Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O Fisober desbota a primeira oportunidade para asegurar a permanencia

O Fisober desbota a primeira oportunidade para asegurar a permanencia
Categorias-inferiores-do-Fisober

Só queda o Fisober de 2ª Estatal en competición. Pero a fin de semana deparou tamén un bonito triangular das máis pequenas. As alevíns do Meigas de Ames, o Viaxes Amarelle de A Coruña e mais do Fisober de Vimianzo fixeron vibrar ao público antes do partido das maiores.

E non deixou boa impresión un Fisober que deixou escapar a primeira ocasión de sentenciar unha permanencia que non periga demasiado., pois quedan 6 xornadas e ten 8 puntos de vantaxe. Así, nunha tarde moi dura e difícil polo marcador para as da Costa, da que se poden aprender moitas cousas, a única boa noticia foi o debut da cadete Laura en 2ª División.

2ª Estatal

O-Fisober-ante-o-Arcos-Lorgono
  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - 4 ARCOS LOGROÑO (1-7).
  • FISOBER: Eva, Inés, Elsa, Ana e Myrella; tamén xogaron: Noelia, Nuria, Olalla, Ylenia e Laura.
  • Goles: 0-1 Natalia, 0-2 Virginia, 0-3 Sonia, 0-4 Ana Palacios P. ( descanso ) 0-5 Virginia, 0-6 Bea, 0-7 Natalia , 1-7 Ana.

O resultado fala por si só, o Fisober xogou o peor partido da tempada e que se lle recorde e perdeu a oportunidade de selar a salvación matemática ante un rival directo. Aínda que o partido arrancou cunha oportunidade para as locais froito dunha deixada de Inés para Ana foi un mero espellismo. Xa que o xogo de ambos conxuntos era insípido e sen profundidade e cunhas xogadoras locais que semellaban non estar metidas no partido. Así pasaron e pasaron os minutos con máis pena que gloria.

Ata que os catorce minutos unha contra das rioxanas rematou co gol de Natalia. Pero nin con esas parecía reaccionar o Fisober. Os dezasete minutos foi Virginia a que marcaba o segundo gol para as visitantes.
A pouco máis de un minuto para o tempo de lecer era Sonia a que lograba o terceiro de maneira similar os anteriores e chegando os últimos segundos desta primeira metade Ana Palacios P. facía o cuarto e desesperanzador gol.

Con esa lousa sobre as xogadoras locais arrancou o segundo tempo. As visitantes cada vez máis tranquilas e as locais máis nerviosas. Así os cinco minutos da segunda metade foi Virginia a que lanzou o balón petou en Nuria e foi o quinto das rioxanas.
Nuria quixo resarcirse e tivo unha boa ocasión para facer o gol da honra nese mesmo minuto. Pero quen si marcou foi a visitante Bea para facer o sexto. As caras das locais era un poema e as das visitantes irradiaban felicidade. Noelia mandou un lanzamento o longueiro por parte local e Natalia facía o sétimo gol visitante mediada esta segunda metade.

Dende aquí ata o final as locais buscaron polo menos un gol, que chegou a trinta segundos para o fin por mediación de Ana.

Vindeira cita

2ª División Estatal:
- C.D. F.S. SAN BERNABE - FISOBER F.S.F. sábado, 13 de abril de 2013

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da tempada 2012-2013

Comentarios