O Zas non se rende e xa ten rivais para a Fase de Ascenso


Foi duro o pau desta fin de semana, coa perda da Liga da Costa no últimos suspiro despois de moitas xornadas no liderato. Pero o Sporting Zas é moito equipo, e aínda ten que dar o do de peito para conseguir o verdadeiro obxectivo desta campaña: o Ascenso á 1ª Autonómica.
Xa coñece Iván Cancela os que serán os seus rivais. Palmeira e Tordoia. Dous equipos moi fortes do medio campo para adiante e con dous campos onde a afección empurra moito (seguro que non tanto como a do Zas, en todo caso.
O cadro zaense descansa a primeira xornada, esta fin de semana, polo que terá unha semana para recuperarse e empezará o 24 de maio a Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, que teredes sempre actualizada en www.futboldacosta.com.
Hai bos exemplos, pois o Sofán e o Baio ascenderon estes dous últimos anos nas Fases de Ascenso.
Co Zas tifará ademais o Montelouro, pois o ascenso do cadro zaense permitiría aos loureáns salvar o arrastre que provoca a Esteirana e xogar un ano máis na Liga da Costa.
#OZasEDePrimeira!
Non lles valeu o domingo, pero este pedazo de vídeo motivacional que armou Iván Cancela para os seus seguro que lles vale para a Fase!!
Impresionante, así motivou Ivan Cancela Rodriguez aos seus xogadores do Sporting Zas para a finalísima do pasado...
Posted by Fútbol da Costa on Martes, 12 de Maio de 2015
Crónicas da semana
- Rivais para os nosos 5 equipos das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas.
- 3ª Autonómica: Ameixenda e Coristanco manteñen o pulso e o Nantón dalle a volta á tortilla.
- 2ª Autonómica: O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- 1ª Autonómica: Soso final.
- Preferente: Un punto de ouro en Sarria permite ao XSC depender de si mesmo.
- O Outes proclámase Campión da Liga da Costa nunha espectacular última xornada de carrusel.
Primeiros títulos colleitados
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).