O Goldie Xiria, á Fase Final da Copa Federación, e os peques ás Escolas

O Goldie Xiria disputará este fin de semana en O Grove (30 e 31 de maio) a Fase Final da Copa Federación. O sábado 30 celebraranse as dúas semifinais: Balonmán Porriño - SAR (18:00 horas) e Rasoeiro - Goldie Xiria (20:00 horas), mentres que o domingo terá lugar a loita pola terceira posición (10:30 horas) e a final (12:30).

Para as xogadoras do Goldie Xiria, a disputa desta Fase Final, supón un premio e o peche a tempada, pois loitarán cos tres mellores equipos da categoría. Xogará os encontros sen presión, sen a obriga de demostrar nada, e con moito que gañar ante os seus rivais.

Desprázanse ao Grove para disputar a competición:

  • Porteira: Brenda Noya.
  • Primeiras liñas: Jessica Posse, Tamara Pombo, Natalia Solís, Juana Garrochena.
  • Segundas liñas: Adriana Gómez, Lucía Vilariño, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez, Angela Pena, Patrica García e Marta Regueira.

A parte negativa ven dada polo parte de lesións, que aumentou na recta final da tempada, as baixas prolongadas de Manón Añón, Sara Pombo e Cristina Gende, uníronse nas derradeiras semanas Zeltia Landeira e María Gómez, xunto coa porteira Aida Cangas que non estará por estudos, segue en proceso de recuperación Marta Regueira, que poderá ser a novidade para este torneo logo de votar máis de tres meses sen competir.

Fases finais e Campus de base

Impresionante o traballo da familia Xiria ca base. A pasada fin de semana 228 nenos de toda a provincia acodían a Carballo para disputar a Fase Final de minibalonmán, cun gran éxito.

Pero non paran, e xa están en marcha as Escolas de Verán de Balonmán Xiria, coa apertura do prazo de inscrición (ata o 13 de xuño) que arrincarán entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. De luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas (con opción de incrementar o horario de 7.00 a 10.00 horas, con ou sen almorzo en Xolda) os escolares nados entre 2011 e 2001 (inclusive), poderán disfrutar do mellor do deporte, e tamén a outras actividades como obradoiros de artes plásticas, de lectura, de informática, de produción audiovisual, etc.,.

Nesta edición número 22 das Escolas, quen se anote fóra de data deberá pagar un recargo de 10 euros por mes, xa que, segundo explica Rodríguez, resulta moi complicado organizar os grupos se os interesados non se anotan a tempo e dificúltase moito o labor das Escolas. Está previsto cubrir as 250 prazas dispoñibles -nestes momentos xa hai 125 inscritos- e haberá arredor de 15 monitores, un por cada 15 ou 16 nenos e nenas.

Máis información

Crónicas da temporada

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).