Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Case pleno na xornada do balonmán costeiro

Case pleno na xornada do balonmán costeiro
Vitoria do Goldie Xiria para comezar a segunda fase

Faltou a vitoria do Calvo Xiria para completar o pleno de vitorias na xornada dos maiores do balonmán costeiro. Os carballeses non puideron na súa visita ao Chapela e cada vez está máis complicado achegarse á zona de arriba. Pola contra, o Bm. Camariñas segue na boa liña e sumou unha nova vitoria ante un frouxo Pabellón Ourense.

As rapazas do Goldie Xiria e do Bm. Encaixe arrincaban con bo pé a segunda fase.

1ª Autonónomica, xornada 12

  • Resultado: Bm Camariñas - Bm. Pabellón Ourense (26-15).
  • BM CAMARIÑAS: Víctor (p), Bruno (p), Alan (5), Fary (8), Eusebio (5), Jaime, Checho, Damián, Fabio, Catalán (2), Héctor, Perón (2), Antelo (1) e Xabi (3).

Esperábase máis dun Ourense que presumía dunha gran defensa. Pero foi un partido sen apenas historia, que acabou no primeiro tempo, onde o equipo titular marcou as diferenzas cun equipo que nestas dúas últimas xornadas viu como se lle cortaba a remontada na clasificación.

No primeiro tempo saíu o Conservas Boya con todo o seu potencial, atacando unha defensa 6-0 moi sólida, que con circulacións moi rápidas de balón conseguía terminar con vantaxe polos extremos, o que practicamente definiu o ritmo do partido. Doutra banda a defensa local impediu en todo momento que os visitantes entrasen no partido, o que deixou un claro 16-6 no descanso. A segunda metade, foi distinta, Moncho Canosa deu entrada aos menos habituais, equilibrándose o partido. Xogou prácticamente todo o partido o porteiro Bruno, recuperado do seu paso polo quirófano, fíxoo ben sobre todo na rimera metade.

A próxima fin de semana desprazarase o Camariñas á dificil cancha do Seis do Nadal, o único equipo que conseguiu puntuar esta tempada en Camariñas, arrincando un empate ao comezo da liga.

1ª División Estatal, xornada 15

  • Resultado: Chapela - Calvo Xiria (31-27)
  • Marcador cada cinco minutos: 2-1, 4-2, 6-6, 9-10, 12-11, 14-14 descanso, 16-17, 18-19, 19-21, 22-22, 27-26, 31-27.
  • CALVO XIRIA 27 (14 + 13): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez (1), Martín Alfeirán (1), Brais Puñal, Manuel Méndez (7), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (4), Sergio Facal (6), Gonzalo Pombo (3), Mario García de Seárez (1), Iván Campos.

Caeu o Calvo Xiria na súa visita ao Chapela, pero o fixo sen dar un só paso atrás, loitando até o derradeiro intre do partido, o que debe ser motivo de orgullo para todos os seus seareiros. Loitaron cada un dos equipos cas súas mellores armas, por un lado os locais basearon o seu xogo no lanzamento exterior e na gran vantaxe de altura e peso no pivote, 13 goles dende a liña dos seis metros conseguiron os vigueses. Namentres por parte verdibranca a velocidade de circulación, o xogo sen balón e o alto ritmo foron as súas claves. No tocante ás defensas o nivel marcado nas sancións disciplinarias favoreceu o xogo local, xa que puideron defender como mellor lles ven ante equipos máis rápidos que eles, con empuxóns e agarróns claramente castigados polo regulamento. Aínda así, a falla de cinco minutos as espadas estaban en todo o alto, sen ter a seguridade ningún dos presentes do resultado final. Mais neses cinco minutos finais o Calvo Xiria non puido xogar. En defensa sufriu dúas exclusións máis que rigorosas, mentres que en ataque as colexiadas decretaron a perda de tres balóns consecutivos. Unha mágoa que o esforzo e bo traballo dos carballeses non tivera mellor premio.

Agora, a pesar do complicado que está chegar aos postos altos. A próxima cita será un derbi provincial, o vindeiro sábado no Vila de Noia ás 18:00 ante o OAR.

1ª División Galega Feminina

  • Resultado: Rasoeiro Bm - Bm. Encaxei (23-30)
  • BM CAMARIÑAS: Gloria e Miriam (gardaredes), María (2), Cris Barreiro (1), Andrea, Sara Carril (9), Aida (6), Nerea, Verónica, Cris Caamaño, Laura (10), Alicia, Tinita (2).

Moi bo comezo do Bm Camariñas Encaixe Boya nesta fase pola obtención do título de 1º autonómica feminina fronte ó Rasoeiro Bm 23-30. Xa dende os comezos, o Encaixe foi quen de mandar no marcadador cunha contundente defensa e facendo gol en tódolos seus ataques, mantendo así unha cómoda vantaxe durante a primeira parte chegando ó descanso cun 10-18.
Na segunda parte o equipo do Rasoeiro plantexaba o cambio defensivo para intentar parar o ataque das camariñanas que estaban facendo gol con claridade chegando a ter 12 goles de vantaxe. Non foi ata os 10 últimos minutos e con outro cambio defensivo por parte das Grovenses cun 3:3 e aproveitando a doble inferioridade numérica das do Encaixe para maquillar un pouco o marcador e revaixar a renda rematado o Encontro 23-30. Destacar a nova incorporación ó equipo dunha veterana gardaredes, Gloria que xunto a Sara e a Miriam permiten ó equipo unha boa continuidade de tempada.

1ª División Galega Feminina

  • Resultado: Pabellón Ourense - Goldie Xiria (18-28)
  • Marcador cada 5 min: /2-3/ /3-5/ /6-7/ /8-8/ /9-13/ /10-15/ /12-17/ /12-20/ /14-23/ /16-25/ /17-26/ /18-28/
  • Goldie Xiria 28 (15): Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Jessica Posse 4, María Gómez 1, Adriana Gómez 4, Juana Garrochena 5, Angela Pena, Zeltia Landeira 3, Natalia Solis 4, Sara Pombo 3, Patricia García, Marta Regueira 1, Tamara Pombo 2, Sheila Ferreiro 1 e Cris Gende.

Comezou con bo pé a 2ª Fase o Goldie Xiria, derrotando a domicilio ao Pabellón Ourense, nun encontro onde foi impoñendo cos minutos a súa maior consistencia no xogo.
Tardou o Goldie Xiria tempo en collerlle a medida ao encontro e sobre todo tardaron en chegar os axustes defensivos que ían a permitir acelerar o ritmo de xogo nas transicións para xogar con maior tranquilidade no ataque.
Con cinco goles de vantaxe iniciábase a segunda metade, o que daba comodidade para os relevos e confianza para a continuidade no ataque. A intensidade defensiva xunto con boas decisións no ataque, propiciaban que o Goldie se fose definitivamente no marcador ata ese 18 a 28 final. A destacar os potentes lanzamentos exteriores de Natalia, e a boa defensa realizado polo equipo en diferentes fases do encontro.

A Vindeira semana o Goldie Xiria recibe a visita do Balonmán Tui, será o sábado a partir das 20:00 da tarde no Pavillón Vila de Noia.

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios