sábado. 07.06.2025
El tiempo

Non para o #FútboldaCosta: Axenda para unha fin de semana moi copeira

Non para o #FútboldaCosta: Axenda para unha fin de semana moi copeira
Os choques da Terceira tamen son protagonistas

Non para o fútbol da Costa. Rematou a Liga da Costa cun final tremendamente emocional, pero seguen varias competicións ligueiras, e ademais, volve a Copa da Costa. Imos repasando por categorías, arrincando pola competición copeira, e un dos torneos máis esperados do verán, o Campionato de Barrios de Esteiro.

Ademais, unha cita interesante con unha nova presentación do libro "50 anos da historia do Fútbol da Costa" para o sábado 16 de maio, ás 13 horas, presentaremos na Librería Brañas (Gran Vía) de Carballo.

Retomamos a Copa

Domingo copeiro teremos para esta ida dos Oitavos. Uns Oitavos que teñen varias eliminatorias ben fermosas, como o San Lorenzo-Corme, ou o Baio-XSC (o cadro baiés despois de anunciar que Félix non seguirá o ano que vén), posiblemente as dúas máis potentes, pero que nos deixarán tamén uns fermosos choques entre Sofán, que aposta moito pola Copa, e Buño; un Castriz-Cee ou un Carnota-Camariñas.
Xa se demostrou nos Dezaseisavos que os equipos da Preferente non teñan a Copa gañada, e Ameixenda e Castrelo queren demostralo dando a sorpresa dende a 3ª. O Ameixenda terá derbi co Fisterra, e o Castrelo enfrontarase a un Zas, que despois de perdela Liga no último segundo, afronta con ilusión a Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, o gran obxectivo. En todo caso, este domingo arrinca e ao cadro zasense tócalle descansar.

O XSC, ca auga ao pescozo na Preferente, con Doro como míster

Doro a alma deste XSC dando unhas emotivas palabras na recepcion oficial-Foto-Jorge Parri

Penúltima xornada na Preferente - Senra Sport e se o Dumbría non se xoga nada, o XSC non pode sumar outra cousa que non sexa a vitoria. E o fará con Doro como novo adestrador. O alma máter deste equipo, lesionado dende hai mes e medio, toma o relevo tras unha xornada con Juan Lois á fronte trala destitución de Coméndez.
Visita Fontenla o pechacancelas Dorneda, e o equipo, aínda en postos de descenso, necesita pegar un salto e esperar a ver que fan o Residencia ate o Mugardos, en plena loita polo ascenso directo; e O Val e Sarriana, que se enfrontan nun duelo directo. Os 4 equipos, nunha marxe de 2 puntos, co cadro xalleiro no medio e medio, teñen que evitar as dúas prazas de arrastre que chegan dende a 3ª División.

Dúas loitas moi abertas na 3ª Autonómica

Quedan tamén 2 xornadas para o final da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, e co título decidido aínda queda moito en xogo. Por arriba, Ameixenda e Coristanco xóganse o ascenso directo a unha baza, na Finalísima deste sábado na Rocheira entre ambos, e o que gañe terá medio ascenso feito. O que non, terá que ir á Promoción, na que Corcubión, Muxía, Nantón e Lira seguen pelexando polas 3 prazas restantes. Descansa o Nantón, polo que o Lira, se vence ao xa relaxado Cerqueda, pode volver a superalo e meterse nas prazas. Mentres, o Corcubión se gaña aseguraría praza, a pesar de descansar a semana que vén, e o Muxía tamén está a 3 puntos, que pode conseguir ante o Castrelo, de asegurala Promoción.

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas

Comezan esta fin de semana os campións costeiros as Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil. Os segundos clasificados (Miúdos en Xuvenís e Cabana en Cadetes) terán que esperar unha semana, pero os Dumbría xuv., Corme cad. e XSC inf. teñen doble partido, venres e domingo. Eliminatorias complicadas para os nosos ante Cerceda, Rayo Sadense e Montañeros respectivamente.

Os tras parten con moitas opcións e necesitarán da súa afección para levar máis equipos á categoría autonómica, despois dos descensos de XSC cadete e Dumbría infantil.

Continúan no Norte co F8

Se ben os campións do Sur esperan aos as Fases Finais galegas de F8 para o sábado 23, polo Norte seguen ca súa liga, con aínda 4 xornadas por diante. Cabana e Corme pelexan en Alevíns e Muxía e Cabana eos propios cormeláns en Benxamíns, se ben todos buscan as 4 prazas que dan acceso á Copa de F8 do Conchido.

Copa da Costa de Veteranos

Ademais, arrincan os Dezasiesavos da Copa da Costa dos Veteranos, unha competición tremendamente vivida.


Copa da Costa, ida dos Oitavos

Copa da Costa 2015 IDa Oitavos

Preferente - Senra Sport, xornada 37

Castro17/05 - 17:00Dumbría
Xallas StComba17/05 - 18:00Dorneda

3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 35

Coristanco16/05 - 17:00Ameixenda
Muxía16/05 - 17:00Castrelo
Corcubión16/05 - 17:30Laxe
Lira16/05 - 18:00Cerqueda
  • Descansa Nantón.

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

15/05 - 20:00
Cerceda - Dumbría17/05 - 11:00

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

15/05 - 18:00
Rayo Sadense - Corme17/05 - 11:00

Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil

15/05 - 20:00
XSC - Montañeros17/05 - 11:00

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, Segunda Fase, Descenso Grupo Impar, xornada 12

Dumbría16/05 - 10:30Bergantiños

F8 Alevín Costa Norte, xornada 11

Corme15/05 - 19:00Cabana
Baio15/05 - 19:00Zas
Coristanco16/05 - 19:00Muxía
  • Descansa Vimianzo.

F8 Benxamín Costa Norte, xornada 11

Corme15/05 - 18:00Cabana
Baio15/05 - 18:00Zas
Coristanco15/05 - 18:00Muxía
  • Descansa Vimianzo.

Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Dezaseisavos

Copa da Costa Veteranos 2015 Ida Oitavos
  • Todos os partidos ás 11:00h agás os Cabana-Malpica e Soneira-San Román que son ás 10:00h.

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios