Sábado. 10.12.2022
El tiempo

O Fisober achégase á gloria

O Fisober achégase á gloria

Achégase ao título o Fisober Concello de Vimianzo trala súa vitoria ante o Marcón tras un grandísimo e intenso partido. O cadro soneirán foi un bloque e chegará como líder en solitario ao partido chave do próximo sábado en Vimianzo fronte o segundo clasificado o Mos. Unha vitoria daríalle practicamente o título da Liga Autonómica, o máis grande acadado na curta historia do cadro costeiro.

Ademais o filial vimiancés sumouse á festa do primeiro equipo conseguindo vencer tamén, acadando por primeira vez na tempada unha doble vitoria dos equipos A e B na mesma fin semana. As mozas da Liga Provincial, guiadas por unha saída fulgurante con tres goles nos primeiros seis minutos, conseguíu superar a outro equipo da zona baixa.
Pola súa banda A Salina de Esteiro descansaba esta semana e o Concello de Ponteceso FSF aprazaba o seu encontro ante O Pino.

Liga Autonómica

  • Resultado: MARCÓN - FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (2-4).
  • FISOBER: Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron: Nuria, Ylenia, Myrella, Noelia, Eva e Olalla.
  • Goles: 0-1 Nuria, 1-1 Carla, 1-2 Nuria, (descanso), 2-2 Vanesa, 2-3 Patri, 2-4 Patri.

Despois duns primeiros minutos cheos de intensidade pero cos dous equipos máis preocupados da defensa e de non deixar que lles crearan que de crear, tivo que ser unha chegada por banda dereita da visitante Nuria quen disparou cruzado e o balón foise lambendo o pau.
Esa xogada deu vía libre as ocasións e as locais despois dunha falta, acolleronse a pizarra e o seu lanzamento tamén se foi lambendo o pau pero da porteira do Fisober Paula que como sempre estivo moi segura.
Ata que os nove minutos Fisober engarzou unha gran combinación que rematou cun lanzamento de Patri que detivo Oti pero o rexeite aproveitouno Nuria para poñer en vantaxe as da Costa.
Pouco lles durou a ledicia xa que dous minutos despois as locais igualaron o electrónico despois dunha contra e de unha serie de rexeites no área tivo que chegar Carla para mandar o fondo das redes.

O partido seguiu a desenvolverse con intensidade e garra polas dúas escadras. Así unha chegada por banda esquerda de Noelia foi enviada a saque de esquina por Oti. Pero as locais a contra a piques estiveron de adiantarse cando a súa capitana Jennifer mandaba o pau a cinco para o tempo de lecer.
Eso pareceu darlle folgos as visitantes que respostaron cuns grandes minutos. Primeiro foi Barca quen despois dun balón parado rematou co calcaño pero non conseguiu marcar.
Quen si puxo en vantaxe as do Fisober foi Nuria quen non errou nun man a man aproveitandose dun erro no pase local. E antes do parón Ana, case consigue o terceiro.

A segunda metade comenzou cunha ocasión local que fixo intervir a Eva que ocupou a portería visitante neste tempo. Os minutos foron pasando pero o partido non perdía un ápice de interese. Ningún dos dous equipos renunciaba a deixarse unha gota de sudor.
As seis minutos de novo Eva era un muro desta vez para Bea. E foi cando os oito minutos se pudo pasar do 1 a 3 cando Nuria mandaba o seu disparo o pau e na contra as locais facían o 2 a 2 por medio de Vanesa.
Pero desta vez a quen lle durou pouco a ledicia foi as locais xa que un minuto despois unha combinación entre Ana e Patri propiciou que esta última puxera en vantaxe o Fisober.
O Marcón, comandado pola súa capitana Jennifer, tentou un último esforzo para a remonta, e primeiro cun cabezazo rozando o pau e despois cunha volea que detivo Eva, queimou as súas últimas ocasións.
Ata que a sete para o fin de novo Patri rematou para facer o cuarto e case finiquitar o partido. Xa que dende aquí ata o fin as da Costa redoblaron o esforzo defensivo para conquerir a vitoria. E aínda tiveron ocasións a contra para vivir máis tranquilas os últimos minutos. A catro para o fin unha falta que lanzou Ana foi rexeitada pola porteira Oti e Patri colleuno pero enviou fora.
E a dous para o fin de novo Patri encarou a porteira local, lanzou entre as súas pernas e cando o balón parecía entrar amodiño a Oti reaccionou e salvou ou non o gol xa que tirouse e moveu a portería , nun auténtico gol pantasma xa que foi imposible determinar si foi ou non gol.
O gol non subiu o eléctronico, pero os minutos foron pasando e o Fisober fixose co balón e moveuno para que correse o tempo e se chegase o final con tres importantísimos puntos.

Liga Provincial

  • Resultado: ESPARTANAS - FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” (1-4).
  • FISOBER B: Catti, Iria, María, Tamara e Inés; Tamén xogaron : Laura, Mónica, Cris, Loly, María Maroñas, Nuria e Natalia.
  • Goles : 0-1 Inés, 0-2 Inés, 0-3 Inés, 0-4 Inés, (descanso), 1-4 Patricia.

O filial saio totalmente concentrado e xa no primeiro minuto Inés adiantaba as súas. Lonxe de conformarse seguiron apretando e os tres minutos primeiro Tamara, logo María e finalmente Inés tiveron grandes oportunidades para aumentar vantaxe.
Unha vantaxe que si conseguiu aumentar Inés os cinco minutos. E os seis a mesma Inés facía o terceiro para o filial e tamén na súa conta. Unha Inés que erraba solo un minuto despois o máis fácil que podía ser o cuarto.
As da Costa enchufadísimas seguían a gozar de ocasións gracias a intensidade que mostraban.
Despois do gran comenzo e dun tempo morto local para calmar as cousas, o partido tranquilizouse algo pero as do filial seguiron dominando o partido a pesar da rotación de xogadoras. As da Costa seguían a ter ocasións e María ou Mónica tentárono o igual que Iria.
No minuto quince foi a visitante Cris a que gozou da oportunidade para aumentar o electrónico e tres minutos despois a mesma Cris non chegaba por centímetros para empuxala.
A que non errou foi de novo Inés que a dous para o tempo de lecer facía o cuarto para o filial e tamén na súa conta particular.

A segunda metade comenzou cunha ocasión para as locais nun dos seus poucos acercamentos do partido.
Pero foi un espellismo chegando os minutos para as ocasións da capitana visitante María que ata en tres ocasións vio como os seus tiros foron repelidos pola porteira local Sandra, por moito que facía o gol pelexouse con ela na maña do domingo.
O relevo de María tomouno de novo Inés para gozar de moi boas ocasións pero Sandra decidiu que non quería apañar máis goles.
Os minutos pasaban e as do filial disfrutaban dun partido cómodo. Nos últimos minutos chegaron un par de aproximacións locais e así no último minuto foi a local Patricia a que facía o gol para as Espartanas.

Chegouse así o final do partido e as do filial festexaron así o seu terceiro triunfo da tempada e lavaron de paso a imaxe do mal partido que fixeran na primeira volta.

Vindeira xornada

  • Liga Autonómica- Fisober F.S.F. - O Montiño Conc. Mos F.S.F.: sábado 24/03/2012 no Municipal de Vimianzo.
  • Liga Provincial:
    - Concello de Ponteceso F.S.F. - Fame Negra F.S.: sábado 24/03/2012 ás 19:00 no Municipal de Ponteceso.
    - Fisober F.S.F. "B" - A Salina de Esteiro.

Máis información

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba..

comentarios