![Corme e Malpica saltan ao Cairo-Foto-Fin Lema Corme e Malpica saltan ao Cairo-Foto-Fin Lema]() 
Completísima xornada no Fútbol da Costa con máis de 80 partidos, xa con case todos os peques tamén en competición.
E comezamos a análise desta xornada pola Preferente - Senra Sport, con boas novas para os nosos. O sábado arrincaba a xornada coa vitoria do Dumbría en Dorneda, e o domingo o XSC completaba a boa liña cunha vitoria clara ante todo un Betanzos. Ascenden así os de Canosa e os de Coméndez á 8ª e 9ª praza, deixando os postos de descenso a 6 e 5 puntos respectivamente.
Pasou de todo na 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. No derbi costeiro, o Malpica sumaba a súa 3ª vitoria consecutiva gañando no Cairo, nun partido no que acabou con 10 sufrindo moito ante a marea azul, superándoo xa na táboa, e deixando ao Corme ao fío dos postos de descenso despois de 5 derrotas seguidas. Uns postos dos que xa case sae a Esteirana, que xa suma dúas vitorias seguidas. 
Por arriba o Sofán segue impresionante e sumaba a 7ª vitoria no campo do Piloño, e xa saca 4 puntos aos seus perseguidores, Villestro e Baio, que caía en casa ante un bo Agolada.
A nova da semana a protagonizada o Soneira, despois da destitución de José Ángel. Fran de Urroa tomou o mando mentres buscan adestrador, pero o equipo nada podía facer ante o potente Villestro.
Non para este San Lorenzo. Segue de líder da 2ª Autonómica - ES Bazarra, e nin o Cee foi capaz de frealo. Pero tampouco baixa o pistón o Zas, que vencía en Camelle e se mantén a 1 punto. O que non puido aguantar o ritmo foi o Castriz, pero é que se topou cun gran Volantes, 5º a 6 do liderato e empatado con Buño e Outes, que foi quen de remontar un 0-2. Dous equipos, Buño e Outes que non pasaron do empate ante Seaia e Carbota.
Por abaixo, o Montelouro sumaba o seu segundo punto en Ara Solis, e o Ponteceso rompía unha xeira de 6 derrotas seguidas cun empate ante o Mazaricos. Ademais, o Camariñas caía con rotunidade ante o Baíñas.
Conseguíu frear o Nantón ao Ameixenda na 1ª xornada da segunda das 4 voltas da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, pero os de Manolín seguen imbatidos e con 7 puntos sobre os perseguidores. Ocupa agora o Coristanco, que non fallaba ante o Laxe, a segunda praza de ascenso directo, empatado co Corcubión, que sufría pero conseguía sacar os 3 puntos de Arliña ante un Muxía que segue tendo moi mala sorte. A sorpresa, relativa, da xornada, foi a vitoria do Castrelo en Lombáns, ante un Lira, que suma 4 derrotas, ante as que Pedrosa tamén presentaba a súa dimisión. Era a primeira vitoria dos vimianceses, que a modiño se achegan ao grupo da promoción, e ademais puideron dedicarlla ao novo presi do Castrelo, o xogador Estebo.
Movementos nos Xuvenís
Foi o XSC o protagonista da xornada na Liga Xuvenil Sur,  Gr.2 - MáisDeporte. Santi Casal persentaba a súa dimisión, e o equipo completaba a fatídica semana cunha derrota en Cee que o deixa fóra dos 3 postos que dan acceso á Fase de Ascenso á Liga Galega. Resultado que mete ao Cee na loita, pero aínda está por debaixo dos Miúdos, que queda despois de vencer ao Fisterra a 4 do intratrable Dumbría, que sufría demais para superar a un Corcubión que aínda non estreou o taboleiro de puntos; e da Esteirana, que non fallaba co Muxía. O Outes tamén amosa a cabeza por aí arriba.
Xa polo Norte, a xornada chegaba completísima, con varios choques directos. Como o Cabana-Corme, que rematou cunha goleada excesiva que deixa ao líder con máis vantaxe. Tamén foi intenso o Zas-Porteño, que deixa ao Porteño como perseguidor dos cabaneses a só un punto, mentres zaenses e cormeláns quedan a 6. O Camariñas non fallou ante o pechacancelas e queda a 3 do liderato, o mesmo que o Coristanco que fixo o propio co Baio.
Xornada importante na base
Non foi moi positiva a xornada para os nosos equipos de base nas Ligas Autonómicas. Caía o Dumbría da División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría ante a visita do Racing de Ferrol, mentres o XSC da Liga Galega Cadete e o Dumbría Infantil sumaban un puntiño na casa ante os herculinos Montañeros e o Calasanz.
Xa nas Ligas locais, xornadas importantes. O Cabana ascende ao liderato da 1ª Cadete tras vencer a un Corme, que chegaba líder e que completa a aciaga fin de semana para a familia azulona. Ademais, noutro choque directo, o Fisterra vencía ás Baleas e se reafirma como candidato.
Mentres, na 1ª Infantil, o XSC segue no máis alto, pero Os Miúdos mantense a 1 só punto. 
Ademais, as F8 Alevín Costa Sur e F8 Benxamín Costa Sur disputaban a súa segunda xornada con grandes goleadas.
Os Veteranos
Descansaba o Hosgran na 1ª División, pero aínda mantén o liderato. Conta con 2 puntos de vantaxe ante Coristanco e Dumbría, que non fallaban nos seus complicados partidos ante o Laxe en Zas. O Soneira vai subindo enteiros tras vencer ao San Román.
Ademais, na 2ª División disputábanse dous choques directos entre os 4 de arriba, que deixan a Agualada e Erbecedo nos postos de ascenso tras vencer ao San Isidro-Razo e o Porteño.
| Dorneda | 1-2 | Dumbría | 
| Xallas StComba | 4-1 | Betanzos | 
 
| Piloño | 0-2 | Sofán | 
| Villestro | 3-1 | Soneira | 
| Bertamiráns B | 1-3 | Esteirana | 
| Baio | 0-3 | Agolada | 
| Corme | 1-2 | Malpica | 
| Camelle | 1-3 | Zas | 
| Porteño | 2-2 | Cabana | 
| San Lorenzo | 2-1 | Cee | 
| Fisterra | 2-2 | Montelouro | 
| Volantes | 4-2 | Castriz | 
| Baíñas | 3-0 | Camariñas | 
| Ponteceso | 2-2 | Mazaricos | 
| Seaia | 0-0 | Buño | 
| Outes | 1-1 | Carnota | 
| Muxía | 1-2 | Corcubión | 
| Lira | 0-3 | Castrelo | 
| Nantón | 1-1 | Ameixenda | 
| Coristanco | 3-0 | Laxe | 
| Cee | 4-1 | Xallas StComba | 
| Os Miudos | 3-2 | Fisterra | 
| Esteirana | 4-1 | Muxía | 
| Outes | 6-1 | Castriz | 
| EF Corcubión | 1-2 | Dumbría | 
| Zas | 0-1 | Porteño | 
| Camariñas | 6-1 | Malpica | 
| Laxe | 5-2 | Corme | 
| Coristanco | 4-0 | Baio | 
| Cabana | 6-0 | Corme | 
| Dumbría | 1-2 | Racing Ferrol | 
| Xallas de Santa Comba | 1-1 | Montañeros | 
| Os Miudos | 2-0 | Muxía | 
| Coristanco | 2-3 | Esteirana | 
| Outes | 0-3 | Ponteceso | 
| Cabana | 3-1 | Corme | 
| As Baleas | 1-5 | Fisterra | 
| Sofán | 0-9 | Cee | 
| Ponteceso | 3-9 | Vimianzo | 
| Zas | 0-4 | Os Miudos | 
| Coristanco | 1-4 | Xallas StComba | 
| Fisterra | 2-3 | Sofán | 
| Corme | 6-0 | Cee | 
| Esteirana | 5-3 | Cabana | 
| Dumbría A | 5-4 | XSC A | 
| Fisterra | 2-7 | Cee A | 
| Dumbría  B | 3-1 | Os Miúdos A | 
| Lira | 1-1 | As Baleas | 
| Esteirana A | 7-3 | Esteirana B | 
| Cee B | 0-11 | Sofán | 
| Outes A | 6-2 | Os Miúdos B | 
 
| Dumbría | 2-2 | XSC A | 
| Fisterra | 18-0 | Cee | 
| Esteirana | 5-2 | XSC B | 
| Lira | 2-12 | As Baleas | 
| Cee B | 7-1 | Sofán | 
| Outes | 20-1 | Os Miúdos B | 
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 9
| Dumbría | 3-1 | Laxe | 
| Cabana | 2-3 | At. Milagrosa | 
| San Román | 1-5 | Soneira | 
| Baio | 0-2 | San Lorenzo | 
| Bértoa | 1-1 | Ponteceso | 
| Castriz | 4-2 | Xv. Bergantiños | 
| Zas | 1-2 | Coristanco | 
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 9
| Cerqueda | 1-0 | Poniente | 
| Sofán | 1-2 | Malpica | 
| Camariñas | 3-0 | Nantón | 
| Dep. Carballo | 4-3 | Leiloio | 
| Erbecedo | 6-3 | Porteño | 
| San Isidro-Razo | 1-3 | Agualada | 
| Vimianzo | 0-2 | Buño | 
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
	- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).