mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda futboleira para esta segunda fin de semana de outubro

Axenda futboleira para esta segunda fin de semana de outubro
Veteranos do Dumbria e do Baio-Foto-Marta

Segunda semana de outubro e seguimos cargados de fútbol costeiro. E aproveitamos o parte costeiro dos compañeiros 4gotas, que, coma sempre, nos envían este parte específico para a nosa bisbarra:
O venres non se agarda chuvia na Costa. Como moito un chaparrón ao final da mañá entre Fisterra e Muros. O sábado xa será outra cousa.
Agardamos chaparróns na mañá nese litoral, afectando tamén ao interior (zonas como Dumbría ou Mazaricos). A partir do mediodía do sábado achegarase unha pequena borrasca a Galicia e as chuvias chegarán a toda a Costa da Morte.
Seguirán o domingo, e malia que non choverá seguido, acumularán bastante auga. As temperaturas frescas. Con máximas entre os 18 e 20 graos toda a finde.

Xornada completa

Comezamos o repaso deportivo pola 7ª xornada da Preferente - Senra Sport, na que os nosos queren volver á senda da vitoria. O XSC recibe en Fontenla a un Residencia que ten un punto máis que xalleiros e dumbrieses, mentres estes xogan un novo partido fóra de casa ante un Viveiro algo máis dubidoso que o ano pasado.

O choque máis intenso da xornada volverá disputarse nesta 1ª Autonómica - Clínica Vértebra liderada por 3 conxuntos costeiros. E o fai con outro derbi, entre un Sofán espectacular neste arranque comprobará si é real a reacción do Soneira, nun choque de emocións no Municipal vimiancés. Ademais, o outro foco de atención da xornada estará en Bertamiráns, onde o Malpica viaxará pendente das novidades na dirección técnica, despois dunha convulsa semana nos vestiarios.
Polo demais, partido clave para a Esteirana, que necesita gañar si ou si ante un Piloño que será rival directo na loita por evitar o descenso. Pola contra, Corme e Baio viaxan á Pobra e Padrón para intentar manter o liderato compartido.

Xa na Liga da Costa, a 2ª Autonómica - ES Bazarra, teremos tamén choques intensos. Os líderes, Castriz e Zas, terán que superar a Porteño e Buño respectivamente para seguir no máis alto. Por abaixo, o Camelle quere estrear o taboleiro de puntos xa con novas altas, ante un Carnota que colleitaba a súa primeira vitoria a semana pasada. Ademais, o Montelouro quere seguir sumando ante o Seaia.

Descansa o líder da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, o Lira, e o imbatido Ameixenda buscará auparse ao liderato, no que . será o encontro máis especial os de Manolín reciben aos ex do eterno mito do fútbol costeiro, un Corcubión irregular que tamén pode alcanza ao líder se vence no san Paio de Refoxos. Ademais, Nantón e Coristanco buscarán afianzar a súa posición.

A emocion dun gol do Cerqueda por Jorge Parri

Buscará o XSC manter o liderato do Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte no derbi ante o Castriz, pero terá o ollo posto en Esteiro, onde o Dumbría terá que pasar outra proba de lume e ver se recupera o seu xogo.
Mentres, polo Norte, o partidazo será entre as dúas sorpresas deste comezo de campaña: o líder Coristanco recibe a un Camariñas tremendo. Ademais, o Cabana quere recuperar o liderato ante o Zas, e o Corme non quere descolgarse, vencendo a un Laxe cun só punto.

Necesitan gañar si ou si os equipos costeiros nas Ligas Autonómicas - Aluminios Dumbría apoiados polas súas afeccións.

Se en Cadetes o XSC quere manter o liderato, na 1ª Infantil segue reinando a igualdade con 6 equipos nun só punto.

Ademais, Nos Veteranos, cos dous equipos novos no liderato, terá unha nova xornada intensa.


Preferente - Senra Sport, xornada 7

Xallas StComba 12/10 - 17:00 Residencia
Viveiro 12/10 - 17:00 Dumbría

1ª Autonómica - Clínica Vértebra, xornada 6

Piloño 12/10 - 16:00 Esteirana
Soneira 12/10 - 17:00 Sofán
Puebla 12/10 - 17:00 Corme
Flavia 12/10 - 17:15 Baio
Bertamiráns B 12/10 - 18:00 Malpica

2ª Autonómica - ES Bazarra, xornada 6

Camelle 11/10 - 17:00 Carnota
Volantes 11/10 - 17:00 Ponteceso
Fisterra 11/10 - 17:30 Mazaricos
Seaia 12/10 - 16:30 Montelouro
Porteño 12/10 - 16:30 Castriz
San Lorenzo 12/10 - 16:30 Camariñas
Cabana 12/10 - 17:00 Cee
Outes 12/10 - 17:00 Baíñas
Zas 12/10 - 17:30 Buño

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 6

Ameixenda 11/10 - 17:00 Corcubión
Castrelo 11/10 - 17:00 Laxe
Nantón 12/10 - 16:30 Coristanco
Cerqueda 12/10 - 17:00 Muxía
  • Descansa Lira.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 6

Esteirana 11/10 - 16:30 Dumbría
Outes 11/10 - 16:30 Os Miudos
Corcubión 11/10 - 16:30 Cee
Castriz 11/10 - 16:30 Xallas StComba
Muxía 11/10 - 16:30 Fisterra

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 6

Laxe 11/10 - 16:30 Corme
Coristanco 11/10 - 16:30 Camariñas
Baio 11/10 - 16:30 Porteño
Cabana 11/10 - 18:00 Zas
Ponteceso 11/10 - 19:30 Malpica

División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 5

Dumbría 11/10 - 11:30Areosa

Liga Galega Cadete, xornada 5

Xallas StComba 11/10 - 12:00 Viveiro

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 5

Dumbría 11/10 - 17:00 Lalín

1ª Cadete, xornada 5

Outes 11/10 - 10:30 Esteirana
As Baleas 11/10 - 16:00 Cabana
Ponteceso 11/10 - 17:45 Cee
Baio 12/10 - 10:00 Fisterra
Coristanco 12/10 - 10:30 Corme
Sofán 12/10 - 12:00 Os Miudos
  • Descansa Muxía.

1ª Infantil, xornada 5

Fisterra 11/10 - 10:30 Zas
Ponteceso 11/10 - 16:00 Coristanco
Cabana 11/10 - 16:00 Sofán
Corme 12/10 - 10:30 Os Miudos
Esteirana 12/10 - 10:30 Xallas StComba
Outes 12/10 - 19:00 Vimianzo
  • Descansa Cee.

Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 5

Coristanco 12/10 - 10:00 Soneira
Cabana 12/10 - 11:00 Hosgran
San Román 12/10 - 11:00 Dumbría
Castriz 12/10 - 11:00 At. Milagrosa
Xv. Bergantiños 12/10 - 11:00 San Lorenzo
Zas 12/10 - 11:00 Ponteceso
Baio 12/10 - 12:00 Laxe
  • Descansa Castriz.

Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 5

Dep. Carballo 12/10 - 09:45 Poniente
Erbecedo 12/10 - 10:00 Malpica
Camariñas 12/10 - 11:00Sofán
Corcoesto 12/10 - 11:00 Cerqueda
San Isidro-Razo 12/10 - 11:00 Nantón
Agualada 12/10 - 11:00 Leiloio
Vimianzo 12/10 - 11:00 Porteño
  • Descansa Buño.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios