mércores. 30.04.2025
El tiempo

Dumbría xa afía as bicis para a V BTT

Dumbría xa afía as bicis para a V BTT
V BTT Concello Dumbria 2015 Temos falado da firme aposta polo Ciclismo do Concello de Dumbría. O Gran Fondo Ézaro convertirase en referencia internacional, mentres o equipo técnico traballa para traer outro final de La Vuelta para 2016. Pero antes, toca cita cas bicis de montaña, a V Ruta BTT Concello de Dumbría.
Unha proba que o ano pasado xa supero ous 400 participantes.

A cita será o 12 de abril, con dúas rutas, unha de 46 kms de dificultade media alta, e outra de 36 máis lixeira. A saída, ás 9:30h (ollo que a recollida de dorsais é de 8:15 a 9:20) será do Pavillón do Conco, onde ademais terá lugar a chegada, e haberá recollida de bicis, duchas, aparcadoiro, comida de fin de ruta e agasallo. O prazo de inscrición abre o 9 de marzo, e o poderedes realizar, por 10€ para federados e 22 (12 polo seguro) para os nosos federados, a través da web emesports.es ou en cc.dumbria@yahoo.es.

2 figuras no Gran Fondo Ézaro

Pois si, será un antes e un despois. Grandes figuras do ciclismo mundial dos anos 90 estarán no Gran Fondo Ézaro o vindeiro 4 de xullo. E xa hai apostas. Está en marcha un concurso para ver que acerta os ciclistas, español e extranxeiro, que levarán os dorsais 1 e 1000.

Este domingo sairemos de dúbidas!!

Menudo nivelón!!

Crónicas anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios