![Imaxe do Volantes-Cabana da semana pasada-Foto-Xose Sendon Imaxe do Volantes-Cabana da semana pasada-Foto-Xose Sendon]()
Chega esta segunda fin de semana de decembro, a penúltima con
Fútbol da Costa deste ano 2014. E chega cunha marea de partidos en todas as categorías, sen parada.
Comezamos a Previa por arriba, pola
Preferente - Senra Sport, cos dous equipos case igualados tralos últimos resultados. Proba de lume para saber ata onde pode chegar o Dumbría pois recibe a todo un Noia, segundo na táboa a 6 do imponente líder, o Negreira. Pola súa parte, o cadro xalleiro quere acadar a súa terceira vitoria consecutiva na visita ao Estudiantil, equipo que ocupa a 14ª posición e que leva 6 partidos sen coñecer a vitoria.
Vén marcada a xornada
1ª Autonómica - Clínica Vértebra polos dous derbis costeiros. Urxente será o de Esteiro, onde o míster local Pedrosa, que só leva 2 semanas á fronte, xa se prantexa deixalo banco pola falta de implicación. En fronte terán a un Malpica irregular pero que non chega no peor momento.
Mentres, en Vimianzo, o Soneira, que rompía unha mala xeira a semana pasada semana pero que necesita sumar, recibe a todo un Baio, segundo na táboa só por detrás do poderoso líder, o Sofán. Precisamente, o cadro carballés non pode fallar na casa, onde conta partidos por vitorias, ante o Sigüeiro. E finalmente, o Corme visita a un bo Cordeiro, no que pode ser un bo momento para recuperar os puntos perdidos nestes dous meses despois do comezo fulgurante dos de Lentejo.
Non hai choques directos na
2ª Autonómica - ES Bazarra, pero si que haberá moita emoción e moito en xogo.
Mentres, na
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira a xornada vén marcada pola
sanción con 3 puntos ao Lira por suposta aliñación indebida. Ademais, o partidazo da xornada será o Corcubión-Ameixenda. Por moitos motivos, pois ademais dos puntos en xogo, volven ao Cubaleiro grandes do fútbol corcubionés como o propio Manolín, pero tamén Mario, Víctor ou Antón Lestón.
Ademais o Muxía quere vencer ao Nantón para meterse definitivamente na loita pola Promoción, o mesmo que lle acontece ao Castrelo, que esperan un empate entre Coristanco e Nantón.
Chegamos á recta final das
Ligas Xuvenís - MáisDeporte, cando quedan 4 xornadas. Polo
Sur, temos 3 equipos pelexando por dúas prazas e o Dumbría facendo de xuíz. O cadro dumbriés, que se gaña cantará o alirón, recibe á Esteirana, nestes momentos metido na 3ª praza con 28 puntos, os mesmos que o XSC que non pode perder no derbi ante o Castriz, ambos con 3 puntos máis que Os Miúdos, que teñen que superar a complicada visita do Outes, outro equipo que de vencer e caer á Esteirana se mete de cheo na pelexa.
Polo
Norte, os tres de arriba, Cabana, Camariñas e Porteño, poden deixar practicamente sentenciado o seu pase á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega. O Porteño, o 3º con 28 puntos, é o que, a priori, máis fácil o terá ante o Baio, pero ollo que vén nunha liña ascendente. Mentres, Cabana e Camariñas terán choques ante os aspirantes a unirse á loita como son Cabana e Coristanco, respectivamente.
Cómpre destacar o Corme-Esteirana da
1ª Cadete e o Fisterra-Corme de
Infantís.
| Dumbría |
14/12 - 16:30 |
Noia |
| Ag. Estudiantil |
14/12 - 16:30 |
Xallas StComba |
| Cordeiro |
14/12 - 16:00 |
Corme |
| Esteirana |
14/12 - 16:00 |
Malpica |
| Sofán |
14/12 - 16:00 |
Sigüeiro |
| Soneira |
14/12 - 16:30 |
Baio |
| Camelle |
13/12 - 16:00 |
San Lorenzo |
| Cabana |
13/12 - 16:30 |
Outes |
| Porteño |
14/12 - 16:00 |
Fisterra |
| Seaia |
14/12 - 16:00 |
Volantes |
| Montelouro |
14/12 - 16:00 |
Mazaricos |
| Zas |
14/12 - 16:15 |
Baíñas |
| Cee |
14/12 - 16:30 |
Ponteceso |
| Castriz |
14/12 - 17:00 |
Camariñas |
| Buño |
14/12 - 17:00 |
Carnota |
| Corcubión |
13/12 - 16:00 |
Ameixenda |
| Laxe |
13/12 - 16:15 |
Castrelo |
| Muxía |
14/12 - 16:00 |
Cerqueda |
| Coristanco |
14/12 - 16:30 |
Nantón |
| Os Miudos |
13/12 - 16:00 |
Outes |
| Xallas StComba |
13/12 - 16:00 |
Castriz |
| Fisterra |
13/12 - 16:00 |
Muxía |
| Dumbría |
13/12 - 16:30 |
Esteirana |
| Cee |
13/12 - 18:00 |
Corcubión |
| Porteño |
13/12 - 12:00 |
Baio |
| Malpica |
13/12 - 16:00 |
Ponteceso |
| Camariñas |
13/12 - 16:30 |
Coristanco |
| Zas |
13/12 - 17:00 |
Cabana |
| Corme |
14/12 - 12:00 |
Laxe |
| Pab. Ourense |
13/12 - 12:00 |
Dumbría |
| Xallas StComba |
14/12 - 11:00 |
Boiro |
| Dumbría |
13/12 - 12:00 |
Residencia |
| Muxía |
13/12 - 10:30 |
Fisterra |
| As Baleas |
13/12 - 16:00 |
Coristanco |
| Corme |
13/12 - 16:00 |
Esteirana |
| Cee |
13/12 - 16:00 |
Outes |
| Cabana |
14/12 - 11:00 |
Baio |
| Os Miudos |
14/12 - 12:00 |
Ponteceso |
| Xallas StComba |
13/12 - 11:30 |
Sofán |
| Zas |
13/12 - 15:15 |
Cabana |
| Ponteceso |
13/12 - 16:00 |
Esteirana |
| Os Miudos |
14/12 - 10:15 |
Cee |
| Fisterra |
14/12 - 10:30 |
Corme |
| Coristanco |
14/12 - 12:00 |
Outes |
| XSC A |
11/12 - 18:00 |
Esteirana B |
| Dumbría |
13/12 - 11:00 |
Outes A |
| Cee A |
13/12 - 11:00 |
Esteirana A |
| Os Miúdos B |
13/12 - 11:00 |
As Baleas |
| Cee B |
13/12 - 13:00 |
Lira |
| Fisterra |
13/12 - 16:00 |
Dumbría B |
| Sofán |
14/12 - 11:30 |
Os Miúdos A |
| Dumbría |
13/12 - 10:00 |
Outes |
| Cee |
13/12 - 10:00 |
Esteirana |
| XSC A |
13/12 - 10:00 |
XSC B |
| Cee B |
13/12 - 12:00 |
Lira |
| Os Miúdos B |
13/12 - 12:00 |
As Baleas |
| Sofán |
14/12 - 10:30 |
Os Miúdos A |
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 14
| Zas |
14/12 - 11:00 |
At. Milagrosa |
| San Lorenzo |
14/12 - 09:30 |
Laxe |
| Ponteceso |
14/12 - 11:00 |
Dumbría |
| Bergantiños |
14/12 - 11:00 |
Hosgran |
| Coristanco |
14/12 - 10:00 |
Cabana |
| Castriz |
14/12 - 11:00 |
San Román |
| Bértoa |
14/12 - 12:00 |
Baio |
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 14
| Vimianzo |
14/12 - 11:00 |
Nantón |
| Leiloio |
14/12 - 11:00 |
Poniente |
| Porteño |
14/12 - 12:00 |
Cerqueda |
| Agualada |
14/12 - 11:00 |
Sofán |
| Buño |
14/12 - 10:00 |
Dep. Carballo |
| San Isidro-Razo |
14/12 - 11:00 |
Corcoesto |
| Erbecedo |
14/12 - 11:00 |
Camariñas |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).