Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Mala fin de semana no Balonmán Camariñas, boa para a familia Xiria

Mala fin de semana no Balonmán Camariñas, boa para a familia Xiria
Balonman Camarinas-Encaixe 2013-2014-Foto-Jorge Parri

Doble vitoria da familia Xiria en 1ª Estatal masculina e na 1ª Autonómica Feminina. O Calvo Xiria e o Goldie conseguía sendas vitorias.

Non foi tan boa a fin de semana para o balonmán camariñán. Os de 1ª Autonómica caían ante o Rasoeiro, quedando desprazados xa á 6ª praza, lonxe dos postos de ascenso.

Ademais, as xogadoras da 1ª Autonómica Feminina caían ante o Lavadores en Vigo, pero aínda que era un partido crucial para as posibilidades das nosas o resultado de Sar contra o Lalín, equipo que visita Camariñas esta semana, dá máis ás se cabe as posibilidades que ten este equipo.
Unhas camariñás que se queixaron da falta de respecto dos afeccionados locais, chegando a insultar ás nais, ás parellas das xornadas, mesmo cuspindo no banco... Cousas que esperan non ter que atopar de novo.

1ª División Estatal

  • Resultado: OAR CORUÑA - CALVO XIRIA (19-25).
  • Calvo Xiria 25 (11+14): Iago [p], Ramón (2), Rubén , Sergio (2), Chimpo (5), Jorge, Manuel (4) -equipo inicial- Zúpez [p], Pablo (4) , Gonzalo, Zas (3), Calvete, Brais (5), Martín.
  • Marcador: 1-2, 2-4, 4-7, 7-8, 8-9, 8-11 (descanso); 9-13, 12-16, 13-18, 16-18, 18-22, 19-25.

Pouco máis dun centenar de espectadores no Pavillón San Franciso Javier, dos que, a pesar da desapacible tarde, a maior parte desprazáronse dende Carballo para seguir ao seu equipo. Novo derbi provincial e nova vitoria para o Calvo Xiria, desta volta no papel de visitante ante o OAR da Coruña. O marcador final de 19 a 25 concede dous novos puntos aos carballeses na loita por acadar os postos máis nobres da táboa clasificatoria.

A igualdade agardada non foi tal xa que houbo un factor desequilibrante no partido, a defensa verdibranca. Foi quen o Calvo Xiria de deixar aos coruñeses, cunha media esta tempada de 29 goles a favor por partido, en só 19 dianas. Dende o inicio puxo o listón moi alto, concentración e intensidade no plano individual e colectivo defensivo, ao que houbo que engadir unha moi boa actuación na portería de Iago. As continuas axudas defensivas, nun partido no que todos os xogadores raiaron a un moi bo nivel, impedían aos lanzadores coruñeses ter opcións de gol.
Pouco a pouco e aproveitando os contraataques acadou as primeiras vantaxes, que chegaron a ser de catro goles no minuto quince, mais unha situación de inferioridade 6 contra 4 permitiu ao conxunto local meterse no partido e situarse a un gol, mais ca igualdade numérica amosouse de novo superior o cadro carballés que marchou para o descanso cunha vantaxe de tres goles.
O segundo tempo foi un calco do primeiro, cun conxunto mandando no ritmo de xogo e no electrónico. Unicamente a perda da continuidade no movemento de balón no ataque carballés permitiu un achegamento no marcador, mais foi un espellismo. Con novos folgos na ofensiva e cunha mellor selección de lanzamento o Calvo Xiria sentenciou un encontro que lle da un moi bo reforzo psicolóxico para o que queda de competición e no que foi superior dende o inicio ata o asubío final.

A vindeira xornada de novo o Calvo Xiria será visitante, desprazándose a Ourense para se enfrontar ao Bm Pabellón, ás 18:30 no Pavillón Municipal Os remedios.

17ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina

  • Resultado:; GOLDIE XIRIA - CARBALLAL (14-11) (8-7)
  • GOLDIE XIRIA 14 (8): Sara (p), María 1, Lucía, Juana 6, Adriana 2, Cris 3, Jessica 2 (equipo inicial) Raquel , Tamara , Zeltia, Isa, Sandra, Manón e Natalia.
  • Marcador cada 5 minutos: /1-1/ /1-1/ /3-2/ /5-3/ /7-5/ /8-7/ /9-8/ /9-8/ /11-9/ /12-10/ /14-10/ /14-11.

Vitoria do Goldie xiria diante duns 120 espectadores no Vila de Noia, un Carballal nun partido onde se impuxeron craramente as defensas e a portería sobre os ataques. Partido dominado no marcador en todo momento polo Goldie aínda que lle costou obter unha ventaxa suficiente como para decidilo antes do pitido final.
A defensa 5:1 local atragantóuselle ás xogadoras do Carballal que revasaban con dificultade a liña defensiva do Xiria e, cando o facían, atopábanse cunha moi entonada Sara na portería. Tampouco tiñan o seu día diante da portería as xogadoras do Goldie que perdoaban moito, pese a chegar con claridade, diante de Nogueira, gardameta do Carballal.
A intensidade defensiva por ambos lados foi absoluta e por veces trabou moito o encontro que se decidiu máis polas gañas do Xiria que polo empeño de enmarrañar o xogo das olívicas.

Vitoria moi importante no aspecto anímico para un Goldie Xiria que nas próximas xornadas se enfrentará a equipos da zona baixa da táboa. Este próximo sábado viaxará a Ourense para medirse ao Pabellón a partir das 8 da tarde.

1ª División Autonómica, xornada 1

  • Resultado: Bm. Rasoeiro - Bm. Camariñas (24-34)

16ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina

  • Resultado: Lavadores - Bm. Camariñas (29-17) (14-8)
  • Bm Camariñas: Karen (p), Tina (1), Sara (10), Aida (2), Mónica (2), Cris Barreiro (1) e María Oanes. Tamén xogaron: Alicia (7), Cris Caamaño, Cris Sande, Raquel e Vero.

Partido moi difícil e moi trabado para as nosas xogadoras onde en ningún momento se encontraron cómodas frente a un equipo que estivo mas acertado cara a portería. Primeira parte onde as de Camariñas intentárono todo para que o equipo de Lavadores non se escapara no marcador pero non era o día nin en defensa nin en ataque, a pesar de estar incómadas marcáronse o vestiario con opcións de entrar no partido na segunda parte visto o xogo das de Vigo.

Segunda parte con máis ganas e mais corazón ca xogo donde o Camariñas poñíase a 4 goles pero as decisións arbitrais en momentos claves do xogo desquiciaron definitivamente as nosas xogadoras (8 exclusions por parte do Camariñas e 2 por parte de Lavadores, e 9 penaltis a favor de Lavadores e 2 para as de Camariñas).

Esta semana o Camariñas enfréntase a Lalin as 17:00 no Areal, equipo que vén de ganarlle a Sar, o segundo clasificado da liga, partido que se asoma moi complicado e que as nosas xogadoras terán que dalo todo para levarse os 2 puntos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios