xoves. 14.11.2024
El tiempo

Esteirana e Fisober non poden cos líderes da Liga Provincial

Esteirana e Fisober non poden cos líderes da Liga Provincial

Presentábase esta como unha xornada complicada para os equipos costeiros de Liga Provincial, e rematou con dúas boas goleadas. O Concello de Ponteceso descansaba, pero Esteirana e Fisober recibía aos dous líderes, empatados con 30 puntos, e ambos amosaron unha boa imaxe pero non puideron facer fronte.

A Esteirana FS caía 0-7 ante o BeArt 5 Coruña, mentres que o filial vimiancés o facía por 2-9.

Un filial que a partir da vindeira xornada xa non poderá contar cun dos seus puntais. A camellá Inés Suárez Mouzo (1997) pasará a formar parte do 1º equipo do Fisober a partir da próxima xornada. Inés que xa debutara este ano no equipo de 2ª división, con gol incluido no empate a 3 goles contra o Txantrea navarro, pasara a cubrir a baixa de Patri que se foi para o Viaxes Amarelle de 1ª División.
Esta xogadora en idade cadete leva dous anos e medio na disciplina do Fisober, procedente do equipo camariñán de As Baleas e caracterízase por ser unha xogadora moi habilidosa co balón e con bo olfato goleador sendo a máxima goleadora do Fisober B con 8 goles.

Liga Provincial

Derrota do Fisober na Liga Provincial ante un dos líderes
  • Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – MANUREVA SUEVOS (2-9)
  • FISOBER B: Martina, Noe, Paula, Inés e Natalia; tamén xogaron: Laura, Tamara, Mónica e María Maroñas.
  • Goles 0-1 Cris; 1-1 Laura; 1-2 Cris, 1-3 Olalla, 1-4 Olalla (descanso) 2-4 Inés, 2-5 Cris, 2-6 Olalla, 2-7 Alba, 2-8 Alba, 2-9 Cris.

O arranque do partido foi eléctrico cun lanzamento da local Inés o pau. A resposta visitante non se fixo esperar con dúas ocasións de Cris ben respostadas pola porteira local Martina. E á terceira si que non errou Cris e puxo en vantaxe as súas subindo o cero a un o electrónico. Pero non tardou en chegar a igualada polas locais , os sete minutos era Laura despois dun pase de Inés a que poñía o un a un.

As de Manureva seguían a ter a Cris como a punta de lanza ofensiva, pero Martina moi atenta evitaba que aumentara o resultado. Foi os dez minutos cando Cris facía o un a dous. O Manureva dominaba o partido e as do filial tentaban chegar en perigosas contras. Con este guión pasaban os minutos. Ata que no minuto dezaseis Tati mandaba un balón o pau de Martina. A sete para o fin Olalla aumentaba diferenzas e tres minutos despois , facía o un a catro co que se chegou o tempo de lecer.

Á saída de vestiarios foi positiva para as do filial xa que no primeiro minuto Inés marcaba. O filial ben colocado atrás tentaba aproveitar as perdas do rival para saír a contra. O Manureva proseguía co seu dominio pero Martina desfacía o perigo e lanzaba as súas para que tentaran reducir distancias. Con esta partitura foron pasando os minutos.
Ata que mediada a primeira metade unha nova contra do filial levada por Inés e Noe deixaba a esta última ante a porteira quen cunha dobre intervención evitaba o gol e na resposta desta xogada Cris facía o dous a cinco que rompía totalmente o partido.
Foi un duro golpe para as locais e solo un minuto despois recibían o sexto por parte de Olalla. Aínda así case de seguido foi María Maroñas a que tivo nos seus pes a opción de marcar o terceiro gol local pero non foi quen de definir.
A nove para o fin foi Alba a que fixo o sétimo para o Manureva. Tanto locais como visitantes tentaban marcar algún gol máis pero polas locais nin Inés, nin Paula entre outras foron quen de facelo. Si foron capaces as visitantes Alba e Cris dentro dos tres últimos minutos facendo o oitavo e o noveno para pechar o tanteador.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica: C.D. Fame Negra - Concello de Ponteceso F.S.F.: sábado 16/02/2013 ás 16:00 no Polideportivo de O Espiño.
  • Esteirana - Espartanas F.S.: sábado 16/02/2013 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.
  • Fisober B descansa.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da tempada 2012-2013

Comentarios