Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O IDC dase de baixa

O IDC dase de baixa
O Independiente de Carballo retírase da competición

Leva xa varios meses tendo problemas de efectivos, e mesmo chegou a xogar algún partido con 10. Unha situación extrema que leva á directiva do Independiente de Carballo, no seu 4º ano de vida como equipo federado, a comunicar a baixa federativa da 2ª Autonómica.

A directiva pon razóns como a "falta de compromiso de algúns xogadores" ademais de outros asuntos laborais de ata 7 compañeiros, que fan imposible continuar adiante. Ademais, economicamente o equipo tampouco estaba en perfecto estado.

Deste xeito, o equipo carbalés xa non viaxará esta tarde de sábado a Ara Solis, onde tiña o partido marcado co Fisterra.

Veremos agora que decide a Federación, malia que o máis seguro é que todos os choques do IDC da segunda volta queden anulados e se conten como derrotas do cadro carballés por 3-0.

Mui boas a todos,dende o I.C.D keremos comunicar a baixa federativa do ekipo na segunda rexional,liga da costa,o motivo é a falta de compromiso de alguns xogadores e por razons laborais de outros,polo q é imposible xuntar xente pa disputar os partidos e tampouco economicamente somos ken de facer mais fichas,moi o noso pesar,vemonos obrigados a tomar esta decision!!!!

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios