorenzo, You, Dieguito (Carlos, min.68) e Alex.
  • CABANA: Dani, Alfredo, Rubén, Marcos, Eloy, Darío, Pose, Toja, Suso Docampo, Rubén Rama, Adán. Tamén xogaron: Pedro, Miki Pose.
  • Goles: 0-1, min.47: Suso Docampo; 1-1, min.54: Alex; 2-1, min.88: Alex; 3-1, min.90: Gabi.

Dominio do Cerqueda durante os 90 minutos e xusto gañador, aínda que tivo que ser nos últimos minutos cando chegaran os goles. Na primeira metade os cabaneses aguantaron e ata se puxeron por diante á volta do descanso. A reacción dos locais non se fixo esperar e empatou Alex aos 5 minutos. Pero a remontada final chegou case que co tempo cumplido.

Lira - Corcoesto (5-1)

  • LIRA: Santi, Boni, Pelexo, Herminio, Marcos Antonio, Patachín (Yago, min.70), Pedro García, Dani (Juan, min.70), Javi (Pepiño, min.55), Rico e Ancho (Víctor, min.55).
  • CORCOESTO: Siro, Patiño, Manuel, Germán, Rivera, Miguel Baneira, Javi, Rodri, Pablo, Martín e Miguel.
  • Goles: 1-0, min.3: Dani; 1-1, min.6: Rodri; 2-1, min.38: en propia porta; 3-1, min.42: Dani; 4-1, min.49: Ancho; 5-1, min.55: Dani.
  • Expulsados: Os locais Pedro García (min.5) con cartón vermello directo e Rico (min.75) por dobre cartón amarelo.

Custoulle bastante ao Lira dobregar ao Corcoesto e ata finais da primeira metade non puido respirar tranquilo. Ao saír do vestiario marcou dous goles máis e partido acabouse aí, pese a acabar con 9 o equipo local non pasou apuros.

Laxe - Muxía (3-2)

  • LAXE: Jacobo, López, Aarón, Óscar, Jacinto, Rubén, Adán, Dani Gándara (Anxo, min.60), Felipe (Carlos, min.80), Samuel e Antonio Castro (Beizana, min.70).
  • MUXÍA: Ángel Luis, Luis de Romaní (Pardelo, min.80), Congui, Chori, Álvaro, Dani, José Antonio, Sancho, Canario, Chans e Fran Pioto.
  • Goles: 1-0, min.20: Rubén, de penalti; 1-1, min.25: Fran Pioto; 1-2, min.57: Fran Pioto; 2-2, min.80: Samuel; 3-2, min.83: Rubén de penalti.
  • Expulsión: a Ángel Luis, do Muxía (min.83).

O Laxe levouse un partido bonito disputado no Cabo D’Area, fronte a un Muxía mermado por non poder dispor dos seus futbolistas xuvenís. Os locais adiantáronse moi pronto no marcador, grazas a un penalti convertido por Rubén. Sen embargo, un libre directo e outra boa acción de Fran Pioto voltearon o duelo. O Muxía perdoou e acabou condenándoo un penalti cometido por Ángel Luís.

Outes - Muros B (4-0)

  • OUTES: Gato, Saúl, Martín, Arturo, Chúa, Lass (Lago, min.81), Fabio, Damián (Pesco, min.61), Quin (Mingos, min.61), Deivi e Potro (Piki, min.46).
  • MUROS B: Angel, Echeba (Usco, min.46), Yeray, Canote, Paki, Maikel, Ramón, Piru, Pardelo (Berni, min.46), Mingos (Casco, min.70), Pesco.
  • Goles: 1-0, min.21: Fabio; 2-0, min.28: Quin; 3-0, min.60: Piki; 4-0, min.88: Pesco.

Partido de trámite entre veciños que se decantou claramente para o equipo de Manu Roque, que ao igual que ano pasado esta facendo unha segunda volta moi boa, incluso ameaza o quinto posto. Así e todo na primeira metade a actuación arbitral perxudicou ao conxunto visitante.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios