O Goldie Xiria, á Fase Final da Copa Federación, e os peques ás Escolas


Para as xogadoras do Goldie Xiria, a disputa desta Fase Final, supón un premio e o peche a tempada, pois loitarán cos tres mellores equipos da categoría. Xogará os encontros sen presión, sen a obriga de demostrar nada, e con moito que gañar ante os seus rivais.
Desprázanse ao Grove para disputar a competición:
- Porteira: Brenda Noya.
- Primeiras liñas: Jessica Posse, Tamara Pombo, Natalia Solís, Juana Garrochena.
- Segundas liñas: Adriana Gómez, Lucía Vilariño, Sheila Ferreiro, Raquel Gómez, Angela Pena, Patrica García e Marta Regueira.
A parte negativa ven dada polo parte de lesións, que aumentou na recta final da tempada, as baixas prolongadas de Manón Añón, Sara Pombo e Cristina Gende, uníronse nas derradeiras semanas Zeltia Landeira e María Gómez, xunto coa porteira Aida Cangas que non estará por estudos, segue en proceso de recuperación Marta Regueira, que poderá ser a novidade para este torneo logo de votar máis de tres meses sen competir.
Fases finais e Campus de base

Impresionante o traballo da familia Xiria ca base. A pasada fin de semana 228 nenos de toda a provincia acodían a Carballo para disputar a Fase Final de minibalonmán, cun gran éxito.
Pero non paran, e xa están en marcha as Escolas de Verán de Balonmán Xiria, coa apertura do prazo de inscrición (ata o 13 de xuño) que arrincarán entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. De luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas (con opción de incrementar o horario de 7.00 a 10.00 horas, con ou sen almorzo en Xolda) os escolares nados entre 2011 e 2001 (inclusive), poderán disfrutar do mellor do deporte, e tamén a outras actividades como obradoiros de artes plásticas, de lectura, de informática, de produción audiovisual, etc.,.
Nesta edición número 22 das Escolas, quen se anote fóra de data deberá pagar un recargo de 10 euros por mes, xa que, segundo explica Rodríguez, resulta moi complicado organizar os grupos se os interesados non se anotan a tempo e dificúltase moito o labor das Escolas. Está previsto cubrir as 250 prazas dispoñibles -nestes momentos xa hai 125 inscritos- e haberá arredor de 15 monitores, un por cada 15 ou 16 nenos e nenas.

Máis información
Crónicas da temporada
- O Bm. Camariñas consegue un histórico ascenso a 1ª Estatal.
- O Bm. Camariñas prepara o asalto á 1ª Nacional.
- O Bm. Camariñas xa ten rivais para a fase de Ascenso, o Xiria pecha o ano con vitoria e as féminas seguen na Copa.
- O Bm. Camariñas queda ás portas do doblete e o Laber Xiria fixo un gran Campionato de España na casa.
- O Bm. Camariñas, campión da 1ª Autonómica de balonmán para celebrar o 20 aniversario.
- O Bm. Camariñas, a un paso de convertirse en Campión e Liga.
- A apisoadora do Bm. Camariñas achégase ao título cando chega unha Semana Santa de balonmán internacional.
- O Bm. Camariñas volve ao liderato e afronta 3 finais.
- Carballo tece redes con Holanda en materia de balonmán.
- O balonmán carballés pon un pé no Campionato de España.
- O Bm. Camariñas deu un paso clave cara o título e espera 6 finais.
- O Calvo Xiria mantense na pelexa pola 2ª praza mentres o Goldie cede o liderato.
- Balonmán: Dous equipos líderes e dous ben colocados.
- De vitorias pola mínima e empates polémicos.
- Case pleno na xornada do balonmán costeiro.
- O Bm. Camariñas levou o derbi co Goldie Xiria.
- O Bm. Camariñas asalto o liderato.
- O Bm pecha con vitoria unha primeira volta espectacular.
- O Bm. Camariñas acariña o liderato e disfruta da Selección.
- Camariñas prepara a súa San Silvestre.
- A Festa do Balonmán encheu Camariñas.
- Porriño deixou tocado aos equipos de balonmán camariñáns.
- O Bm. Camariñas prepara con vitorias o asalto ao liderato.
- As camariñás puideron coas carballesas no derbi do balonmán costeiro.
- Bm: Preparando o derbi feminino.
- Os equipos do Bm. Camariñas seguen medrando.
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria seguen firmes.
- O BM Encaixe celebra con vitoria unha doble convocatoria coa Selección Galega
- Doble vitoria para os camariñáns e doble derrota para os carballeses na xornada de balonmán.
- Camariñas e Carballo comezaron a sentir a emoción do balonmán.
- Os dous equipos do Bm Camariñas arrincan unha nova tempada coa canteira como base.
- A familia Xiria recibe unha Medalla ao Mérito Deportivo da Federación Españoña de Balonmán.
- O Balonmán Feminino vai pechando unha satisfactoria tempada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).