FSF: Eva e Patri afianzan ao Viaxes Amarelle na máxima categoría mentres o Fisober sobre o Entroido
Non había xornada da Liga Provincial por mor do Entroido. Pero que si que houbo xornada do Fútbol Sala Feminino en categorías estatais.
O Fisober da 2ª Estatal xogaba na mañá do domingo de Entroido no Pavillón Municipal de Baíñas, pero nin o inhabitual horario matutino, nin o cambio de Pavillón trouxeron os puntos o conxunto local, cun arranque de segunda metade que foi demoledor.
Así e todo, as vimiancesas seguen con 4 puntos de marxe sobre o Leis Pontevedra, o equipo que ocupa o posto de descenso.
Mentres na máxima categoría o Viaxes Amarelle FSF de Eva e Patri abre unha brecha de 8 puntos co descenso tras disputar un partido con varias fases no cal, as herculinas sempre estiveron tranquilas e co marcador de face. Cun 3-0 a favor das galegas, o Lacturale Orvina FSF púxose a xogar de cinco e conseguiu o segundo gol co partido finalizado xa cun gol “pantasma”. Malia este postrero tanto, vitoria herculina e suma xa 19 puntos no seu casillero. Eva foi titular, e clave na vitoria coa súa gran actuación, e Patri xogou bos minutos.
2ª Estatal
- Resultado: FISOBER F.S.F. – HUMANES C.B (2-6).
- FISOBER: Leti, Noelia, Tamara, Myrella e Inés; tamén xogaron: Laura, Raquel e Mai.
- Goles: 0-1 Verónica , (descanso), 0-2 Yobanca, 0-3 Sandra, 0-4 Cristina, 1-4 Raquel, 1-5 Alexandra, 2-5 Noelia, 2-6 Sandra.
Arrancaban moi fortes as visitantes que xa dispuxeron dun lanzamento o pau no segundo minuto. Dominio do xogo das madrileñas cunhas locais que se defendían na media pista. A pesares do dominio visitante, non acadaban ocasións claras e de facelo sempre aparecía Leti moi segura.
Con ese guión foron pasando os minutos , sen que nada cambiara e cunhas locais que apenas asustaban a gardameta madrileña.
Foi no minuto trece cando por fin as visitantes atoparon un oco que aproveitou Verónica para poñer o cero a un no electrónico. Tralo gol non cambiou moito a película do partido desenrolándose de maneira parecida a anteriormente.
A pouco máis dun minuto para o fin desta primeira metade apareceu a mellor ocasión para as da Costa cando un lanzamento de Noelia quedou perdido na área e Inés viu como a porteira visitante lle enviaba a saque de esquina a posibilidade da igualada, chegándose co cero a un o tempo de lecer.
A volta dos vestiarios apareceu a outra gran ocasión local para trocar o partido, cando Noelia tivo a oportunidade de poñer de novo táboas no electrónico, pero non foi así.
Quen si aproveitou foi Yobanca os tres minutos desta segunda metade para poñer un cero a dous que foi un duro golpe a frouxa moral local. Co gol a ansiedade apoderouse das costeiras algo que aproveitaron as visitantes.
Xa que primeiro Sandra e despois Cristina puxeron un cero a catro case insalvable os cinco da segunda metade.
Curiosamente co partido perdido chegaron os mellores minutos locais, cun chisco de tolemia e descontrol e con moito corazón apareceron ocasións para as costeiras. Das cales solo foi quen de acertar Raquel a trece para o fin.
Buscaron un segundo gol que as puxera no partido, pero o que si chegou a oito para o fin o quinto visitante obra de Alexandra e o punto final para o partido.
Dende aquí ata o final un gol local obra de Noelia a dous para o fin e o definitivo de Sandra nos últimos segundos de partido.
A vindeira semana tócalles descansar as costeiras que volveran a competición o día 28 en Segovia fronte o Unami.
1ª División estatal, xornada 18
- Resultado: Viaxes Amarelle - Lacturale Orvina (3-2)
- Viaxes Amarelle FSF: Eva, Lidia Mesías, Cris, Espi, Dolo (cinco inicial), Tati, Patri, Yaiza, Lago, Laura Tesouro.
- Goles: 1-0 Lidia Mesías (min. 20); 2-0 Espi (min. 27); 3-0 Lidia Mesías (min. 30); 3-1 Laura Jiménez (min. 36); 3-2 Laura Jiménez (min. 40).
Partido disputado onde o primeiro gol a falta de 30 segundos do descanso para as herculinas serviu para que as visitantes arriscasen máis e facer valer a súa velocidade para conseguir unha renda cómoda no luminoso por 3-0, e onde o marcador final do 3-2, non demostra o que foi o partido en si. Un rival que loito e arrisco desde o 3-0 co xogo de cinco, pero faltoulle gol nun bo partido da defensa herculina e de Eva baixo paus. O importante é a brecha aberta de 8 puntos cos postos descenso que conceden esta vitoria contra un rival directo, mentres que Ordizia KE e Tecuni Bilbo FSF empataron no seu derbi vasco e o FSF Gironella caeu en casa contra Universidade de Alacante. O Viaxes Amarelle FSF segue forte en casa, aínda sen ceder ningún punto como locatario durante este ano 2015, o que lle vale para saír dos postos de descenso.
O próximo partido terá lugar o próximo fin de semana contra o líder da categoría, o Futsi Atlético Féminas.
Máis información
- Clasificación da 2ª División Estatal. Gr.4.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
Crónicas anteriores
- O Vila de Cee pon a nota positiva na xornada.
- FSF: Xornada de derrotas no fútbol sala costeiro agás para Eva e Patri no Amarelle.
- FSF: Patri afiánzase como goleadora na máxima categoría:
- FSF: Segunda vitoria viaxeira para o Fisober.
- FSF: Eva e Patri confírmanse como referencias na máxima categoría.
- FSF: Fin de ano a medias.
- FSF: Resultados dispares para unha fin de semana solidaria e con derbi.
- FSF: O Fisober xa sabe gañar na 2ª Estatal e o Ponteceso confirma o seu dominio na Provincial.
- FSF: Un xornada con vitorias, derrotas, goles e ata polémica.
- FSF: O Fisober non arrinca mentres 3 costeiros asaltan a Liga Provincial.
- FSF: Xornada de vitorias e empates.
- FSF: Un derbi de empate.
- O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial.
- FSF: Xornada de derbis, empates e derrotas.
- FSF: Xornada de avións e partidos apretados.
- O Fisober estreou campaña cunha festa.
- O Lira FSF estrea a Liga Provincial con vitoria.
- O Lira FSF estreouse por todo o alto.
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.