mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Malpica queda sen cadetes un ano máis ante a falta de apoio do Concello

O Malpica queda sen cadetes un ano máis ante a falta de apoio do Concello
Aitor e Alberto son cadetes de Malpica

E xa van 2 anos, nos que a directiva do SCD Malpica intenta crear a categoría de cadetes para comezar a traballar as categorías inferiores. Pero desta volta, e segundo denuncia o clube, ante a falta de apoio do Concello, o Malpica queda sen base.

Denuncia a directiva malpicá que só necesitaba que o Concello se fixese cargo dos desprazamentos. Pero a resposta foi negativa, ao parecer por falta de cartos.

Así que vos invitamos a ler o artigo de Luís E. Porto no seu blog sobre o Malpica, no que critica a decision municipal e dá argumentos de sobra para a crítica.

Debut dos maiores

E xa debutaron as novas incorporacións do SCD Malpica de David Baña para esta campaña 2013/2014. Abel, Pombo, Juan oBello, Abraham, Oscar Suárez e Dani García xa formaron co 11 malpicán no trofeo Santiago Apostol de Arteixo.

Abel, Pombo e Juan oBello xa formaron co Malpica

Máis información

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios