3ª Autonómica: O Ameixenda tamén gaña sufrindo



Impresionante o Ameixenda de Manolín que vence tamén en campos complicados como Arliña, ante un gran Muxía e despois de acabar con 9 sobre o céspede. Queda por detrás o Nantón tras arrebatarlle o segundo posto ao Lira nun partido máis que tenso. Ademais, o Coristanco volve uirse á loita de arriba, empatando co Corcubión. Por abaixo, descansaba o pechacancelas Laxe, mentres Muxía e Castrelo, a pesar da fenda aberta cos 6 de arriba, seguen en clara melloría.
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 7
Lira - Nantón (0-2)
- LIRA: Peipo, Eloy, Pedro, Pelos, Chindo, Pata, Deme, Pesco, Manu, Javi Carnota, Miky, Cibran, Yanki e Oli.
- NANTÓN: Guillermo, Lareu, Carlos, Eloy, Diego, Carlos Vidal, Fabio (Dani Costa, min.71), David, Luis, Martín e Patelele (Raúl, min.84).
- Goles: 0-1, min.41: Fabio tras un pase de Luís que aproveita un erro na zaga local; 0-2, min.70: en propia meta.
- Expulsións: o local Deme no min.80 e o visitante Raúl, no min.88.
Paroulle os pés o Nantón ao Lira e o supera na táboa tras un partido tremendamente igualado e de moita tensión, e iso que o cadro liracho foi superior durante case to o partido, pero sen fortuna no remate. Saía o Lira con intensidade xerando peligro e mesmo podendo adiantarse nunha boa ocasión que acabaría indo ó pau. Pouco a pouco foi o Nantón entrando no partido, igualándose o encontro. E ao fío do descanso, un erro da defensa local permitía ao cadro cabanés meterse por diante. David puido ampliar a renda antes do descanso.
Pouco fútbol nunha, aínda máis tensa, segunda metade, con moitas interrupcións e con xogo duro en fases do partido. Os minutos ían pasando, o Lira colgaba balóns e a zaga do Nantón rexeitábaos esperando a ter a súa ocasión que lle permitise cerrar o partido. Esa chegou nunha saída á contra de Luis pola banda, gañaba liña de fondo e mandaba o balón ó segundo pau onde acompañaba a xogada Dani, e un defensa do Lira no seu intento de despexar o balón mandabao dentro.
Despois do 0-2, o partido aínda se ía endurecer máis, con continuas liortas e discusións; minutos que fixeron que ambos equipos acabasen xogando con 10. Aínda así o Lira tivo as súas ocasións, un gol ben anulado por fora de xogo a Yanki; e unha nova boa parada de Guillermo, quen ía mandar o balón a córner cando o dianteiro do Lira quedou só ante o porteiro.
Corcubión - Castrelo (1-1)
- CORCUBIÓN: Sito, Javi, Marco, Rubén, Trillo, Gabi, Toja, Lema, Gorka, Alan (Alberto, min.70) e David Lourido.
- CASTRELO: David Buxantes, Marcos (Adry Ozon, min.63), Esteban Berdoias, Quintáns (Suso, min.73), Víctor, Luís, Stiven, Roi, Elvis (Raúl, min.79) e Lucho.
- Goles: 1-0, min.3: Lema; 1-1, min.83: Roi.
Puido o Castrelo aguantar ao Corcubión un choque igualado, ambos con moitas baixas (Edu, Jesús, Coiro, Beto, Senra por bando corcubionés; e Darío, Pichón, Edreira e Israel polos vimianceses) no que cómpre destacar a volta de David Lourido aos campos de xogo. O punta corcubionés volve á disciplina branquiazul tras dúas temporadas sen demasiada sorte no Dumbría de Preferente, onde as súas obrigas laborais impedironlle adestrar o necesario para competir.
Comezou o cadro de Carlos Lema moi forte e foi o Lema fillo o que marcaba aos 3 minutos a saída dun córner. Mantivo o dominio o cadro local coa axuda do vento. Pouco a pouco o Castrelo ía meténdose no partido, e Roi avisaba cun man a man que saíu fóra e xusto antes do descanso despois dunha boa xogada Stiven tiña unha ocasión clarísima na liña de gol que non acertou a empurrar.
Na segunda parte, o Corcubión puido cerrar o partido pero a intervención de David Buxantes nun paradón a Lourido foi clave. Espabilou o Castrelo de Roland Caamaño, e Esteban Berdoias remataba un córner que saía fóra por pouco. Chegaban os mellores minutos do cadro vimiancés, cunha falta de Lucho lambendo o pau; Roi, a pase do propio porteiro, anota o tanto do empate sen tempo a reaccionar para os locais.
Muxía - Ameixenda (1-3)
- MUXÍA: José Antonio, Currás, Pataca, Peski, Conguito, Juan, Javi (Santi, min.15), Víctor, Gerardo, Iván (Antonio, min.75) e Alberto (Rubén, min.80).
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, David, Javichu, Samuel, Iván, Álex (Antón Lestón, min.32), Momaño (Demetrio, min.75), Borja (Miro, min.46), Cristian, Víctor e Mario (Mateo, min.80).
- Goles: 0-1, min.15: Mario de penalti; 0-2, min.46: Víctor; 1-2, min.75: Juan a centro de Conguito; 1-3, min.93: Demetrio.
- Expulsións: Os ceenses David (min.40) e Javichu (min.55).
Sufridísma vitoria do Ameixenda de Manolín en Arliña, ante un Muxía que segue demostrando unha gran melloría e aínda está a tempo que alcanzar a zona alta, nesta longa liga de 4 voltas.
Dominou o Muxía territorialmente, tivo o control do balón e as mellores ocasións, despois de que Mario marcase dende os 11 metros para os visitantes. Tivo o Muxía a súa mellor ocasión para igualar a contenda cun penalti que Gerardo enviou ao pau.
Víctor anotaría o segundo na máis comezar a segunda metade, e xa con 9 o Ameixenda polas dúas expulsións o Muxía recurtou e tamén Iván e Gerardo tiveron 3 cada un para igualar. Pero xa con 3 sobre o desconto, Demetrio sentenciou nunha contra.
Coristanco - Cerqueda (2-1)

- CORISTANCO: Nacho, Facal, Rubén, Sergio, Marcos, Pazos, Mato, Toni, Iván, Juan e Gonzalo (Pichel, min.70).
- CERQUEDA: Rubén, Pailos, Sergio, Atu (Juanjo, min.80), Pablo (Xabi, min.60), Dani, Uru, Dani Añón (Dani Seaia, min.46), Darío, Jacobo (Gesto, min.74) e Martín (Javi, min.66).
- Goles: 1-0, min.15: Gonzalo aproveita un rexeite de Rubén a tiro de Juan; 1-1, min.36: Martín; 2-1, min.88: Juan.
Facíalle falta a vitoria ao Coristanco para seguir enganchados aos de arriba, e a conseguía tras un choque moi igualado, con pouco fútbol na Rocheira, moito xogo directo e xogo aéreo. O Coristanco saíu con moita presión collendo o Cerqueda aínda medio dormido e chegaria o gol local ao cuarto de hora, tras un forte disparo dende fóra da área de Juan, que despexa Rubén cun paradón, o balón peta no longueiro e queda botando na liña de gol para que Gonzalo remache a pracer.
A partir de aí os locais deixaron o balón ao Cerqueda para intentar collelos en algunha contra, e a balón parado, como unha de Pazos que tamén salvou Rubén. Xa máis asentados no campo o Cerqueda achegaríase con perigo en varias ocasións por medio de Martín e Darío, ata que pasada a media hora chegaría o empate de Martín tras un pase largo de Jacobo.
A segunda parte foi máis igualada e con máis chegadas, tendo que aparecer a figura do novo gardameta coristanqués Nacho para salvar o partido. Houbo un par de xogadas polémicas: primeiro un gol fantasma que pediron os locais; despois un posible penalti non pitado sobre Pailos que pedian os visitantes. E cando o partido parecía que remataría en empate, a falta de 2 minutos para o final, Juan anotaría o gol da vitoria local cun gran disparo.
Queixáronse os locais dalgún insulto racista que recibiu Atu por bando dun xogador local.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Castriz aproveita os líos dos rivais.
- 1ª Autonómica: Os líderes da 1ª son da Costa.
- Preferente: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- Análise e resultados desta xornada de anticiclón no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- 5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).