Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O Xiria colócase 2º e o Bm. Camariñas mantén o bo ritmo

O Xiria colócase 2º e o Bm. Camariñas mantén o bo ritmo

Mantense na 6ª praza o Bm. Camariñas tras unha nova vitoria, desta volta en Poio. Un arrinque fulgurante da segunda metade deixoulle o partido de cara para acabar vencendo de 9 ao Artai Poio, e poder seguir mirando cara arriba.

Mentres, o Xiria tamén vencía na 1ª Estatal e se coloca nada menos que 2º na táboa aproveitando o tropezo do Luceros. Se ben o Mecalia At. Novás aínda está lonxe, o cadro carballés loitará por manter esa 2ª praza.

Mal partido das Espartanas de Camariñas, que non deron encontrado as boas sensacións de cara a portería rival, con moitísimos fallos claros na definición que fundiron a moral das xogadoras e non souberon repoñerse.
As que si venceron, e abandonan o derradeiro posto, cedéndollo ao Ferrolterra, rival que o próximo sábado, foron as do Goldie Xiria, tras unha vitoria nun partido igualado ante o Bueu Atlético, onde o equipo carballés soubo controlar mellor os derradeiros minutos.

1ª División Autonómica, xornada 14

  • Resultado: Poio Artai - Bm. Camariñas – Bm. Pontedeume (26-36)
  • Balonmán Camariñas: Bruno (p), Iván (p), Alan (5), Fary (8), Diego Alonso (2), Eusebio, Jaime, Checho, Ángel, Borja (7), Xabi (2), Catalán (6), Damián (1), Antelo (3).

Vitoria fraguada nun espectacular comezo da segunda metade do cadro camariñán, endosando un parciual de 4-9 nos 5 primeiros minutos.


1ª División Estatal, xornada 19

  • Resultado: CALVO XIRIA - GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL (33-26).
  • Marcador: 5-1, 9-4, 12-8, 14-10, 17-13, 17-17 (descanso); 19-19, 19-19, 24-20, 26-22, 29-24, 33-26 .
  • Calvo Xiria 33 (17+16): Iago [p], Ramón (5), Sergio (10), Chimpo, Rubén (2), Brais (1), Zas (6) - equipo inicial- Naya [p], Zúpez [p], Calvete, Martín, Pablo (8), Javier, Gonzalo (1).
  • Colexiados: Fernando López Fernández e Manuel Arnaiz Cucurull do colexio cántabro. Excluíron aos xogadores locais Ramón (23´), Rubén (33) e Sergio (36´). Polo bando visitante excluíron a Pablo (6´) e Isma (39´ e 58´)

Enfrontouse esta fin de semana o Calvo Xiria ao penúltimo clasificado da liga de 1ª Estatal, o Granitos Ibéricos Carballal, ante uns 300 afeccionados no Vila de Noia, acadando dous novos puntos, que unidos ao tropezo do Luceros de Cangas fan que a segunda praza pase a mans dos carballeses.
Os primeiros minutos deixaron a imaxe duns xogadores carballeses moi centrados e con gañas de encarrilar canto antes o encontro. Defensa, paradas e rápidos contraataques non tiñan resposta dos vigueses que pedían tempo morto cando ían cinco minutos de partidos.
No minuto seis os visitantes sufriron unha exclusión que podería ter sido aproveitada polo Xiria para rachar definitivamente o partido. Mais non foi así, o parcial de 1-2 favorable ao Granitos facía que o dominio carballés desaparecese. A diferenza estabilizouse nos catro goles, sen dar a sensación os locais de ter a intención de volver ao partido, e así foi. Nos cinco minutos finais do primeiro tempo os vigueses devolveron o parcial inicial de +4 e conseguiron marchar para os vestiarios cun empate a 17 desconcertante para os seareiros carballeses, e por suposto para o equipo local.
O segundo tempo deparou dez minutos de máxima tensión con dous equipos loitando por facerse co mando do partido, e foron os visitantes os que tiveron as primeiras vantaxes, mais desaproveitaron –coma no primeiro tempo o Calvo Xiria- dúas superioridades numéricas que foron moito máis positivas para os sancionados, xa que elevaron, e de que xeito, o nivel defensivo apoiándose para elo en moita anticipación e en Iago parando balóns decisivos. A partir dese intre a lóxica da clasificación plasmouse na cancha, e os xogadores carballeses leváronse os puntos en xogo logo dun parcial nos vinte minutos finais de 14-7.

A vindeira xornada levará aos carballeses a Bueu para disputar a vixésima xornada desta liga na que cada partido ten importancia máxima para os cinco equipos que pelexan por facerse co segundo posto.

1ª División Galega Feminina, xornada 19

  • Resultado: BM. Caselas - Bm. Camariñas (22-19)
  • Parcial ao descanso (13-8).
  • BM. CAMARIÑAS: Karen (p), Mónica (4), Laura (1), Aida (3), Sara (4), Karina (2), Maria Oanes (2). Tamén xogaron: Raquel, Cris Barreiro (1), Cris Caamaño, Sande (1), Tina, Vero, Alicia (1).

Primeira parte onde sólo faltou a definición onde as espartanas non baixaban os brazos en ningún momento 13-8. Segunda parte que se volvía a repetir o da primeira parte, ocasións claras de gol pero non conseguian marcar, os últimos 10 minutos cas mismas ganas que demostraron durante todo o partido conseguiron remontar ata o resultado final 23-19. Boas sensacións de cara o partido de esta semana contra o Sar 3 clasificado e que está a demostrar que é un dos mellores equipos da categoria, as espartanas necesitan o apoio de toda a afición para lavarse os 2 puntos.

1ª División Galega Feminina, xornada 19

  • Resultado: GOLDIE XIRIA - BUEU ATLETICO (26-23).
  • Parcial ao descanso: (14-11)
  • GOLDIE XIRIA 26 (14): Sara e Brenda (p), María 1, Lucía 7, Juana 11, Adriana, Cris 1, Jessica 3 (equipo inicial) Raquel 2, Tamara , Zeltia 1, Isa, Sandra e Manón.
  • Marcador cada 5 minutos: /1-1/ /5-3/ /8-5/ /9-8/ /9-10/ /14-11/ /17-14/ /19-18/ /20-19/ /21-20/ /22-21/ /26-23/

Atragantóuselle ao equivpo visitante de inicio a defensa presionante de Lucía sobre as xogadoras da primeira liña do Bueu, o que daba pe a bos contaataques para ir poñendo diferenzas no marcador e tranquilidade no ataque do Goldie, que ía atopando ocos na defensa rival con continuos desdobramentos a seis metros. Aínda así, as diferenzas non se agrandaron e afrontábase igualado cara á recta final do encontro, aí o Goldie Xiria estivo máis sólido e demostrando que se vai afacendo á categoría que estrea esta tempada. Apareceron Juana e Lucía para, durante todo o encontro, e sobretodo ao final, poñer esa diferenza no marcador que daba os dous puntos para as locais.
Deste xeito, o Xiria abandona o derradeiro posto, cedéndollo ao Ferrolterra, rival que o próximo sábado visitará Carballo a partir das 6 da tarde. Deberá o Goldie aproveitar a ocasión para distanciarse e seguir sumando.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Balonmán Xiria.

Comentarios