Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Fisober acariña o ceo

O Fisober acariña o ceo

Un Pavillón de Vimianzo ateigado e entregado fundiuse coas xogadoras dun Fisober enorme convertíndose na simbiose perfecta para que as da Costa queden a só tres puntos do título de Liga Autonómica a falla de tres xornadas despois de golear este sábado ao segundo clasificado, o Mos.

Como previa do choque, o pavillón acollía un interesante derbi na Liga Provincial entre o Fisober B e A Salina de Esteiro. As esteiranas, nun choque cheo de bo ambiente e deportividade, endosaron castigo demasiado duro tralo visto no partido ás vimiancesas.

Así e todo, todas celebraron a vitoria do equipo de Autonómica:

Liga Autonómica

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - CONCELLO DE MOS (6-1)
  • FISOBER: Paula, Patri, Nuria, Ana e Barca; Tamén xogaron: Elsa, Noelia, Ylenia, Myrella, Olalla, Eva e Alba.
  • Goles: 1-0 Ana, (descanso ), 2-0 Barca, 3-0 Patri, 4-0 Barca, 4-1 Vanesa, 5-1 Ana, 6-1 Nuria.

Conscientes da importancia do partido os dous equipos saíron totalmente concentrados a pista, pero as locais tentaron impoñer o seu ritmo e o seu xogo.
As primeiras ocasións foron para elas e así unha chegada por banda de Patri tivo que ser enviada a saque de esquina pola visitante Asun. E casi sin tempo para respirar era Barca a que tiña a opción de abrir o marcador.
As locais seguían o seu e Nuria de forte disparo poñía a proba de novo a Asun os cinco minutos.

Pero rondando os oito minutos de partido chegaron os mellores momentos visitantes a contra que foron ben freados pola meta local Paula. Primeiro foi a visitante Silvia quen recuperou para despois tentar sorprender dende lonxe por encima. Despois foi a perigosa e bulliciosa Vanesa quen se topou con Paula.

Chegábase o intermedio desta metade e de novo Barca non atinaba para adiantar as súas. A resposta visitante non se fixo esperar e de novo Vanesa non era quen ante unha inmensa Paula.
Parece que estes sustos puxeron en alerta a un Fisober que decidiu non dar máis marxe de maniobra as visitantes neste tempo e lanzouse na busca do gol. No minuto trece primeiro Ana lanzaba para que atallase Asun e despois era o turno de Barca.
Achuchaban cada vez máis as locais ata o punto que despois dunha xogada de Patri as de Mos case fan gol en propia porta. E tanto foi o cántaro a fonte que a cinco para o fin as visitantes cometeron penalti.
Un penalti o cal tomou a responsabilidade de tirar Ana e que supuxo o gol que deu un pouso de tranquilidade as locais.
Nos últimos minutos deste periodo buscaron un segundo gol sin descanso, dispuxeron de ata tres contras finalizadas por Nuria pero que non tiveron o premio do gol. E na última xogada antes do tempo de lecer unha contra a desesperada xa que remataba o tempo petou en Elsa e foise amodiño a rentes do pau.

A saída da segunda metade as visitantes decidiron dar un paso adiante conscientes de que se lles escapaba a Liga. Pero como na primeira metade fora Paula nesta segunda Eva tamén estivo inmensa. Ningunha das dúas deron un alo de esperanza o rival.
Aos catro minutos Barca tiña a ocasión para o segundo local. A resposta visitante foi por medio da pivote Katty que bateu no pau de Eva. Pero o partido xa collera un ritmo endiañado e Nuria topou con Asun na contra.
E claro, tocáballe disparar as visitantes pero Eva era un muro infranqueable. A resposta do Fisober deulle a opción a Elsa e Ana. Corrían os minutos nun sin vivir e chegaron as últimas grandes opcións no ida e volta para as visitantes pero Adriana ata en dúas ocasións non pudo superar a Eva.

Todo mudou e se clarificou cando aos oito minutos Barca facía o segundo gol local ante o delirio do público. E sin tempo a disfrutalo era Patri a que puña o terceiro e mataba totalmente o partido.

Xa que logo as visitantes pediron tempo morto e optaron pola porteira –xogadora como última nave para seguir vivas na Liga. A ruleta rusa foi un manxar para as locais, cada roubo era unha opción de perigo clara, así Nuria ou Patri probaron sorte dende propio campo. Mesmo a porteira Eva estivo en varias ocasión preto do gol. Só a sete para o fin un disparo da visitante Katty se foi de novo o pau.
Pero o Fisober a contra era mortal e Barca facía o cuarto a sete para o fin. Mos seguía co ataque de cinco e o premio tiverono cun tiro cruzado de Vanesa a cinco para o fin.

Puro espellismo xa que a catro para o fin un roubo de Ana propiciou o seu tiro dende propio campo para poñer o quinto e casi deseguido Nuria facía o sexto.
Dende aí ata o fin festa nas gradas, e un par de dobre penaltis para as locais nos pes de Noelia e de Ylenia que mandou o seu lanzamento o longueiro.E os dous equipos desexando xa o fin.

O final do partido desatou a festa nas gradas e deixou a só unha vitoria do título de Liga Autonómica o Fisober.

Liga Provincial

  • Resultado: FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – A SALINA (0-6).
  • FISOBER B: Catti, Iria, María, Tamara e Inés; tamén xogaron: Mónica, Laura, Cris, Natalia, María Maroñas, Nuria e Loly.
  • A SALINA: Alicia, Inés, Merche, Carmen e Leticia; tamén xogaron : Uxía, Sandra e María.
  • Goles: 0-1 Inés , 0-2 Merche , 0-3 Leticia, (descanso), 0-4 Inés, 0-5 Sandra, 0-6 Merche.

As do filial do Fisober saíron dispostas a prantar cara as de Esteiro e seguir ca súa melloría e boa imaxe das últimas semanas e certo que o conseguiron a pesares do abultado resultado.
Os dous equipos xogaron sin presión e tentando disfrutar e por eso o partido foi vistoso. Os catro minutos despois dun saque de esquina e uns rexeites as visitantes adiantabanse no electrónico. Pero as locais non se rendiron, comenzaron a combinar e tentar poñer en apuros a meta defendida por Alicia.

Despois dun saque de banda foi a local Inés a que se atopou un pasillo e fixo intervir a meta visitante para evitar a igualada. Case de seguido unha boa combinación das locais rematou cunha gran ocasión para a súa capitana María.
Pasaban os minutos e as locais seguían cómodas sobre a pista, combinando na busca da igualada que non chegaba.
Ata que a falta de oito minutos para o tempo de lecer as de Esteiro aproveitaronse dunha imprecisión local para poñer máis terra de por medio co seu segundo gol. E a dous para o fin Leticia poñía o terceiro para as de Esteiro e unha difícil lousa para o filial.

Aínda así saíron con gañas de meterse no partido e tralo tempo de lecer, seguiron tocando e combinando para conseguilo pero non foron quen de logralo e eso que tiveron opcións para elo.
Mediada a segunda metade foi a visitante Inés a que facía o cuarto e pechaba definitivamente as esperanzas locais.
Dende aquí ata o final o partido abriuse un pouco máis e os dous equipos dispuxeron de ocasións pero solo as visitantes foron quen de materializalas, a falta de dez minutos Sandra fixo o quinto. E no último foi Merche a que marcou despois dun disparo lonxano.

Vindeira cita

Vindeira xornada

  • Liga Autonómica- F.S.F. Concello de Guntín - Fisober F.S.F.
  • Liga Provincial:
    - F.C. Meigas - Concello de Ponteceso F.S.F.: 31/03/2012 ás 16:00 no Polideportivo de Bertamirans.
    - A Salina de Esteiro - A Fervenza F.S.F.: 31/03/2012 ás 19:00 mo I.E.S. As Telleiras.

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..

Comentarios