FSF: O Vila de Cee pon a nota positiva na xornada
Non lle sentou ben a mesturanza de cores que lucíu o Fisober nunha nova viaxe a Madrid, i é que debido ás coincidencias, tiveron que vestir de negro por arriba e branco por abaixo. E unha nova derrota que traen de volta, quedando na penúltima praza, aínda con 4 puntos sobre o descenso.
Na Liga Provincial, descansaba o Concello de Ponteceso, e as nosas colleiraron unha vitoria, da man do Vila de Cee, e un par de derrotas do filial do Fisober e das roxiñas de Cee e Lira. Ademais, esta semana repasamos tamén a participación da fisterrá Leny no 5Coruña, que deixou escapar o liderato ante o Viaxes Amarelle C.
Precisamente, no primeiro equipo, Patri e Eva sumaron un puntiño importante na máxima categoría. Ambas foron titulares no partido celebrado en Euskadi.
2ª División Estatal, xornada 16
- Resultado: ADAE SIMANCAS - FISOBER F.S.F. (5-3).
- FISOBER: Leti, Mai, Raquel, Myrella e Noelia; tamén xogaron: Inés e Tamara.
- Goles: 1-0 María, 2-0 María, 2-1 Raquel, 2-2 Myrella, (descanso), 3-2 Silvia, 4-2 Flavi, 4-3 Inés, 5-3 Mari Paz.
Partido disputado na tarde do sábado nunha das pistas do P.M. San Blas de Madrid. O Fisober pagou caro o seu mal arranque de partido aínda así amosou que non se rinde, uns primeiros minutos nos que quizais lle custou adaptarse a pista despois do longo viaxe.
Arrancaba moi mal o partido para o Fisober xa que os tres minutos María adiantaba as locais. E peor se poñían cando a mesma María volvía a marcar para poñer un dous a cero no electrónico.
Dous goles de desvantaxe case o saír a pista deixaba moi malas perspectivas as costeiras.
Pero co paso dos minutos foron adaptándose a pista e o rival e comezaron a chegar a porta local. Así mediada esta primeira metade Noelia enviaba un balón o pau.
Pouco despois os doce minutos Raquel aproveitaba unha pelota no área para poñer o dous a un. Xa pintaban mellor as cousas.
Mellor se puxeron cando a cinco para o fin da primeira metade Myrella enganchaba unha volea ca esquerda case sen ángulo para cun espectacular gol facer o dous a dous.
E incluso puideron ir en vantaxe o tempo de lecer as da Costa, pero Inés non puido superar a porteira local. Con igualada a dous chegouse o tempo de lecer.
No arranque da segunda metade de novo as locais golpearon , solo un minuto e medio despois da volta de vestiarios Silvia de reviravolta facía o terceiro gol local. Tería que remar novamente o Fisober se quería acadar algo de proveito. A segunda metade foi moito máis pechada ca primeira. Os equipos non chegaban con tanta claridade a meta contraria.
Os minutos ían pasando e o marcador non se movía. Chegando os últimos minutos a piques estivo de chegar Mai a un balón morto no área que puido supoñer a igualada.
Todo se complicou se cabe máis cando a 2:37 para o fin Myrella cortaba un balón ca man e vía o segundo cartón amarelo, ca conseguinte inferioridade visitante. Aproveitou o Simancas a oportunidade e Flavi facía o catro a dous a pouco máis de dous minutos para o fin, un gol que parecía pechar o partido.
Pero o Fisober non se rendeu e respostou cunha ocasión da incisiva Inés. Quen a minuto e medio para o fin volveu a ter o gol nas súas botas e desta vez non errou, poñendo o catro a tres no electrónico que metía de novo no partido as súas.
Cando a corenta segundos para o fin o Fisober recuperou o balón decidiu arriscar e saír de cinco con Leti fóra da súa porta.
A vinte segundos para o fin a xogada que puido cambiar o resultado, Inés recuperaba un balón co que encaraba a porteira pero os árbitros decretaron que fora ca man, o colexiado estaba moi ben colocado así que confiamos na súa decisión, pero do posible catro a catro pasouse a un dobre penalti a favor das locais que supuxo o cinco a tres por mediación de Mari Paz, que poñía fin a un entretido, disputado e deportivo partido.
Destacar a volta de Inés trala lesión, a primeira viaxe para Tamara, que Ana a pesares de estar lesionada quixo viaxar co equipo.
Liga Provincial, xornada 16
- Resultado: Grupo Work FSF - Concello de Carnota - Lira FSF (3-0)
- Concello Carnota-Lira FSF: Lía, Inés, Alba, Sandra, Bárbara (cinco inicial), María Tobio, María Caamaño.
- Goles: 1-0 Fanny (min. 16); 2-0 Patri (min. 18); 3-0 Fanny (min. 34).
Derrota das roxiñas, nun partido no que as carnotáns lle puxeron as cousas moi complicadas ás herculinas e o marcador non reflicte a igualdade. As costeiras pelexaron e fixeron traballar á porteira Bea que de novo tivo unha gran actuación como o resto das nenas.
O partido empezaba segundo o previsto, cun Lira ben situado tácticamente e cedendo inicialmente o balón, coas locais combinabamos ben, aproveitando o balance do Lira xerando ocasións que a porteira que Lía desfacía con suficiencia. Ademais, o Lira tiña as súas ocasións co seu xogo directo e os seus roubos de balón xerando contras perigosas. Así foi transcorrendo esta primeira metade sen novidades no marcador ata que as locais romperon a situación a falta de catro minutos para o descanso de novo con Fany, que logo dunha boa combinación con Nuria, anotaba o primeiro nun man a man coa porteira.
Este primeiro gol despistou algo ao rival ás lirachas e pouco despois as locais facían o segundo, por mediación de Patri finalizando unha xogada desde 12 mts de forma espectacular.
Na reanudación, o Lira era máis intenso sen balón, polo que xeraba perigo e fixo ter algunhas dúbidas ao principio ás locais, pero a porteira Bea seguía enorme na portería polo que o Work foise asentando ata marcar o terceiro, que sentenciaba o choque.
Liga Provincial, xornada 16
- Resultado: FSF Vila de Cee - Cafetería Meca (5-4)
- Vila de Cee: Carla, Alba, Adriana, Andrea e Maria. Tamén Marta, Paula, Laura e Serena.
- Goles: 1-0: María; 2-0: Alba; 2-1; (descanso) 3-1: María; 4-1: Andrea; 5-1: Laura; 5-2; 5-3; 5.4
Comezaron as ceenses dominando o partido cun bonito xogo onde o rival non era capaz de amosar perigo algún, nos 10 primeiros minutos as ceenses ían no marcador cun 2-0 marcados por María e por Alba, todo parecía que sería un partido fácil. Cara o final da primeira parte as ceenses baixan o seu ritmo o cal ocasiona que a Meca consiga recortar o marcador e poñerse de novo no partido e indo o descanso cun 2-1.
Xa na segunda parte o FSF Villa de Cee, saíu de novo a pista a polo partido, cun bonito xogo combinativo e desbordando a Cafetería Meca, e premio a isto empezaron a caer os goles a favor, por obra de María, Andrea, Laura e poñéndose cun 5-1 a favor e o partido practicamente resolto. Pero, sorpresa para último minuto, as ceenses, víronse xa vencedoras e nos últimos 50 segundos co resultado de 5-1 mais que favorable, descontroláronse na pista o cal ocasionou que neses 50 segundos as rapazas da Meca conseguiran marcarlle 3 goles, entráronlle os nervios as Ceenses, e acumularon mais erros en 50 segundos que en todo o partido o que ocasionou tal descontrol que fixo que recibiran 3 goles en 50 segundos, chegando a temer por perder o partido quedando finalmente co resultado de 5-4.
As estrelas nesta semana son 3* para María, un dos seus mellores partidos da temporada con 2 golazos, 2* para Alba, outra xornada seguida conseguindo gol e 1* para Andrea a cal volveu a amosar a súa calidade e conseguindo volver marcar.
A seguinte Xornada tócalle descansar o FSF Villa de Cee co cal non volve xogar ata a xornada 18, onde visitarán ao líder da categoría Viaxes Amarelle.
Liga Provincial, xornada 16
- Resultado: ÁRTABRAS FENE – FISOBER “B” F.S.F. (2-0).
- FISOBER B: Alejandra, Andrea Muíño, Paula Fandiño, Nuriña e Andrea Piroja ; tamén xogou Antía.
- Goles: 1-0 Antía, 2-0 Antía, ambos na primeira metade.
O equipo costeiro acudía cheo de baixas solo puido desprazar 6 xogadoras en condicións de xogar , pero cheo de ilusión e cargado de “chiquillada”, das seis xogadoras cinco eran de quince ou menos anos, bo partido para foguearse fronte a outro equipo cheo de xuventude como as Ártabras.
Ademais por terceira semana consecutiva Alejandra tivo que poñerse baixo paus ,algo que empeza a non ser noticia, rendendo a moi bo nivel.
O filial do Fisober arrancou o partido moi dubitativo e nervioso e pagouno. O dominio local reflexouse con dous goles de Antía nos primeiros dez minutos. Ese dous cero inicial foi unha lousa para as da Costa.
A pesares de que non pasaban excesivos apuros dende os goles, tampouco asustaban en exceso a porta local.
A ocasión máis clara por banda das da Costa nesta primeira metade foi para Nuriña pero non logrou acadar o obxectivo. Chegándose co 2-0 o tempo de lecer.
Entraron as costeiras na segunda metade con moita mellor actitude, máis concentradas, ordenadas e mellor defensivamente.
O partido seguiu co ritmo dos últimos minutos da primeira metade sen demasiadas ocasións en ningún dos dous bandos.
Nos últimos minutos do partido Andrea Muíño e Nuriña tiveron boas opcións para lograr un gol que as puxera no partido pero non foron quen de materializalas.
A vindeira semana a Liga descansa o que virá ben o equipo para ir recuperando xogadoras si é posible. O vindeiro encontro será coma local o día 21 de Febreiro fronte o Grupo Work coruñés.
Liga Provincial, xornada 16
- Resultado: Viaxes Amarelle C - 5 Coruña Fútbol Sala (3-2)
- 5 Coruña FS: Gema, María Veiga, Leny, Mel e Anita (cinco inicial), Ali, Lupe, Alda, Raquel, Helen e Sofia.
- Goles: 1-0 Goretti (min. 10); 2-0 Ana Sánchez (min. 17); 2-1 Mel (min. 22); 2-2 Raquel (min. 30); 3-2 Lía (min. 40).
Participaba a fisterrá Leny, logo de volver do seu periplo polas antípodas, no intenso derbi herculino disputado entre os dous primeiros clasificados da liga provincial feminina da Coruña, se decantou ao lado do equipo local, o Viaxes Amarelle C, cun gol a falta de 5 segundos para a conclusión do encontro.
Os espectadores asistentes viviron dúas partes ben diferenciadas, cun primeiro tempo para cada equipo. Mentres o Viaxes Amarelle dominou de principio a fin o primeiro tempo, onde conseguiu unha renda de dous goles a favor, que podería ser maior si non fose pola actuación de Gema, a porteira de 5 Coruña Fútbol Sala. Primeiro Goretti e despois Ana poñerían por diante ao seu equipo.
Tralo descanso, o 5 Coruña FS tratou de axustar o seu sistema defensivo, consciente das numerosas ocasións concedidas no primeiro tempo. Froito diso aos dous minutos da reanudación Mel conseguiría recortar distancias no marcador, tras realizar unha parede con Leny.
Co gol, o partido abriuse e as rojillas conseguían chegar e xerar máis ocasións, ata que no minuto 30 Raquel conseguiría igualar o partido.
Con empate no marcador, calquera dos dous equipos puido adiantarse no marcador. O 5 Coruña FS envorcábase sobre a meta local, sen conseguir finalizar con claridade.
A falta de 8 segundos para o final, un saque de banda a favor do 5 Coruña FS en pista contraria, converteuse nun pase atrás á porteira, que foi presionada pola xogadora local Lia, conseguindo esta o definitivo 3 a 2 a falta de tan só 5 segundos.
1ª División Estatal, 16ª Xornada
- Resultado: Estanda Ordizia KE - Viaxes Amarelle FSF (1-1)
- Viaxes Amarelle FSF: Eva, Lidia Mesias, Dolo, Patri, Espi (cinco inicial), Cris, Yaiza, Tati, Laura Tesouro.
- Goles: 0-1 Lidia Mesías doble penalti (min. 17); 1-1 Irati falta directa (min. 23).
Un empate moi valioso rescatou o Viaxes Amarelle ante un rival directo e mantendo o average a favor do equipo dirixido por José Carlos Martín, Chipi. Titulares foron as Eva na portería e Patri, e ambas foron claves no empate.
A primeira metade foi un tenteo dos dous equipos sen que ningún gozase de ocasións claras en xogadas de combinación sobre o equipo rival, pero ambos equipos gozaron dunha oportunidade moi clara, o cadro herculino a falta de tres minutos para o descanso tivo un dobre penalti, que Lidia Mesías conseguía transformar e poñer o 0-1 no luminoso. Nos últimos segundos de partido Eva provocaría un penalti dentro do área, dando a oportunidade ás locais de poñer as táboas, pero Miriam Arana botaríao fóra, mantendo ao descanso as herculinas a vantaxe de 0-1 no luminoso.
Na reanudación, os primeiros minutos estiveron bastante igualados, ata que aos tres minutos de xogo Irati conseguía poñer as táboas tras un disparo de falta directa desde uns doce metros. A partir deste gol, o Viaxes Amarelle FSF tivo os peores minutos de toda a tempada, sen conseguir xogar, mentres que polo seu lado as locais gozaban de varias ocasións que serían desbaratadas por Eva baixo paus. O partido parecía que se decantaría pola escuadra local, pois gozaba de ocasións moi claras, e a falta de cinco minutos tiveron ocasión dun dobre penalti, que Eva tamén pararía, para evitar que as locais puxésense por diante. Os minutos pasaban e aínda que o Viaxes Amarelle FSF non estaba tendo o seu partido nos últimos segundos Lidia Mesías tivo nas súas botas unha ocasión de poñer por diante ás herculinas, pero acabaría fóra da pista e ao final, nun partido onde ninguén arrisco co xogo de cinco, reparto de puntos co 1-1.
O próximo partido será vital para as aspiracións herculinas contra outro rival directo, o Lacturale Orvina, o vindeiro sábado 14 de febreiro de 2015 ás 18:00 horas no Pabellón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña).
Máis información
- Clasificación da 2ª División Estatal. Gr.4.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
Crónicas anteriores
- FSF: Xornada de derrotas no fútbol sala costeiro agás para Eva e Patri no Amarelle.
- FSF: Patri afiánzase como goleadora na máxima categoría:
- FSF: Segunda vitoria viaxeira para o Fisober.
- FSF: Eva e Patri confírmanse como referencias na máxima categoría.
- FSF: Fin de ano a medias.
- FSF: Resultados dispares para unha fin de semana solidaria e con derbi.
- FSF: O Fisober xa sabe gañar na 2ª Estatal e o Ponteceso confirma o seu dominio na Provincial.
- FSF: Un xornada con vitorias, derrotas, goles e ata polémica.
- FSF: O Fisober non arrinca mentres 3 costeiros asaltan a Liga Provincial.
- FSF: Xornada de vitorias e empates.
- FSF: Un derbi de empate.
- O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial.
- FSF: Xornada de derbis, empates e derrotas.
- FSF: Xornada de avións e partidos apretados.
- O Fisober estreou campaña cunha festa.
- O Lira FSF estrea a Liga Provincial con vitoria.
- O Lira FSF estreouse por todo o alto.
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.