Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O Fisober xa gaña na casa levado pola afección

O Fisober xa gaña na casa levado pola afección

Sen Patri, pero con Inés, o Fisober realizou un excelente partido baseado no bloque, no traballo colectivo e nunha actitude encomiable, que permitiu que as rapazas da Costa acadaran a súa primeira vitoria como locais en 2ª División a pesar de todas as dificultades cas que encaraban a cita. E tivo que ser de branco e axudadas por unha grada entregada.

Ademais, se na Liga Provincial descansaba o filial, as que si xogaban eran as esteiranas e mais as pontecesanas. As primeiras vencían por un apretado 2-1 ás Espartanas e quedan na metade da táboa. Mentres, as de Ponteceso vencían a domicilio ao Fame Negra, facéndolle un favor ao filial soneirán, e quedando nunha privilexiada 4 posición, empatadas coas 3ª, o Mabegondo, a 21 puntos, lonxe, iso si, de Menureva e BeArt. E para a semana, derbi entre ambas na vila de Pondal.

2ª División Estatal

Fisober-tivo-que-xogar-de-blanco-para-ganar-na-casa
  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - STILO BERRIO (4-2).
  • FISOBER: Eva, Ana, Noelia, Barca e Myrella; tamén xogaron: Elsa, Ylenia e Inés.
  • Goles: 0-1 Sara, 1-1 Ana, 2-1 Noelia, 2-2 Ana en propia porta, (descanso ) 3-2 Barca, 4-2 Noelia.

Saíron as locais metidas no partido dende o primeiro segundo sabedoras da importancia do mesmo. O cal fixo que os primeiros minutos marcaran a tendencia do que se viviu o resto do encontro, un partido intenso e vibrante moi do gusto do público asistente. Non ía a ser fácil o choque, e demostrouse cando os cinco minutos os árbitros sinalaban penalti a prol das xogadoras vascas o cal se encargou de transformar Sara, poñendo maior dificultade o reto si cabe.

Pouco tardou en igualar o Fisober e foi despois de que Myrella cedera un balón para Ana que facía o gol do empate e o seu primeiro en Segunda División. O partido non defraudaba o máis dun centenar de persoas que se acercaran o Municipal de Vimianzo. Os dous equipos estaban a deixar todo na pista. Así foi como a visitante Eztizen se atopou ca porteira local Eva que evitou que as bilbaínas se volveran a poñer por diante.

As locais tomaron vantaxe no electrónico os nove minutos cando Noelia en xogada individual se desfacía dunha rival i encarando a porteira fusilaba para o dous a un. E a piques estivo de aumentar a distancia no marcador a cadete Inés pouco despois . As alternativas dentro do partido eran constantes e non había respiro dentro do rectángulo de xogo. A cita voltouse a igualar os doce minutos cando un disparo cruzado das visitantes era desviado por Ana colándose na portería de Eva.
O Fisober lonxe de virse abaixo sacou forzas e gozou duns bos minutos de xogo. Con grandes ocasións para Ana, Inés e de novo para a capitana Ana.
Nos últimos catro minutos da primeira metade o Fisober acusou un pouco o esforzo. Así a goleadora visitante Sara tivo unha moi boa ocasión pero non foi quen de superar a Eva. Tamén gozaron as vascas da posibilidade dun libre indirecto por unha cesión que tampouco aproveitaron. Ca igualada a dous do marcador chegouse o tempo de lecer.

O arranque de segunda metade do Fisober foi moi intenso o igual que na primeira metade e xa no primeiro minuto Myrella aproveitou a saída da porteira visitante para rexeitar un balón o que deixou a portería desguarnecida, lanzou dende case o medio campo e Barca solo tivo que empurrala de cabeza para poñer de novo en vantaxe as súas.
As locais aproveitaron a circunstancia para dar máis campo as vascas e tentar saír a contra. O dominio de balón visitante era contestado polo excelente traballo defensivo do Fisober.
As perdas de balón das bilbaínas propiciaban perigosas contras das da Costa, e así Barca a trece para o fin tivo a opción de poñer un marcador máis cómodo.
O público seguía a disfrutar vibrante encontro, no que os dous equipos deixaban ata a última gota de sudor. De novo Barca puido sentenciar o partido a seis para o fin pero non foi quen.

As visitantes non se rendían na busca do gol da igualada e a tres para o fin foi Eva cunha dobre intervención a que o evitou. Todo mudou definitivamente cando a un minuto e cincuenta e oito segundos para o fin Noelia caendo cruzaba o balón para facer o catro a dous e acercar as da Costa a primeira vitoria como locais.

O Stilo decidiu entón sacar a porteira-xogadora pero o Fisober adaptouse ben a situación e conseguiu por fin rachar o maleficio como local nesta tempada, podendo finalmente celebrar unha vitoria cos seus siareiros.

Liga Provincial

  • Resultado: CD Fame negra - Concello de Ponteceso FSF (2-4).
  • A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Ana, Sandra, Carmen e Martina - tamén xogaron - Alba Reyes e Alba Marrozos.
  • Goles: 1-0.- Diana; 1-1.- Sandra; 1-2.- Carmen; 1-3.- Reyes; 2-3.- María; 2-4.- Carmen.
  • Expulsaron a Jose Barca, adestrador visitante.

Chegaban con moitas baixas, unha vez máis as visitantes, posto que Silvia e Fany por motivos personais e Chris e Anabel por lesión non puideron disputar o partido e algunhas das que xogaban chegaban tocadas a esta xornada. Pero nin os poucos cambios nin os problemas físicos fixeron que as xogadoras de Barca e Curro foran a gañar O partido. Non llo puxeron fácil as locaIs co seu xogo agresivo (e un tanto brusco) e adiantándose no marcador por medio de Diana de rechace, resultado co que chegaron ó descanso.

As pontecesanas, sabendo que non podían perder ese partido se querían seguir loitando polo terceiro posto da clasificación, saíron do vestiario centradas no partido e déronlle a volta ó marcador en 10 minutos cos goles de Sandra, Carmen e Alba Reyes. Non tardaron en acortar distancias as locais con un gol de María, pero as visitantes non querían deixar escapar os 3 puntos e Carmen encargouse de dar a tranquilidade ó equipo marcando o cuarto e último gol do partido.

Vindeira cita

2ª División Estatal: C.F. SALA BILBO - FISOBER F.S.F.: sábado, 23 de febrero de 2013 - 18:30 - POLID. SAN IGNACIO.

1ª Autonómica:
- Concello de Ponteceso F.S.F. - Esteirana: sábado 23/02/2013 ás 19:00 no Municipal de Ponteceso.
- C.D. Mabegondo - Fisober F.S.F. "B": sábado 23/02/2013 ás 20:00no Pabellon de San Marcos.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da tempada 2012-2013

Comentarios