Fase de Ascenso á 1ª: O Palmeira araña un punto ante un superior Zas


Primeiro partido do Zas nesta 2ª xornada da Fase de Ascenso á 1ª Autonómica. E o cadro de Iván Cancela deixouse un par de puntos, tras ser moi superior ao Palmeira. En todo caso, dá a sensación que este Zas pode facer moito, pois o Palmeira é o líder tras vencer na primeira xornada e o Zas demostrou ser mellor equipo.
Ademais, parece que o vídeo de motivación vai tendo efecto.
En todo caso, espera Iván Cancela rematar esta campaña levando ao Zas á 1ª Autonómica, despois de anunciar que non seguirá o ano que vén, pois será o novo adestrador do XSC.
Zas - Palmeira (1-1)
- ZAS: Rizos, Josito, Pereiro, Isma, Vecino, Canedo, Peke, Dani (Diego, min.86), David Blanco, Manu (Pablo, min.78)e Álex Flores.
- Goles: 0-1, min.53: tras un córner; 1-1, min.77: Vecino.

Boa entrada en San Andrés con 250, a meirande parte da casa pero cunha vintena de ruidosos afeccionados do Palmeira que fixeron tamén a tarde máis vivida.
Comeza o Palmeira enviando alto por riba da meta local, pero aos 10 minutos xa tomaba as rendas o equipo de Iván Cancela, que foi moi superior e fallou ocasións de todas as cores. Pedían penalti por mans aos 10 minutos, e pronto Dani obrigaba ao meta visitante a facer un paradón. Antes do descanso David e Manu tamén avisaban.
O dominio intensificábase na segunda metade, na que o Palmeira pegou un baixón. Pero o seu porteiro estivo espectacular e pararon moito o partido con temporizacións en cada balón que saía fóra ou lesións, o que lle custou varias tarxetas. O Zas estivo moi ben co balón e enlazou ben entre liñas facendo dano ao Palmeira, pero faltou esa estocada final.

Era o Palmeira o que se adiantaba na segunda, pronto, tras un córner. Tocaba remar e a afección zaense volcouse. David Blanco tiña un man a man, e pouco despois falla un penalti cometido sobre Isma. Pero Vecino facía a igualada pouco despois, aínda con tempo. Aínda tivo a vitoria o Zas, pero Josito esvarou, o tiro Canedo foi atallado polo porteiro, e Álex intentou unha chilena que non le saíu.

Novas relacionadas
- Un vídeo para motivar ao Sporting Zas.
- Alberto Pose: Queremos sanear o Fútbol da Costa?.
- Os Cee e Fisterra campións de F8 afrontan as Fases Finais en Laracha, Sigüeiro e Ferrol.
- O Zas non se rende e xa ten rivais para a Fase de Ascenso.
Crónicas da semana
- Preferente: O empate do Dumbría dalle a salvación ao XSC.
- Resultados e crónica dunha xornada marcada pola permanencia do XSC e o ascenso do Ameixenda.
- Louro, Santa Comba e Sofán acollerán novos torneos estivais.
- Primeira fornada de torneos de básket en Santa Comba, F7 en Zas, e FS en Vimianzo.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
- www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).