Martes. 08.10.2024
El tiempo

Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso

Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso
Alejo e Piti pichichis da 1 e 2 Autonomica da Costa

Xa remataron as 1ª e 2ª Autonómica, e con elas xa temos os primeiros pichichis da temporada, aos que premiaremos na II Gala do Fútbol da Costa - QPC que celebraremos o vindeiro venres 26 de xuño na Casa da Cultura de Cee, seguindo o éxito da gala do ano pasado.

E para contabilizar os goleadores, facémolo cos datos de Luís Porto, pois sabemos de boa tinta que os ten moito máis acertados e realistas que as actas, pois cada luns, ponse en contacto con nós, e fai unha revisión entre a acta e as crónicas de QPC, e nos pide que comprobemos cos adestradores quen foron os autores no caso de incongruencias.

Alejo, pichichi costeiro da 1ª

ALejo esta en forma e volveu marcar 2 goles-Foto-Fin Lema

Así, na 1ª Autonómica, Alejo, o dianteiro do Corme queda pichichi dos equipos costeiros e de toda a categoría cos seus 21 goles, tomando o relevo do malpicán Óscar Suárez, máximo goleador do ano pasado. Moito máis atrás, Cololo (Malpica) e Raúl (Sofán), e pichichi da Liga da Costa o ano pasado), con 15 tantos, e MC (Baio), con 14. Na parte alta da táboa atopamos tamén a Róber Pladur (Esteirana) con 10, e aos soneiráns Javi (9) e Basti (8), ademais do sofanista Iván Rojo.

Cómpre destacar o nivelón dos nosos dianteiros, pois se Alejo foi o máximo goleador de toda a categoría, Cololo e Raúl quedan empatados na 3ª praza, e MC ocupa o 5º posto.

FutbolistaClubGoles
AlejoCorme21
CololoMalpica15
RaúlSofán15
MCBaio14
Róber PladurEsteirana10
JaviSoneira9
BastiSoneira8
Iván RojoSofán8
Martín MaraMalpica7
Brais GarridoBaio7
RichiSoneira6
De la SierraSoneira5
Sergio SueiroCorme5

Piti, eterno pistoleiro da 2ª

O Volantes por Piti

Non falla este Piti, que remata esta Liga, aos seus 39 anos, con máis dun gol por partido. 34 tantos nesta temporada 2014-2015 para o muradán ca camisola laranxa do Volantes, que dan conta da súa calidade, nun ano no que ademais foi protagonista por unha demostración de xogo limpo que quedará para os anais da historia do noso deporte, mesmo foi premiada polo rival.

O podio de goleadores é completado por Javi Suárez, un xogador doutra categoría que marcou 27 goles nun Baíñas que aspiraba a algo máis. E Yuyo, o camariñán que pode considerarse unha das revelacións da temporada, pois nun equipo que foi de menos a máis sumou a tremenda cifra de 25 goles. Juni, con 23 para o San Lorenzo, tamén está por aí, e hai que salientar a dupla máis importante do curso, David Blanco e Álex Flores, con 36 goles entre ambos, que esperamos que axuden, xunto a Rubio, que completa un tridente brutal, no ascenso do Zas.

FutbolistaClubGoles
PitiVolantes34
Javi SuárezBaíñas27
YuyoCamariñas25
JuniSan Lorenzo23
David BlancoZas20
Álex FloresZas16
BrunoCee15
David AgraCastriz15
JosiñoCabana14
EspiVolantes14
ChenelMazaricos14
FerreiroCarnota14
Iván MatoCabana14
David SampedroOutes13
Elías RusoOues13
Cristian CanosaPorteño12
AbelZas11
AitorFisterra11
PikiOutes11
LeoCee11
LuísCastris11
MolinosMazaricos10
ChindaCastriz10
DieguitoPonteceso10
Álex FigueirasSan Lorenzo10
Dani DezaMontelouro10
SuleCamariñas10
CharroBuño10
EstéfanoMazaricos10

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios