Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Unha loita aberta cando faltan 4 partidos

Xuvenís: Unha loita aberta cando faltan 4 partidos
Corcubion-XSC xuvenil

Quedan 4 partidos e xa se van clarexando as cousas. Por Sur, o Dumbría xa certificou a súa presencia na Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, e está a só 3 de cantar o alirón. Ademais, seguen 3 equipos seguen pelexando polas dúas prazas restantes. O sábado a Esteirana deu un paso adiante vencendo precisamente a un rival directo, Os Miúdos, polo que esteiráns e tamén os xalleiros sacan 3 puntos aos muradáns. Iso si, os Miúdos xa sufriron ao Dumbría, agora lle queda a Esteirana e XSC.

Polo Norte, parece que as cousas están claras. Cabana e Porteño empataban no alto, demostrando o bo nivel dos dous conxuntos. E por detrás, o Camariñas de Javi segue firme. Queda 4º o Zas, pero xa a 6 puntos da 3ª praza, despois de vencer a un Coristanco que segue sen sorte.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 14

Corcubión - Xallas StComba (0-3)

  • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Marcos, Chava, Junjo, Mario, Pepo, Isma, Maikel, Tito e Óscar. Tamén: Joselu, David, Álvaro e Lolo.
  • XSC: Couto, Xoel, Parri, Carlos, Rubén, Dani, Landeira, Isma, Anxo, Fabián e Brais (Sindo, min.78).
  • Goles: 0-1, min.25: Anxo; 0-2, min.70: Dani; 0-3, min.80: Anxo.

Superou o XSC o escollo do pechacancelas sen demasiadas dificultades a pesar das baixas. Os de Rubén Forján chegaban con moitas baixas, entre exámenes, lesións e varios convocados cos maiores, pero dende o inicio foron buscando o balón. O Corcubión de Senra aguantaba atrás, serios, e non permitiron apenas ocasións na primeira metade, máis que o gol de Anxo que desnivelaba a contenda tras unha boa xogada persoal.

Na segunda os xogadores xalleiros saíron a matalo partido e tras varios intentos nos que o porteiro Miguel estivo acertado, Dani empurrou un balón case na linea de gol, e xa preto do final Anxo, noutra bonita acción individual conseguiu o definitivo 0-3.

Esteirana - Os Miudos (5-2)

  • ESTEIRANA: Xacobe, Sergio, Tobío, Borja, Damián, Edu (Brais, min.53), Adrián, Manu (Áxel, min.70), Juan e Pablo.
  • OS MIÚDOS: Ángel, Álvaro, Eloy, Juanche, Licerino, Airán, Samuel, Miguel, Piki, Hugo e Saúl. Tamén xogaron: Yerai, Alex, Jorge e Tajes.
  • Goles: 1-0, min.1: Pablo; 2-0, min.35: Juan; 2-1, min.62: Eloy; 3-1, min.72: Juan; 3-2, min.75: Airán; 4-2, min.85: Pablo; 5-2, min.88: Pablo.

O partidazo da semana era o derbi muradán. Un duelo a cara ou cruz pola praza de ascenso marcado tamén polo encontro da primeira volta, que rematara cun apretado 3-2 para os Miúdos, o que deixa o golaverage a favor dos esteiráns, que teñen todo de cara para meterse na seguinte fase. Tensión, emoción, piques e un poco de todo no clásico dun derbi que refrendou o mellor xogo dos esteiráns que tiveron aos seus goleadores Pablo e Juán nos mellores, marcando as diferenzas.

O que para uns foi un partido gañado con suficiencia pola Esteirana, para outros o resultado é moi enganoso. O certo é que a Esteirana saíu dominadora, sen dar opcións ao rival e o maniatando aos dianteiros muradáns. Pablo marcaba nada máis sacar de centro e Juan ampliaba a renda á media hora.

Saían Os Miúdos algo máis entonados na segunda, e Eloy recurtaba. Cando parecía que se achegaban os Miúdos apretaban os locais e íanse no marcador. Juan metía o 3-1, pero de seguido Airán volvía meter aos seus no partido. Co 3-2, cando mellor estaba o cadro dos Miúdos, fallou Sanuel dous mans a man, e nunha contra Pablo aparecía de novo nunha contra e sentenciaba.

Outes - Cee (3-1)

  • OUTES: Cutu, Serxio, Brión, Simón, César, Álvaro, Adrián, Saúl (Sergio Nieto), Santi, Xurxo (Fabio) e Joel.
  • CEE: Maikel, Iván, Borja, Hugo, Senlle, Castillo, Chema, Yago, Xoán, Álex e Isma. Tamén xogaron: Brais, Tivi, Amboade, Pablo e Xabier.
  • Goles: 1-0, min.49: Xurxo; 1-1, min.58: Yago de penalti; 2-1, min.71: Santi; 3-1, min.83: Fabio.

Partido igualada o xogado o sábado en Outes, cun Manu Roque que contaba con poucos efectivos e que tiña que pensar no partido do luns ante o Castriz. Foi un choque igualado, no que a primeira metade foi de cor azul, cun equipo visitante dirixido por Penedo e Angeliño que pelexou moi ben. Así e todo non había moitas ocasións.

Na segunda o Outes veuse arriba, colocábase pronto por diante pero Yago empataba de penalti. Co paso dos minutos o Outes dominaba máis o balón e chegaría o segundo tanto de Santi, e a sentencia, xa contra o final, de Fabio.

Castriz - Fisterra (1-1)

Castriz-Fisterra
  • CASTRIZ: Víctor, Miguel, Cristian (Cambón), Luís, Richar, Adan , Roony (Calvo), Roi, Javi (Beto), Balsa e Jony.
  • FISTERRA: Aarón, Iago, Álex, Manu, Juanfran, Andrés, Gabi, Gabi Golpes, Gonzalo, Asier e Breixiño (Iván).
  • Goles: 1-0, min.55: Cambón; 1-1, min.70: Álex.

Partido igualado o colleitado en San Pedro, nun choque moi intenso no medio do campo con poucas ocasións. De feito, a única ocasión chegaría nun lanzamento lonxalo de Luís, case dende a súa área, que collía desprevenido a Aarón, que toca o balón pero o balón toca no longueiro e se cola na portería, pero o colexiado anúlao entendendo que o porteiro non o tocara e que era libre indirecto, a pesar de, segundo o equipo xalleiro, non tiña a man levantada. Mentres, o Fisterra buscaba aos seus puntos con balóns longos aos que Víctor estaba moi atento como líbero.

A segunda metade continuaba na mesma liña. O Castriz estiouse e nunha xogada de Cambón, o cadete do equipo, adiantaría aos seus de tiro cruzado. O Fisterra tiña que estirarse e aproveitaría unha das poucas ocasións claras do choque, un tiro de Álex que bate no poste e acaba entrando.

En definitiva, un empate xusto para os fisterráns, mentres os xalleiros entenden que o empate foi demasiado premio ante un Castriz que, por fin, lle puxo intensidade como recriminaba nas últimas semanas o seu míster Jicho.

Muxía - Dumbría (0-2)

  • MUXÍA: Hugo, Rubén, Andrés, Paulo, Gerardo, Jorge (Juan, min.70), Maca, Esteban, Toja (Víctor, min.55), Ander (Diego, min.70) e Samuel.
  • DUMBRÍA: Paulo, Josiño, José Miguel, Canario, Roberto, Yeray, Mauro, Pablo, Edu, Juan de Dora e Luís. Tamen xogaron: Cacha, Isma, Charly, Cabana e Samu.
  • Goles: 0-1, min.75: Cacha de córner directo ca axuda dun defensa; 0-2, min.85: Isma.

Aguantoulle o Muxía case que 80 minutos a todo un Dumbría. Os de Javier Lema pelexaron como “jabatos” e non permitiron que os de Leis e Lobelos despregasen o seu xogo e xerasen ocasións de gol. Foi un choque moi igualado sen chegadas salientables na primeira metade, cun Muxía ben armado atrás.

Na segunda íase estirando o Dumbría pero o Muxía non se descolocaba e mesmo chegaba nalgunha contra con perigo.

Así, o Dumbría tiña un penalto pero Hugo parouno. Ata que faltando 15 minutos, un córner de Cacha remataba en gol coa axuda dun defensa que despexaba cara gol. Foise arriba o equipo muxián, convencido de que o empate podería chegar, pero o que chegaba foi a sentencia.

Castriz - Outes (0-0) (partido aprazado da X.1)

Outes-Castriz-Foto-Jicho
  • CASTRIZ: Víctor, Miguel, Redondo, Cristian, Richard (Cambón), Roony (Javi), Adan, Roi, Balsa, Joni (Beto).
  • OUTES: Cutu, Serxio, Brión, Simón, César, Saúl (Joel cadete), Álvaro (Carlos cadete), Adrián, Joel (Serxio Nieto), Fabio (Xurxo) e Santi.
  • Expulsión: o meta xalleiro Víctor por mans fóra da área.

Mal partido o disputado este luns 8 de decembro en San Pedro de Castriz, un choque aprazado da primeira xornada. O Castriz vai collendo intensidade e comezaba apretando cunha boa ocasións de Basla que marrou na liña de gol. Pero cando mellor estaban os xalleiros chegaba a expulsión do meta Víctor por unhas mans fóra da área, que obrigaba aos de Jicho a meterse atrás.

Pero non foi quen o Outes de romper a liña defensiva rossonera, moi firme e intensa, e mesmo saíndo á contra nalgunha vez. Resultado xusto en Castriz.


Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 14

Laxe - Camariñas (1-3)

  • LAXE: Diego, Sergio, Galgo, Santi, Uxío, Djamel, Christian, Borja (Mouri, min.46), Adri, Elías e Ferri.
  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Juan, Miguel, Pifo, Facundo, David, Espi, Chikote, Sergi (Dani, min.1), Felipe e Javi.
  • Goles: 0-1, min.5: Dani de tiro case sen ángulo que se lle cola a Diego; 1-1, min.50: Adri de penalti; 1-2, min.60: Javi; 1-3, min.70: Javi.
  • Expulsión: o laxense Christian.

Estaba o partido igualado ata que aparecía, unha vez máis, Javi. O pichichi da categoría anotaba 4 tantos nos 3 partidos da fin de semana, pois xogada en Liga e Copa cos maiores. Suma xa 25 goles en 13 partidos cos xuvenís, case 2 dos partido.

No tocante ao partido, o Laxe estáballe aguantando durante unha hora aos camariñáns, e iso que Dani marcaría nada máis saír ao campo pola lesión de Sergi, que deixaba o campo aos 30 segundos. O Laxe mantiña o dominio do balón, pero sen ocasións.

Arrincaba a segunda metade cun laxe máis enchufado e co empate laxense, que anotaba Adri de penalti tras unha boa xogada de Elías. Pero a expulsión un minuto despois de Christian e un par de detallas de Javi acababan coas aspiracións locais. Así e todo o Laxe non se rendía, e aínda con 10 tivo catro ocasións claras, como un tiro o pau de Santi e outro de Elías, e unha xogada con varios rexeites.

Coristanco - Zas (0-2)

  • CORISTANCO: Alberto, Sergio, Mol, Varela, Iván, Navarro, Corral, Joni, Bértoa, Chiqui e Gabriel. Tamén xogaron: Suso, Cristian, Bardanca, Jorge e Anido.
  • ZAS: Sergio, Julián (Boli, min.83), Lody, Darío, Rubén, Ternande, Manu, Juan (Dani, min.75), Adrián (Andy, min.64), Álvaro e Andrés.
  • Goles: 0-1, min.88: Dani Mato; 0-2, min.93: Álvaro.
  • Expulsión: o míster zaense Martín.

Partido igualado e moi disputado con moitos disparos á porta pero non tantas ocasións claras, que se decidía case que co tempo cumplido. Un Coristanco que está a ter mala sorte nas últimas xornadas, e leva 4 partidos sen gañar o que supón case tirar por terra o gran traballo da primeira parte da temporada.

E comezaba forte o equipo de Lorenzo, e Sergio tivo que sacar un balón moi complicado. Pero é que non está nada acertado cara gol o cadro verde.
A partir de aí espertou o Zas que se foi metendo en campo contrario, sobre todo cun rápido Juan pola banda esquerda. Protestaron 3 fóras de xogo dubidosos os zaenses nese último tramo da primeira metade.

Seguía sendo igualada a segunda metade, cun Coristanco controlando máis o balón e un Zas esperando a súa opción. Opción que chegaba case que co tempo cumplido, e o 0-1 chegaba no min.88 e o 0-2, xa co Coristanco volcado, no 93.

Ponteceso - Corme (7-1)

Ponteceso Xuvenil ante o Corme-Foto-SD
  • PONTECESO: Damián, Adrián Pose, Diego Mourelle, Regueiro, Isma, Sergio, Fabián, Ismail, Eloy, Ferreiro e Pablo Pailos. Tamén: Pedro, Dani Villar, Esteban, Rubén e Iván.
Corme Xuvenil ante o Ponteceso-Foto-SD Ponteceso
  • CORME: Fran, Rubén, David, Cristian, Ángel, Bruno, Isaac, Kike, Isma, Mikel e Eloy CR. Tamén: Manu, Samu, Eloy, Ian e Josiño.
  • Goles: 1-0, min.5: en propia o primeiro; 2-0, min.17: Eloy; 3-0, min.44: Sergio; 4-0, min.48: Eloy; 5-0, min.50: Pablo Pailos; 6-0, min.58: Fabián; 6-1, min.61: Bruno; 7-1, min.70: Pedro.
Ponteceso-Corme-Foto-SD

Carrusel de goles, algo sorprendente dada a clasificación, nun gran partido dos pontecesáns, que rompen por fin a súa mala xeira de 4 partidos sen gañar. E de que xeito, no derbi municipa ante case 150 espectadores.

Arrincaba o cadro local ben arriba, apretando e sen deixar ocos e nun fallo do Corme marcaron en propia nada máis saír. A partir deste gol o Ponteceso seguíu na mesma dinámica e aos 20 minutos volvía marcar por parte de Eloy, o goleador do equipo a pase de tiraliñas o espazo de Diego Ferreiro.

Ata o descanso o Corme igualou a contenda pero ao fío do descanso chegaba a sentenza. Pouca fe tiña o cadro cormelán na segunda metade, e seguían chegando os goles pontecesáns, e o gol da honra por medio de Bruno.

Ponteceso-Corme-Foto-SD Gol

Cabana - Porteño (2-2)

  • CABANA: Vázquez (Laik, min.40), David Varela, Grille, Mateo, Álex Rodríguez, David Muíño (Pablo, min.60), Óliver (Aurelio, min.45), Álex Fraga (Raúl, min.70) e Cristian.
  • PORTEÑO: Brais, Dani, Gonzalo, Aarón, Bruno, Rodry, Xoel, Oli (Carlos, min.80), Mario (José, min.70), Maikel (Anxo, min.55) e Borja.
  • Goles: 1-0, min.13: Dani Reigía; 1-1, min.41: Borja de penalti; 1-2, min.50: Borja nunha contra; 2-2, min.66: Dani Reigía de falta.
  • Expulsións: o visitante Borja (min.70) e nunha liorta, Gonzalo e Pablo no minuto 75.
  • Lesión: o meta cabanés Vázquez no min.40.

Partido moi vibrante no que ambos equipos se xogaban moito e no que se notou por momentos a ansiedade por querer gañar. Empezaba o Cabana moi forte e pronto se metía por diante. A partir de aí o Porteño foise facendo co partido e empezou a crear ocasións de gol. Foron importantes os últimos 5 minutos da primeira metade. Primeiro Borja igualaba a contenda de penalti, no mesmo minuto no que Vázquez, o único porteiro cabanés neste partido. Tivo que saír no seu lugar Laik, que, sen ser porteiro habitualmente, realizou un bo encontro intervindo ben sempre que o equipo o necesitou.

Chegaba antes do descanso outra das xogadas polémicas. O colexiado sinaba outra penalti a favor dos camariñáns, e cando Borja se dispón a lanzar e marca, o colexiado anula o gol por entender que un xogador da Ponte entrou antes de tempo na área. Pero nun claro erro de xuízo, e en vez de repetir o penalti, sinala, para sorpresa de todos, libre indirecto a favor dos cabaneses.

Co ambiente moi caldeado houbo que calmar os ánimos nos vestiarios, e saíu o Porteño ben meténdose mesmo por diante nada máis saír, de novo por medio de Borja, que pouco despois era un dos expulsados na polémica actuación arbitral. O Cabana recolle o mando e empate de falta, con algo de sorte ao ser desviado pola barrera.

Baio - Malpica (3-1)

Baio Xuvenil ante o Malpica-Foto-Luis Porto
  • BAIO: José Manuel; (Julián, min.56), Javi Muiño, Pabliño, Michi, Diego, Costiña, Fran, Gómez (Alfonso, min.73), Fari, Stefan e Alberto (Josiño, min.50).
Malpica xuvenil ante o Baio-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel; Arcay, Brais Álvarez (Cholo, min.64), Sebas, Álvaro, Adrián, Carlos, (Eloy, min.46), Cristian Villar, Sergio, Xulián e Gende.
  • Goles: 1-0, min.13: Costiña, oportuno manda a rede, tras unha xogada de saque de banda; 2-0, min.25: Stefan, remata as mallas un centro de Gómez; 3-0, min.29: Stefan aproveita un rexeite do meta ante a pasividade da defensa; 3-1, min.49: Gende, dende o borde da área empalma unha volea cravando o “coiro” na rede.
Capis do Baio e Malpica xuvenil-Foto-Luis POrto

A efectividade baiesa foi clave para levar o partido ante o Malpica, que foi dominador do xogo, ante un Baio que sabe cales son as súas armas. Os de Julio Vila mantivéronse ben armados atrás, e esperaron os erros do rival. O Baio metíase 3-0 na primeira metade. A segunda parte foi dominada totalmente polos malpicáns, pero o individualismo e as gañas de marcar gol propiciaron moitos erros por precipitación.


Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios