Venres. 01.03.2024
El tiempo

O Volei Dumbría empeza o 2014 con 2 vitorias e 2 derrotas

O Volei Dumbría empeza o 2014 con 2 vitorias e 2 derrotas
Os cadetes do Volei Dumbria en Teis

Comeza a segunda volta da Liga Galega de Voleibol con duas vitorias e outras tantas derrotas.

  • Infantil masculino: Santa M ª del Mar - Manuela Rial 1 - 3 (25-18/15-25/16-25/19-25).

Empezou o partido con superioridade coruñesa, pero cando os nosos minimizaron o numero de erros e se centraron acadaron unha importante victoria que afasta o equipo rival da loita polo 2º posto. Destacar o acerto de Unai Larrañaga no saque e remate.


  • Cadete masculino: Santa Mª del Mar - Voleibol Dumbría 0 - 3 (6-25/6-25/11-25)

Vitoria contundente dos lideres da categoría cadete que amosaron a superioridade que reflexa o marcador no terreo de xogo. Partido fácil que aproveito o adestrador dumbries para probar diversas opcións de xogo.


  • Xuvenil masculino: IES Ames - Voleibol Dumbría 3-2 (25-22/19-25/23-25/28-26/20-18)

Derrota nun partido axustado que ben podía decidirse para o lado dumbries xa que dispuseron de 4 "bolas de partido" que non superon aproveitar. Os nosos fallaron en defensa e bloqueo, e non fixeron dano co saque.


  • Infantil femenino: Liceo- Manuela Rial 3-0 (25-11/25-14/25-14).

Derrota clara das infantís ante un equipo coruñés moi superior en todalas facetas do xogo.

Vindeira xornada

Esta fin de semana os horarios quedan así:

  • Sabado 18:
    - 16:30 h Infantil femenino Manuela Rial - Teis.
    - 18.00 h Cadete masculino Voleibol Dumbría - Teis.
  • Domingo 19:
    - 10:00 h Cadete femenino CV Santiago - Voleibol Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios