Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Fin de semana de derrotas para o balonmán costeiro

Fin de semana de derrotas para o balonmán costeiro

Completa xornada de balonmán costeiro esta fin de semana. 4 partidos, 3 derrotas e un empate, un balance bastante negativo para os nosos. Ao Bm. Camariñas escapóuselle o traballo de todo un partido nos 5 últimos minutos en Porriño.
Mentres, caía derrotado o Calvo Xiria ante o Bm. Lalín por 31 goles a 25, logo de chegarse con vantaxe mínima para os carballeses ao tempo de lecer, no que supón a maior vantaxe pola que caen os carballeses na presente liga de 1ª Estatal, no de seguro, o peor partido dos verdibrancos no que vai de tempada.

Pola súa parte en categoría feminina, no partido disputado o domingo pola mañá en Tui, as de Camariñas non espertaron en ningún momento e donde o empate foi o mellor que poideron sacar deste partido.
Ademais, op Goldie Xiria sufría unha derrota por un só gol diante do Teucro nun partido vibrante e con emoción ata o derradeiro segundo.

1ª División Autonómica, xornada 8

  • Resultado: Bm. Porriño - Bm. Camariñas (33-32)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Fary (4), Diego Alonso (1), Eusebio, Jaime, Checho, Xabi (2), Borja (10), Fabio, Catalán (10), Perón (3), Damián, Antelo (2).

Un mal encontro onde o Camariñas deixou marchar unha vantaxe de 5 goles nuns minutos finais propios dunha opereta onde os árbitros foron as vedettes xa que no minuto 59, que debeu de ser eterno, expulsaron a 6 xogadores, o dorsal 19 do Porriño e ao adestrador visitante por 2 minutos e con tarxeta vermella para os dorsales 4 e12 do Porriño e 22 e 23 do Camariñas.
Final de opereta, que lle custou ao equipo camariñán 2 puntos clave para asentarse na clasificación.
En todo caso, cómpre destacar o moi bo partido de Borja e Catalán, e de Gonzalo por parte do Porrillo, os 3 con10 goles no seu casillero particular.

A próxima semana en O Areal recibirase a visita do Lavadores de Vigo.

1ª División Estatal, xornada 15

  • Resultado: EMBUTIDOS LALINENSE BM. LALÍN - CALVO XIRIA (31-25).
  • Calvo Xiria 25 (15+10): Iago [p], Ramón, Rubén , Sergio (6), Chimpo (4), Pablo (5), Manuel (4) -equipo inicial- Martín [p], Javier , Gonzalo, Zas (4), Calvete, Brais (2), Jorge.
  • Marcador: 1-2, 5-4, 8-5, 9-10, 10-13, 14-15 (descanso); 15-17, 18-18, 22-19, 24-21, 26-23, 31-25.

Non foron quen de entrar no partido os xogadores carballeses ao longo dos sesenta minutos, a excepción de pequenos momento tanto na primeira coma na segunda metade.
O primeiro tempo foi xogado a un ritmo moi baixo e con moitas perdas de balóns por parte duns e outros, e so cinco minutos de traballo defensivo e un correcto manexo da posesión no ataque posicional permitiu aos visitantes acadar unha diferenza de tres goles. Mais cando todo semellaba indicar que o Calvo Xiria atopaba a súa velocidade de xogo habitual, un novo apagón no seu xogo permitía ao Lalín achegarse no electrónico e marchar aos vestiarios só un gol por diante.

Todo quedaba para os trinta minutos finais, e aí estivo máis atinado o conxunto dezano, que rompeu o encontro aproveitando as perdas de balóns continuadas por parte do seu rival. Soamente unha mellora na defensa e as paradas de Iago permitiron ter opcións ao Xiria de entrar de novo no encontro, pero non foi así. De novo as perdas de balón foron unha lousa demasiado pesada para os carballeses que caían por segundo partido consecutivo na liga.

Quizais a derrota da pasada xornada ante o Atl. Novás pasou factura aos carballeses que teñen que retomar o seu xogo, baseado na intensidade e na concentración, para acadar os puntos necesarios para loitar ate final de tempada por as prazas máis altas da táboa clasificatoria.

A vindeira xornada disputarase o derbi provincial ante o Bm. Ártabro no Vila de Noia ás 18:00.

14ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina

  • Resultado: Bm. Tui - Bm. Camariñas (20-20)
  • BM. CAMARIÑAS: Camariñas: Karen (p), Mónica (3), Laura (8), Aida (2), Sara (6), Nerea e Alicia. Tamén xogaron: Tina (1), Maria Oanes, Vero, Cris Caamaño e Cris Sande.
  • Parcial: 9-12 ao descanso.

A primeira parte mala en ataque pero non tanto en defensa e o equipo marchouse o descanso con unha ventaxa de 3 goles, pero só foi un espexismo. Na segunda metade as de Tui saíron con moitísimas máis gañas cas nosas xogadoras e igualaron o encontro no minuto 3 da segunda mitade. O equipo aguntaou as opcións ata a última xogada donde os arbitros non señalaron un claro penalti sobre Sara e o último lanzamento foise fóra. Esta última acción non quere decir que os colexiados arbitrasen mal cara as nosas.
Un punto que serve para seguir na loita cos de arriba donde este fin de semana terán que salir con todas as gañas xa que se enfrontan ás do Grove, equipo de está cuarto a tan só 3 puntos.

14ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina

  • Resultado: GOLDIE XIRIA - SD TEUCRO (27-28).
  • Parciais: 15-15 ao descanso.
  • GOLDIE XIRIA: Sara (Brenda) (p), María 1, Marta 8, Juana 7, Adriana 2, Cris 3, Jessica 5 (equipo inicial) Raquel 1, Tamara , Lucía, Patricia, Sandra e Natalia.

Saleu co bo ritmo de ataque o Goldie anotando con facilidade, pero a velocidade das accións das pontevedresas facían que o partido se igualase, posto que o Xiria víase sorprendido unha e outra vez ante as acometidas do seu rival que non daban respiro sacando rápido de centro logo de recibir gol. Chegábase ao final desa primeira metade coa igualdade a 15 no marcador.

Na segunda metade o Xiria ia a ser castigado inxustamente por uns colexiados que sinalaron ata 10 sete metros en contra por tan so dous a favor, desa maneira o Teucro era capaz de dominar no marcador, pero as gañas do Goldie volvian a empatar o encontro a falta de 10 minutos a 24 goles, e logo ata o empate a 27 a falta de 30 segundos, onde marcaba o Teucro e facíase coa victoria.

Bo sabor de boca, nun partido no que tubo moitas opcións, pero unha nova derrota para o Goldie Xiria.

A próxima semana o Goldie Xiria visitará a cancha do líder, o BM Porriño.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios