O Fisober volve de baleiro de Bilbao e o Ponteceso FSF vence o derbi á Esteirana
Non foi o día do Fisober na súa visita o Tecuni Bilbo na 2ª División Estatal. As xogadoras da Costa, que non ofreceron a súa mellor versión e o pagaron contra un dos favoritos da categoría, quedan na 8ª praza, aínda con 4 equipos por debaixo. Así e todo disfrutaron dunha viaxe encantadora, e puideron ver de preto un San Mamés a piques de morrer.
A atención na Liga Provincial estaba no derbi entre Ponteceso FSF e Esteirana, que se decantou do bando das de Pondal pola seriedade e eficacia das de Barca. Unha vitoria que deixa ás pontecesáns na fantásitca 3ª praza, con 5 puntos por diante dunha Esteirana na 5ª posición.
Ademais, continúa mellorando a súa imaxe pouco a pouco o filial do Fisober e desta vez tocoulle puntuar por fin nesta segunda volta e foi na tarde noite do sábado na casa do equipo que arrancaba coma terceiro clasificado a xornada. Un partido no que o filial se puxo en vantaxe por dúas veces, pero finalmente rematou en igualada.
2ª División
- Resultado: TECUNI BILBO – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” (6-1).
- FISOBER: Eva, Elsa, Ana, Barca e Myrella ; tamén xogaron : Nuria, Noelia, Ylenia e Olalla.
- Goles: 1-0 Eva, 2-0 Vicky, 3-0 Jess ( descanso) 4-0 Almu, 5-0 Aroa, 6-0 Vicky, 6-1 Barca.
As vascas arrancaron co dominio do balón buscando manter a xeira que as trae sen perder dende o 3 de Novembro e confirmar a súa candidatura o título xa que partían coma unha das escadras favoritas a comezo da competición. O Fisober esperaba a media pista e na busca de algunha contra para sacar algún beneficio. Ós dous minutos a local Isa vía coma o seu lanzamento petaba no pau. E solo un minuto despois un lanzamento cruzado de Eva subía o electrónico para o un a cero.
A pesar do gol o partido continuou co mesmo guión, con dominio local e as da Costa buscando pescar algo. Pasaban os minutos e as locais non conseguían aumentar a diferenza no electrónico, o cal lle daba un certo crédito o Fisober no partido. E case o aproveita cando nunha contra os dez minutos Nuria encarou a porteira visitante pero finalmente non foi quen de superala. A resposta local foi inmediata pero tampouco as vascas foron quen de marcar. Parecía que se abrira algo o partido xa que era a visitante Noelia a que tiña outra clara ocasión para igualar o partido. Estas dúas ocasións do Fisober , quizais puideron cambiar o rumbo do partido pero non o fixeron.
As locais non quixeron sufrir máis sustos e continuaron co seu dominio ata que nos últimos minutos da primeira metade foi Vicky a que fixo o dous a cero. Todo empeorou cando a trinta segundos do tempo de lecer Jess poñía o 3 a 0 e finaba o partido na cabeza das xogadoras do Fisober.
A volta do tempo de lecer as ocasións para o Tecuni eran máis claras e tarde ou cedo chegarían máis goles. Aínda así os minutos pasaban e o Fisober ía capeando o temporal ata que no minuto sete desta segunda metade Almu facía o cuarto, no nove era Isa e no once foi Vicky para o seis a cero. Con ese resultado e o partido decidido o xogo abriuse máis e as ocasións xa eran máis asiduas en ambas porterías. As visitantes Ylenia e Barca tiveron opcións de marcar o gol da honra, un gol que finalmente chegou por medio de Barca xa dentro do último minuto.
Liga Provincial
- Resultado: PONTECESO - ESTEIRANA (2-0)
- A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Alba Reyes, Alba Marrozos e Silvia.
- ESTEIRANA: Maruxa, Inés, Merche, María del Carmen e Sandra – tamén xogaron- María.
- Goles: 1-0, min.15: Carmen; 2-0, min.35: Carmen.
Chegaba nun bo momento o Esteirana tras gañar 3 dos seus últimos 4 partidos, aínda que con varias baixas e dispoñendo dun só cambio. As locais tamén chegaban nun bo momento a este partido, coas xogadoras ó 100% tras superar os problemas físicos das pasadas semanas e coas únicas baixas de Anabel e Chris por lesión.
As xogadoras de Barca (na grada por sanción) e Curro saíron a presionar arriba, mostrando desde un principio ás rivales que tiñan a intención de gañar o partido. Os dous equipos foron creando ocasións de gol, evitando as dúas porteiras que o balón traspasara a línea de meta. Foi no minuto 14 cando, tras unha xogada individual e un bo tiro cruzado, Carmen consigue anotar o primeiro gol do partido que daba a vitoria momentánea ó Ponteceso. As visitantes non baixaron os brazos e tiveron varias ocasións para marcar, pero Salomé evitou en todas elas que puideran conseguir o tanto do empate. A poucos minutos do final da primeira metade, Alba Reyes tivo unha clara ocasión para anotar o 2-0 e ir tranquilas ó descanso, pero o balón saíu rozando o pao. Chegábase así ó descanso co 1-0 no marcador.
A segunda parte foi un tira e afrouxa de ambos equipos, que seguiron na misma liña da primeira metade, creando algunha ocasión pero sin fortuna. As xogadoras visitantes efectuaron varios tiros a portería e tiveron varios man a man con Salomé, e esta evitou outra vez que empataran o partido. As locais tamén tiveron oportunidade de aumentar aínda máis a ventaxa no marcador con varios contragolpes, pero a mala puntería e a porteira visitante evitaron que eso sucedera. Pero no minuto 36 e noutro contragolpe, Carmen conseguía anotar o 2-0 tras un pase de Alba Reyes ó segundo pao, era o segundo tamén na súa conta e conseguía así a ventaxa necesaria no marcador que lles daba a tranquilidade de saber que os 3 puntos estaban máis cerca de quedarse na casa. A pesar do 2-0 en contra non se deron por vencidas as de Esteiro, que intentaban anotar un gol de todas as formas, efectuando varios tiros desde lonxe da portería. Pero chegou o final do partido coa portería das pontecesanas a 0. A pesar de que non foi un gran partido do Ponteceso FSF, as xogadoras marcharon sabendo que cumpliron co obxetivo de gañar o partido e así poder colocarse no terceiro posto da tabla clasificatoria.
Liga Provincial
- Resultado: MABEGONDO – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” (2-2).
- FISOBER B: Martina, Noelia, Paula, María e Inés ; tamén xogaron : Laura, Natalia, Tamara, Mónica, María Maroñas e Iria.
- Goles: 0-1 Inés, 1-1 Gema, (descanso) 1-2 Tamara, 2-2 Gema.
O filial comenzou adiantándose no electrónico por mediación de Inés , pero o seu gol foi neutralizado por Gema antes do tempo de lecer. A volta de vestiarios voltou a pasar o mesmo , Tamara marcaba para poñer o filial do Fisober novamente en vantaxe e foi María a que igualaba para un dous a dous que foi definitivo. Quizais se o Fisober B andivera un pouco máis atinado na definición poidera pescar algo máis.
Destacar o primeiro gol de Tamara na Liga Provincial nunha tempada que arrancou lesionada e que por fin lle deu unha pequena alegría. Resulta curioso tamén que o filial acadou este punto vestido de vermello unha equipación que no seu día deu sorte o primeiro equipo e parece que tivo o mesmo efecto co equipo B a primeira vez que a utilizaban.
Vindeira cita
2ª División Estatal:
- Fisober F.S.F. - Flaviobriga F.S.: sábado, 02 de marzo de 2013 ás 20:00 no Municipal de Vimianzo.
1ª Autonómica:
- Viaxes Amarelle FSF “B” - Concello de Ponteceso F.S.F: sábado 2 de marzo ás 20:00 no pavillón Sagrada Familia de A Coruña.
- Esteirana - C.D. Fame Negra: sábado 02/03/2013 ás 19:00 no Pavillón Jose Lago.
- Fisober F.S.F. "B" - BeArt 5 Coruña F.S.
Máis información
- Clasificación Gr.1 2ª Disivión Feminina Estatal.
- Resultados Gr.1 2ª División Feminina Estatal.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados Liga Provincial Feminina.